O Parlamento galego pide que a Xunta intensifique a difusión do traballo que realiza a Fundación Galicia Europa
2 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a seguir intensificando o coñecemento do traballo que está realizar a Fundación Galicia Europa para defender os intereses da sociedade galega e dos seus principais sectores produtivos.
O Grupo Popular salienta que neste momento só 7 concellos galegos carecen de oficina bancaria ou calquera outra forma de servizos financeiros
2 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez afirmou hoxe no Parlamento galego que “só sete concellos galegos carecen neste momento en Galicia de oficina bancaria ou de calquera outra forma física de acceso a servizos financeiros, exactamente os mesmos concellos que no seu momento declinaron adherirse á iniciativa promovida pola Xunta para mellorar a accesibilidade financeira”.
O PPdeG lamenta a “desfachatez” do PSdeG coa saúde mental en Galicia, “esquecéndose que votaron en contra da Lei que facilitará unha praza estable a 173 profesionais deste ámbito”
1 de marzo de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe a “desfachatez” coa que o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista aborda o problema da saúde mental en Galicia, “esquecéndose que os socialistas votaron en contra da lei que vai permitir a incorporación cunha praza estable a 173 profesionais da saúde mental á sanidade pública galega”.
‘Galicia Entre Todos’ será o lema autonómico dos populares para o 28-M: “Queremos que o noso proxecto sexa o proxecto da cidadanía”
1 de marzo de 2023. O Comité de Campaña do Partido Popular de Galicia mantivo hoxe a súa primeira xuntanza na sede do partido, encabezada pola secretaria xeral, Paula Prado, e presentou o que será o lema autonómico para as próximas eleccións municipais: Galicia Entre Todos.
O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central revise con urxencia da Lei de Só si é si e implante todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
28 de febreiro de 2023. O Grupo Popular pedira no Pleno da vindeira semana, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, que o Goberno central revise con urxencia a Lei do so si é si, vele polo benestar das vítimas cuxos agresores foron excarcerados ou se lles rebaixara a pena, e implante todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero destinadas á protección, apoio, intervención e recuperación integral das vítimas.
Pedro Puy lamenta que a polémica polas consecuencias da Lei do só si é si evite avanzar no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
27 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, lamentou hoxe que a polémica polas consecuencias da aprobación da Lei de só si é si “estea tapando os poucos avances que se fixeron en relación co Pacto de Estado contra a violencia de xénero”.