O Grupo Popular afirma que a Xunta traballa no Estatuto da muller rural e do mar, que se integrará na nova Lei de igualdade de Galicia

24
Mar

O Grupo Popular afirma que a Xunta traballa no Estatuto da muller rural e do mar, que se integrará na nova Lei de igualdade de Galicia

21 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Elena Suárez Sarmiento afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “a Xunta traballa na actualidade no desenvolvemento do Estatuto da muller rural e do mar en Galicia, que será integrado na nova Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia para darlle ese rango de norma superior e un maior amparo legal ao colectivo”.

O Parlamento galego pide á Xunta impulsar todas as accións precisas para retomar a actividade e o emprego do grupo de empresas Ganomagoga

24
Mar

O Parlamento galego pide á Xunta impulsar todas as accións precisas para retomar a actividade e o emprego do grupo de empresas Ganomagoga

21 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a impulsar todas cantas actuacións sexan precisas para retomar a actividade e o emprego do Grupo de empresas Ganomagoga, a comezar, de xeito urxente, por reunirse con todas as partes afectadas, nomeadamente coa representación do seu cadro de persoal, e por solicitar formalmente a incorporación da Xunta de Galicia á mesa ou mesas de negociación dos EREs anunciados.

O Parlamento galego pide ao Goberno central que inicie a reconstrución simultánea dos viadutos do Castro na A-6

24
Mar

O Parlamento galego pide ao Goberno central que inicie a reconstrución simultánea dos viadutos do Castro na A-6

21 de marzo de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno central que inicie a reconstrución do viaduto do Castro en ambos os sentidos de xeito simultáneo, co fin de restablecer o antes posible a circulación polo viaduto do Castro da A-6.

O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese ao apoio de todo o sector

24
Mar

O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese ao apoio de todo o sector

21 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese á vontade de todo o sector, capaz de garantir investimentos estratéxicos tanto para a industria de Galicia como para o conxunto da economía galega.

O Grupo Popular salienta que Galicia vai contar con dúas estratexias para fomentar a igualdade nos centros educativos

21
Mar

O Grupo Popular salienta que Galicia vai contar con dúas estratexias para fomentar a igualdade nos centros educativos

21 de marzo de 2023. A portavoz de Educación do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “Galicia vai contar con dúas estratexias para a igualdade nos centros educativos: a vixente Estratexia galega de Convivencia 2025 e a futura Estratexia galega de inclusión educativa Eduinclusión”.

Pedro Puy considera “un despilfarro e moi prexudicial” que non se fagan por urxencia e simultaneamente os dous viadutos da A-6 para acelerar a reposición do tráfico coa Meseta

20
Mar

Pedro Puy considera “un despilfarro e moi prexudicial” que non se fagan por urxencia e simultaneamente os dous viadutos da A-6 para acelerar a reposición do tráfico coa Meseta

20 de marzo de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou “un despilfarro e moi prexudicial para a reposición dos tráficos por estrada coa Meseta que non se faga por urxencia e simultaneamente a reposición dos dous viadutos do Castro na A-6”.