Reactivación do sistema de información pública relativo aos datos de prezos do Observatorio de Prezos dos Alimentos

13
Dec

Reactivación do sistema de información pública relativo aos datos de prezos do Observatorio de Prezos dos Alimentos

Demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que se reactive o sistema de información pública relativo aos datos de prezos do Observatorio de Prezos dos Alimentos, adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

 

A equiparación das rendas da agricultura, a gandería e a pesca coas dos demais sectores de actividade económica é un mandato constitucional e un principio inspirador do marco normativo da Unión Europea.

Entre os compoñentes básicos, que contribúen á estabilidade das rendas neste sector primario, están os prezos en orixe dos produtos agrarios e pesqueiros, polo que é desexable que non se produzan fortes oscilacións que distorsionen a relación oferta- demanda, o cal prexudica seriamente tanto a produtores como a consumidores. É necesario, por tanto, avanzar no coñecemento das circunstancias explicativas da evolución da formación dos prezos dos alimentos en orixe e destino.

Os prezos en orixe e destino dos alimentos configuran, en gran medida, as rendas dos agricultores, gandeiros e pescadores; a capacidade adquisitiva dos consumidores, e a normalización de moitos indicadores da economía nacional.

Por tanto, a estabilidade, dentro de límites razoables, destes prezos é un obxectivo desexable, a cuxo logro pretende contribuír a creación do Observatorio de Prezos dos Alimentos.

Así, o BOE do 25 de abril de 2000 publicaba o Real Decreto 509/2000, de 14 de abril, polo que se crea o Observatorio de Precios de los Alimentos, como órgano colexiado, adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, con funcións de consulta, asesoramento, información e estudo en materia de prezos dos alimentos.
Na composición do Observatorio, están presentes representantes da Administración
Xeral do Estado, das Administracións Autonómicas, da Administración Local, e da
«Empresa  Nacional  Mercados  Centrais  de  Abastecemento, Sociedade  Anónima»

(MERCASA), así como dos produtores, distribuidores e consumidores dos alimentos, a través das organizacións oficialmente recoñecidas.

No  artigo  3  do  Real  Decreto  509/2000  aparece  a  composición  do  Pleno  do Observatorio de Precios de los Alimentos, que no seu apartado f o sector do mar aparece representado no Pleno o Observatorio por dous vocais do sector pesqueiro.

Así  esta  representación  a  conforman  a  Federación  Nacional  de  Cofradías  de
Pescadores e a Federación Española de Organizaciones Pesqueras (FEOPE)

A día de hoxe, a inflación está a sangrar os petos da ciudadanía e para iso está a utilizar o gasto que fai aos fogares máis vulnerables: a alimentación. No mes de xullo, a inflación anual en España situouse no 10,8%, segundo sinala o indicador adiantado do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ademáis, o consumo de peixe rexistra unha forte freada ante a alza de prezos. Os fogares reduciron as súas compras nos últimos doce meses un 15,3%, tanto en frescos como en conxelados.

Segundo os datos máis recentes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o linguado encabeza as caídas cunha baixada do 58,4% das compras e o rodaballo desplómase un 41,4%. A robaliza, o atún e o bonito un 19,6% e o rape un 17%.

A sardiña e anchoa retroceden un 13,8%, a cabala un 13% e a pescada un 11,9%. A dourada un 8,4% menos de compras, mentres que o bacallau é o único que logra resistir, cunha baixada do 0,1%.


Por todo o anterior o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei :
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a que reactive o sistema de información pública relativo aos datos de prezos do Observatorio de Precios de los Alimentos adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación”.

Comparte: