JOSÉ GONZÁLEZ VÁZQUEZ

05
Mar

JOSÉ GONZÁLEZ VÁZQUEZ

Ourense,1970.  Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, ocupando diferentes postos na Axencia Española de Administración Tributaria.

Deputado no Parlamento de Galicia desde 2016, desempeñou funcións como voceiro de Medio Rural do grupo popular. Foi membro das comisións de Agricultura e de Economía, ademais de vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión Especial de estudo e análise das reformas da política forestal, da que foi relator do ditame.

Desde setembro de 2018 ocupa o cargo de Conselleiro de Medio Rural.

Comparte: