O PPdeG presenta a campaña “Dito, feito, Feijóo”, para destacar os cumprimentos do presidente e o valor da súa palabra

29
Xu

O PPdeG presenta a campaña “Dito, feito, Feijóo”, para destacar os cumprimentos do presidente e o valor da súa palabra

Con preto de 50 vídeos, amosa a fiabilidade dun candidato que escapa de palabras baleiras e da política efémera 

Feijóo fixa como unha das prioridades ata 2024 seguir industrializando o rural e facelo atractivo para os investidores

28
Xu

Feijóo fixa como unha das prioridades ata 2024 seguir industrializando o rural e facelo atractivo para os investidores

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que unha das prioridades ata 2024 vai ser seguir avanzando na industrialización do rural e seguir facéndoo atractivo para os investidores. Para iso, amosou o seu compromiso para primar os proxectos tractores da economía galega que para o seu desenvolvemento escollan o rural galego, así como poñer en marcha un Plan de Formación Continua do agro galego.

 

Feijóo sinala que as eleccións non son só unha cuestión de partidos senón de prioridades e a súa é Galicia

27
Xu

Feijóo sinala que as eleccións non son só unha cuestión de partidos senón de prioridades e a súa é Galicia

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que as eleccións non son unha cuestión de partidos, de siglas ou de logotipos senón que se trata de prioridades e “a miña téñoa clara: Galicia, Galicia, Galicia".

 

Feijóo pide non deixar nin á sorte, nin a pactos e nin a carambolas o que se pode resolver nas urnas indo a votar

27
Xu

Feijóo pide non deixar nin á sorte, nin a pactos e nin a carambolas o que se pode resolver nas urnas indo a votar

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu non deixar á sorte nin a pactos nin a carambolas o que se pode resolver nas urnas indo a votar o próximo 12 de xullo. “Galicia merece un resultado que saia directamente das urnas e non nos despachos dos partidos que perden as eleccións”, salientou.

 

Feijóo, nos Peares: "As eleccións non van de candidatos ou disputas senón do futuro de Galicia"

26
Xu

Feijóo, nos Peares: "As eleccións non van de candidatos ou disputas senón do futuro de Galicia"

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que Galicia necesita experiencia, estabilidade, emprego, crecemento e futuro. Así, avogou por quince días nos que estar centrados nas preocupacións e nas inquedanzas dos galegos. E é que, tal e como indicou, “isto non vai de partidos, nin de candidatos, nin de disputas. Isto vai de Galicia”.

 

Feijóo pide unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posibles

25
Xu

Feijóo pide unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posibles

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posibles. Así, dixo que, o vindeiro 12 de xullo, os galegos están chamados a escoller entre un multipartito ou un goberno, a inestabilidade ou a estabilidade, experimentos ou a experiencia ou entre ir á contra ou a unión de todos a favor dun futuro certo para Galicia.