Impulso as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería do Medio Rural para impulsar as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo, creadas ao abeiro da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e da Lei 11/2021, de recuperación da terra agraria de Galicia
Promoción dunha nova convocatoria de axudas para proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural
Iniciativa sobre a promoción, a través da Consellería do Medio Rural, dunha nova convocatoria de axudas para proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural
Exclusión da obriga de cotizar como autónomo as pesoas que teñan ingresos como titulares de explotacións ararias cando non superen limiares de renda
Demanda da Xunta ao Goberno de España para que restableza o réxime de excepcións vixente desde o ano 2015, que excluía da obriga de cotizar como autónomo aquelas persoas que teñan ingresos como titulares de explotacións agrarias cando non superen determinados limiares de renda e rendemento económico
Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico
Demanda sobre a asunción polo Parlamento de Galicia do Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico asinado por trece gobernos autonómicos no marco do encontro Xacobeo 21-22 por un urbanismo responsable
Desenvolvemento de proxectos de intelixencia dixital ao servizo da lingua galega
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Goberno de España para que a achega dunha porcentaxe significativa de investimentos públicos do proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica Nova economía da lingua se empregue no desenvolvemento de proxectos de intelixencia dixital ao servizo da lingua galega
Clarificación de criterios para autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral
Iniciativa sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da clarificación de criterios para autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral