Feijóo defende un proxecto como punto de encontro dos galegos fronte aos líos

Chantada, 10 de agosto de 2016.- . O presidente o PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo defender un proxecto como punto de encontro entre todos os galegos xa que, como recoñeceu, “os líos dos demais” non foron os da nosa comunidade nin teñen por qué ser os de Galicia.

Tellado: “Quen non arranxa os seus propios problemas non vai arranxar os de Galicia”

Ribadavia, 10 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, cuestionou hoxe a capacidade das forzas da oposición para conformar unha alternativa de goberno toda vez que “non se entenden entre eles e nin sequera se entenden dentro deles”.

Tellado lembra no Salnés o aumento dun 76% das prazas de escolas infantís dende 2009

Vilagarcía de Arousa, 9 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, fixo hoxe balance da actuación do goberno de Feijóo na área do Salnés nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos deputados Marta Rodríguez Arias, Rosa Oubiña e Jesús Goldar.

Tellado ofrece un PPdeG que non da bandazos fronte aos que “mudan dun día para outro”

Ferrol, 9 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, puxo en valor hoxe a coherencia e a fiabilidade do PPdeG fronte á volatilidade das forzas do oposición. Así, contrapuxo a uns populares que “tomámonos Galicia en serio” contra unha alternativa formada por forzas que ou ben “non saben onde están” ou ben “non saben o que son” e “mudan cada día”.

Feijóo propón aos galegos unirse para seguir sendo unha excepción por estabilidade

Redondela, 8 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu aos galegos a súa confianza para que Galicia siga sendo unha excepción por unidade, responsabilidade e estabilidade como non a hai en toda España, e non o sexa por ter ao fronte un lío de catro partidos como tampouco o hai igual no resto do país.

Tellado: “A cúpula da Marea nunca respectou aos nosos votantes, agora tampouco aos seus"

Ourense, 08 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, cargou hoxe contra o proceso de “primarias de paripé” emprendido polas Mareas, das que concluíu que “rematan antes de empezar” posto que “a cúpula impuxo un candidato fabricado por eles mesmos”.