Demandas de rectificación e inclusión na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 actuacións claves para a industria galega

14
Dec

Demandas de rectificación e inclusión na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 actuacións claves para a industria galega

Solicitude ao Goberno de España que rectifique e inclúa na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 actuacións claves para a industria galega

 

 

A actual Planificación da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2021 – 2026 foi aprobada polo Consello de Ministros o 22 de marzo de 2022, despois dun proceso de tramitación  iniciado  no  ano  2019.  Nesta  planificación  Galicia  foi  moi  penalizada respecto a plans anteriores, ao asignárselle tan só 68 millóns de euros, é dicir, un 1,1% do  investimento  total  (6.964  millóns  de  euros).  Sirva  de  exemplo  que  no  período anterior, 2015 – 2020, o investimento para a comunidade galega ascendeu a 308 millóns de euros e que naquel momento supuxo o 6,7% do conxunto nacional.

En paralelo á súa tramitación e aprobación, están a promoverse en Galicia unha serie de proxectos industriais intensivos en enerxía que precisan conexión á rede eléctrica para atender o seu consumo e poder garantir así a súa viabilidade e competitividade. Este é o caso das plantas de Altri, Showa Denko e H2 POLE, entre outros. Por outra banda, o desenvolvemento destas infraestruturas beneficiará tamén á competitividade de proxectos relevantes do noso tecido produtivo como é o caso de Stellantis, Sentury ou Ence.




Cómpre recordar que a suma destes proxectos supón unha oportunidade única para promover a transformación do noso modelo produtivo e impulsar unha nova xeración industrial e promover miles de empregos, tanto nas etapas de construción e de operación. Polo tanto, aínda que desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico se  anunciou o  inicio da tramitación dunha  nova Planificación



Eléctrica para o período 2024-2029, os tempos de realización destes proxectos necesitan ter certezas xa sobre a dispoñibilidade da súa conexión á Rede.

Por este motivo, desde o Grupo Parlamentario Popular entendemos prioritario que se puiesen aprobar as modificacións necesarias na Planificación eléctrica actual 2021-
2026 co obxectivo de dar unha solución a corto prazo aos proxectos tractores que en
Galicia se están a impulsar para maximizar a cadea de valor industrial.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que rectifique e inclúa na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 as actuacións seguintes:

1. Construción dunha nova subestación eléctrica, unha liña de conexión e unha entrada e saída á liña de 220kV existente entre Mesón do Vento-Belesar para atender en condicións óptimas as necesidades de subministración da fábrica de fibras téxtiles sostibles de ALTRI en Palas de Rei.

2.  Ampliar a capacidade da subestación existente nos nós de Sabón e Meirama para dar viabilidade aos proxectos industriais existentes na área da Coruña como son a nova fábrica de ánodos de grafito para baterías de Showa Denko ou a    
planta de amoníaco verde de Armonía, entre outras iniciativas anunciadas por diversos promotores.




3.  Determinar o destino dos 1400MW de capacidade dispoñible no nó existente nas Pontes para ver a compatibilidade do proceso de desmantelamento parcial da central   térmica   cos   proxectos   industriais   e   enerxéticos   que   se   queren desenvolver na zona, como a fábrica de hidróxeno verde de EDP e Reganosa, a biofábrica de Ence ou a central hidroeléctrica reversible promovida por Magtel.

4. Inclusión da nova subestación de 220 kV para a zona industrial de Vigo para garantir unha subministración eléctrica de calidade tanto á fábrica de Stellantis en Balaídos, como a toda a área industrial desta localidade.


5.  Dar cobertura a calquera outra necesidade da industria galega, xa sexa da que estea asentada e da que quere implantarse na nosa Comunidade para impulsar a recuperación económica e a creación de emprego”.

Comparte: