
Setembro 2023 (40)
O Parlamento galego pide ao Goberno de España que axilice a reparación da estrada N-642, vía vertebral de comunicación para a Mariña lucense
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que axilice a obra de reparación da estrada N-642, vía vertebral para a comunicación dos concellos do litoral da Mariña lucense, de tal xeito que se finalicen con carácter de urxencia os traballos pendentes no treito afectado polo socavón aparecido no mes de xaneiro e se garanta a recuperación da circulación no conxunto desta estrada en condicións de normalidade, vialidade e seguridade.
Alberto Pazos afirma que o DEA da vindeira semana confirmará que o Presidente Rueda “goberna desde as persoas e para as persoas”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe que o Debate sobre o Estado da Autonomía que se celebrará a vindeira semana servirá para “volver demostrar que o Presidente Rueda goberna desde as persoas e para as persoas”, con novas medidas “para que Galicia mellore aínda máis a súa posición a nivel nacional na atención ás familias e na prestación de servizos sociais a todos os galegos, tanto no ámbito educativo, como no sanitario e na atención a maiores, dependentes e xuventude”.
Alfonso Rueda bota a andar o autobús de ‘Galicia non para!’ en Bandeira (Silleda)
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, botou a andar este mediodía en Bandeira (Silleda) o autobús de ‘Galicia non para!’ co que percorrerá a Comunidade co obxectivo de manter un contacto máis directo cos galegos e as galegas e afondar así nas súas preocupacións reais.
‘Galicia non para!’: o presidente Rueda percorrerá a Comunidade desde mañá para afondar nas preocupacións dos galegos e das galegas
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, vai percorrer a Comunidade desde este domingo co obxectivo de manter un contacto máis directo cos galegos e as galegas e, dese xeito, afondar nas súas preocupacións reais.
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno de España a remisión á Xunta da documentación no seu poder froito das desamortizacións do XIX
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a remisión á Xunta, no prazo dun ano, das reproducións de toda a documentación eclesiástica, pía e asistencial galega que obra no poder do Estado froito das desamortizacións do século XIX, co obxectivo de poñelas a disposición dos investigadores galegos nas institucións correspondentes.
O Parlamento de Galicia pide dotar aos centros educativos de ferramentas contra o acoso nas aulas ou a través de medios tecnolóxicos
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se pide á Xunta que dote aos centros educativos de Galicia de mecanismos e ferramentas que axuden á prevención, denuncia e tratamento de calquera situación contraria á convivencia, con especial atención ao acoso nas aulas ou a través de medios tecnolóxicos.
Aprobado o ditame do proxecto de Lei do patrimonio da Comunidade galega, paso previo á súa aprobación definitiva no Pleno
A Comisión 3ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, co que este novo texto lexislativo queda pendente da súa aprobación definitiva polo Pleno.
Os deputados do PPdeG levan ao Congreso as “deficiencias e atrasos” dos servizos ferroviarios de media distancia en Galicia e os incumprimentos coa chegada da Alta Velocidade a todas as cidades galegas
Os deputados do PPdeG no Congreso veñen de presentar sendas preguntas na Cámara Baixa para que o Goberno central aclare cales son as medidas “urxentes e efectivas” que ten previsto adoptar para solucionar as “recorrentes deficiencias e atrasos” na prestación do servizo ferroviario de media distancia en Galicia e para que confirme se cumprirá o prazo de entrega dos trens Avril en novembro de 2023 para así garantir a chegada da Alta Velocidade ás cidades galegas.
O Parlamento reitera a solicitude ao Goberno de España para que aprobe un marco de subministro eléctrico competitivo, estable e predicible
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se pide ao Goberno de España que aprobe, con carácter inmediato, un marco de subministración eléctrica competitiva, estable e predicible para a gran industria consumidora de enerxía.
O Parlamento galego pide que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico se inclúa no órgano xestor da rede ferroviaria europea de mercadorías
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei transaccionada entre o Grupo Popular e o BNG a través da que se solicita ao Goberno de España e ás autoridades europeas que adopten as medidas oportunas diante das autoridades europeas co obxecto de que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico, no que figura expresamente Galicia, non sexa excluído do mapa deseñado para a posta en marcha do órgano xestor da futura rede ferroviaria europea de mercadorías.
More...
O Grupo Popular propón a BNG e PSdeG a creación dunha Comisión de estudo sobre a posible modificación do himno de Galicia
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, ofreceu hoxe a BNG e PSdeG a creación no Parlamento de Galicia dunha Comisión non permanente especial de Estudo sobre a posible modificación do himno de Galicia. “A pesar de que polo número de deputados poderíamos constituíla nós de xeito individualmente, consideramos que unha cuestión desta importancia para todos os galegos debe partir da unanimidade de todos os grupos que forman parte deste Parlamento”, manifestou.
O Grupo Popular critica a “manipulación e a mentira feita sigla” de BNG e PSdeG cando falan de orzamentos en materia sanitaria
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Parlamento de Galicia a “manipulación e a mentira feita sigla” de BNG e PSdeG cando falan de orzamentos en materia sanitaria. Neste sentido, cuestiounou “como é posible que acusen de recortar en persoal a quen dedica 134 millóns de euros máis cada ano a contratar persoal? Ou como é posible que acusen de conivencia coa industria farmacéutica a quen reduciu en 54 millóns de euros ao ano o gasto farmacéutico”.
O Grupo Popular defende o traballo dos servizos de inspección da Xunta, comprometidos na mellora dos centros de maiores e discapacidade
A viceportavoz do Grupo Popular, Raquel Arias, defendeu hoxe o traballo dos servizos de inspección da Xunta, “comprometidos na mellora do funcionamento dos centros de maiores e discapacidade”. “Un equipo de inspectores que revisa e avalía a situación dos centros, indica como mellorar e, cando é necesario, impón sancións”, asegurou.
O Parlamento galego pide que a Xunta incremente nos orzamentos de 2024 a partida para o Plan de pastos de Galicia e as achegas destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta que incremente nos orzamentos de 2024 a partida económica destinada ao Plan de Pastos de Galicia, co fin de continuar coa súa extensión; e as achegas destinadas ao funcionamento e traballo das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADGS).