CARMEN POMAR TOJO
Naceu en Santiago de Compostela en 1970.
É licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago, premio extraordinario fin de carreira e premio extraordinario de traballo de licenciatura. Doutora en Psicoloxía no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.
Foi bolseira posdoutoral da Fundación Caixa Galicia no 2000, cunha estadía na Universidade de Virxinia (Estados Unidos).
Profesora na Universidade da Rioxa durante dous anos e, desde o 2003, profesora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago, exercendo a súa docencia nas Facultades de Educación e de Psicoloxía desta universidade.
Profesora en másters sobre Educación, Familia e Necesidades Educativas Especiais nas universidades de Santiago e de Vigo. Tamén profesora do Máster de Psicoloxía Educativa na USC. Profesora no Curso de Especialista en Educación Emocional na Facultade de Educación da USC. Profesora en cursos e seminarios sobre altas capacidades, intelixencia, motivación e creatividade.
Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago dende 2009 e directora de proxectos de atención educativa no campo da optimización do talento. Tamén é autora da guía “O triángulo máxico das altas capacidades” para profesorado galego”, así como de capítulos de libro e artigos sobre intelixencia, motivación e altas capacidades.
Desde setembro de 2018 ata setembro de 2020 foi conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.