O Parlamento galego pide o cumprimento de todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, xa que dúas de cada tres actuacións aínda están sen cumprir despois de 6 anos
8 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide o cumprimento de todas as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero destinadas á protección, apoio, intervención e recuperación integral das vítimas dos delitos contra a liberdade e indemnidade sexual, especialmente, mulleres e nenas. “A día de hoxe, dúas de cada tres medidas incluídas neste Pacto de Estado están pendentes de cumprimento despois de seis anos desde a súa aprobación por un goberno do Partido Popular”, lamentou a viceportavoz popular, Paula Prado. Así mesmo, e co voto en contra do BNG, pídese que se revise, pola vía de urxencia a Lei do Só si é si.
O Parlamento galego pide ao Goberno de España que outorgue a Galicia as mesmas compensacións que a Asturias e Cantabria polo atraso na chegada dos novos trens de Feve
8 de marzo de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que cuantifique o retraso concreto que sufrirá a renovación da frota da liña ferroviaria de ancho métrico que opera en Galicia e que se outorgue á Comunidade galega as mesmas compensacións anunciadas para Asturias e Cantabria para minimizar os prexuízos derivados da renovación dos trens desta liña ferroviaria, asegurando aos usuarios a gratuidade do servizo, canto menos, ata 2026.
Declaración do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, Día Internacional da Muller
8 de marzo de 2023. Como cada 8 de marzo, o Partido Popular de Galicia súmase á celebración do Día Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar os logros en materia de igualdade en todas as esferas da sociedade.
O Grupo Popular critica que o BNG avogue “por facer da sanidade o seu xogo partidista e electoralista, sen achegar solucións”
7 de marzo de 2023. A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, criticou hoxe que o BNG “estean máis polos vetos que polos acordos en materia sanitaria, e por facer da sanidade o seu xogo partidista e electoralista, pero sen achegar solucións como está a facer o Goberno galego”.
O PPdeG salienta que Galicia é líder no impulso demográfico a pesar de que BNG e PSdeG sempre votaron en contra das medidas implantadas
7 de marzo de 2023. A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Raquel Arias, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “Galicia é líder no impulso de medidas para afrontar a dificultade do reto demográfico, a pesar de que BNG e PSdeG foron incapaces de votar a favor de ningunha das medidas que o Goberno galego está a poñer en marcha”.
O Grupo Popular afirma que o I Plan de igualdade da Administración autonómica sairá adiante co maior dos consensos e das garantías
7 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez explicou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Goberno galego “sacará adiante nas vindeiras datas o I Plan de Igualdade da Administración autonómica co maior dos consensos posibles e coa maior das garantías, de xeito que sexa unha ferramenta efectiva na loita contra a discriminación e pola igualdade”.