BEGOÑA FREIRE VÁZQUEZ
Natural de A Coruña, é licenciada en Dereito, exercendo como avogada ata 2002. Desde esa data ata a actualidade é empregada pública da Xunta de Galicia, exercendo como técnico-xurídica na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Foi membro do Comité de Dereitos e Garantías do PP de Galicia entre os anos 1999 e 2011 e vicesecretaria de Barrios da Xunta Local do PP de A Coruña de 2009 a 2011. Na actualidade, forma parte da Xunta Xestora do PP local de A Coruña e do Comité Executivo do PP provincial de A Coruña, como coordinadora de Mobilidade.
A nivel local, foi concelleira de Mobilidade no Concello de A Coruña e deputada provincial entre 2011 e 2015; e entre 2015 e 2019 foi concelleira do grupo municipal do PP neste municipio.
Foi deputada no Parlamento de Galicia entre novembro de 1999 e agosto de 2001, participando como ponente na Lei de réxime xurídico das concesións da Illa de ONs e na Lei de voluntariado de Galicia.