Alfonso Rueda: “A xente moza ten moito que dicir na Galicia do futuro”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que a “a xente moza ten moito que dicir na Galicia do futuro” e animou a toda a mocidade galega a seguir reivindicando, máis que nunca, a igualdade e a liberdade desde “o inconformismo e a non resignación”.
Paula Prado: “Fronte a un tripartito que decidiu apoiar a Sánchez e dicir non a Galicia, Alfonso Rueda seguirá facendo da nosa Comunidade unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe en referencia á investidura de Pedro Sánchez que, fronte a un tripartito formado por PSOE, BNG e Sumar que “onte dixo si a Sánchez e non a Galicia”, os galegos seguirán tendo a garantía de que, con Alfonso Rueda á fronte, a Comunidade seguirá sendo “unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”.
A alcaldesa socialista de Castro Caldelas impide a visita de Rueda á vila co autobús de ‘Galicia non para!'
O autobús de ‘Galicia non para!’, co que o presidente do PPdeG Alfonso Rueda está a percorrer a comunidade galega para manter un contacto máis directo coa cidadanía, non poderá facer parada este domingo, día 19, en Castro Caldelas.
Paula Prado: “Miles de millóns de euros que poderían ir ao rural galego irán a Cataluña para pagar a investidura de Pedro Sánchez”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reclamou hoxe un maior investimento no rural por parte do Goberno de España, denunciando que “miles de millóns de euros que poderían ir ao rural galego irán a Cataluña para pagar a investidura de Pedro Sánchez e o seu capricho de seguir na Moncloa a costa dos cartos de todos os españois e, por suposto, dos galegos”.
Os alcaldes do PPdeG lamentan que o PSOE queira imitar na Fegamp o uso partidista que Pedro Sánchez fai das institucións
Os alcaldes e alcaldesas do PPdeG optarán hoxe por presentar unha lista propia na Asamblea Xeral da Fegamp que estará encabezada polo alcalde do Incio, Héctor Corujo, logo de que os socialistas galegos romperan a colaboración que se quería traducir nunha lista única.
Alfonso Rueda fai un chamamento a “defender os intereses de Galicia por riba de calquera sigla” porque “son o primeiro”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fixo hoxe un chamamento aos seus para que defendan os intereses de Galicia “por riba de calquera sigla e incluso das nosas”, insistindo en que os intereses dos galegos e da nosa Comunidade “son o primeiro”.