O PPdeG presenta a campaña “Dito, feito, Feijóo”, para destacar os cumprimentos do presidente e o valor da súa palabra

29
Xu

O PPdeG presenta a campaña “Dito, feito, Feijóo”, para destacar os cumprimentos do presidente e o valor da súa palabra

Con preto de 50 vídeos, amosa a fiabilidade dun candidato que escapa de palabras baleiras e da política efémera 

O Partido Popular de Galicia presentou hoxe unha campaña audiovisual baseada en destacar os cumprimentos do presidente e o valor da súa palabra e dos seus compromisos cos galegos. Con preto de 50 vídeos que se irán compartindo na web do candidato e nas súas redes sociais, “Dito, feito, Feijóo” representa a relevancia que ten para Alberto Núñez Feijóo a seriedade á hora de facer declaracións públicas.

 

Para o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, “a campaña simboliza a forma que ten de entender a política o noso candidato, unha persoa que aspira a obter de novo a confianza dos galegos non só polo que aínda pode facer por Galicia senón tamén polo que ten feito ata agora. Unha persoa que cando fala non antepón a sonoridade dun titular ao respecto á verdade e ao rigor, que escapa de frases baleiras e da política efémera”.

 

Ademais, asegurou que Feijóo dá especial relevancia á palabra dada e á formalidade que o candidato evidencia nestas pezas audiovisuais, condicións que son máis necesarias que nunca ante a situación que temos por diante derivada da pandemia e das súas consecuencias económicas e sociais.

 

 

Comparte: