Tellado: “Galicia non pode ser penalizada por ser unha das Comunidades con mellor xestión da pandemia”

18
Xu

Tellado: “Galicia non pode ser penalizada por ser unha das Comunidades con mellor xestión da pandemia”

18, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Galicia non pode ser penalizada por ser unha das Comunidades con mellor xestión da pandemia, por ter un bo sistema de atención a domicilio e por ter actuado con axilidade e anticipación coas residencias integradas. Así se refería ao inxusto reparto dos fondos que prepara o Goberno central para compensar ás Autonomías polos gastos que trouxo consigo a pandemia.

Puy afirma que “Galicia parte en mellor posición” para a recuperación económica e pide ao Goberno central que colabore para resolver os problemas

15
Xu

Puy afirma que “Galicia parte en mellor posición” para a recuperación económica e pide ao Goberno central que colabore para resolver os problemas

Santiago, 15 de xuño de 2020.- O portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Pedro Puy, afirmou hoxe que “Galicia parte nunha mellor posición” para a recuperación económica das familias e as empresas, pero demandou a colaboración do Goberno central para resolver problemas existentes. En concreto, referiuse ao Plan de Reactivación posto en marcha polo Goberno galego, e demandou a implicación do Estado para o mantemento de Alcoa, a carga de traballo para o naval ou a reforma do regulamento da Lei de Costas que pon en perigo empresas e instalacións públicas e privadas.

Tellado: "Con Alcoa non lle pedimos a Sánchez que faga nada que non fixeran antes Zapatero ou Rajoy"

14
Xu

Tellado: "Con Alcoa non lle pedimos a Sánchez que faga nada que non fixeran antes Zapatero ou Rajoy"

14, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Alcoa debe ter futuro e que este pasa por un prezo competitivo da enerxía, sinalando que non se lle está pedindo ao Goberno de Sánchez nada que non fixeran antes os Executivos de Rodríguez Zapatero ou de Mariano Rajoy.

Tellado pídelle ao Goberno que pense "en crear emprego e non en pechar empresas"

11
Xu

Tellado pídelle ao Goberno que pense "en crear emprego e non en pechar empresas"

11, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, apuntou que, ante a grave crise que temos no horizonte, “necesitamos que o Gobernos axude a crear riqueza, e non pense en destruíla; gobernos que fomenten a actividade económica e non o desmantelamento dos nosos sectores estratéxicos; e gobernos que pensen en crear emprego e non en pechar empresas”.

Pedro Puy demanda ao Goberno central que se pronuncie sobre o mantemento de Alcoa, a rebaixa do IVE no turismo e o reparto xusto dos 16.000 millóns

08
Xu

Pedro Puy demanda ao Goberno central que se pronuncie sobre o mantemento de Alcoa, a rebaixa do IVE no turismo e o reparto xusto dos 16.000 millóns

Santiago, 8 de xuño de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a súa satisfacción polo inicio da fase 3 da desescalada na crise sanitaria do coronavirus en Galicia e sinalou que “agora o que nos preocupa son os efectos desta pandemia”. Deste xeito, demandou ao Goberno central que se pronuncie sobre o mantemento da planta de Alcoa en San Cibrao, coa aprobación do estatuto para as empresas electrointensivas; a rebaixa do IVE no sector turístico; ou un reparto xusto do fondo de 16.000 millóns que destinará ás comunidades autónomas.

Tellado: "Pedro Sánchez leva dous anos intentando desmantelar peza a peza a industria galega"

03
Xu

Tellado: "Pedro Sánchez leva dous anos intentando desmantelar peza a peza a industria galega"

3, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Pedro Sánchez leva dous anos intentando desmantelar peza a peza a industria galega “e non o imos consentir”. Así, fixo fincapé en que está en perigo o futuro de milleiros de familias galegas, non só da Mariña lucense polo peche de Alcoa, senón tamén doutras comarcas galegas.