FRANCISCO CONDE LÓPEZ
Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor, pola mesma institución académica, en Ciencias Económicas e Empresariais.
A súa traxectoria profesional desenvolveuse, entre 1995 e 2009, na Universidade CEU San Pablo, na que exerceu como profesor e ocupou diferentes responsabilidades como as de director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman, secretario do Instituto de Estudos Europeos e vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (2002-2004). En 2004 pasou a ocupar o posto de director de Relacións Institucionais desta mesma universidade, que desempeñou ata que, en 2005, foi nomeado vicerreitor deste mesmo departamento.
Entre 2009 e 2012 foi asesor do Presidente da Xunta de Galicia. Desde decembro de 2012 ata decembro de 2016 foi conselleiro de Economía e Industria, e desde esa data ata setembro de 2020 foi conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
En setembro de 2020 foi nomeado Vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.