MARTA MARÍA RODRÍGUEZ-VISPO RODRÍGUEZ

05
Mar

MARTA MARÍA RODRÍGUEZ-VISPO RODRÍGUEZ

Ourense, 1962. Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo. Diplomada en Sanidade. Especialista en Xestión e Administración Sanitaria. Funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia da escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi subdirectora do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) desde 2002 ata 2005. Concelleira no Concello de Ourense (2007-2011).

Deputada no Parlamento de Galicia desde a VIII lexislatura. Neste último período (2016-2020) ocupou a presidencia da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e foi portavoz da Comisión de Discapacidade.

Pertence ao Comité Executivo do PP ourensán.

Comparte: