MARISOL DÍAZ MOUTEIRA

05
Mar

MARISOL DÍAZ MOUTEIRA

Kelkheim (Alemaña), 1967. Licenciada en Dereito pola UNED e especializada en Dereito Civil Galego pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionaria do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia.

Foi delegada provincial da Consellería de Xustiza en Ourense (2003-2005) e desde 2009 ocupou a xefatura territorial en Ourense da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ata que accedeu ao Parlamento de Galicia nos últimos meses da lexislatura. En decembro de 2012 accedeu á xefatura territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza, pasando logo á secretaría territorial da Delegación da Xunta en Ourense. A mediados de 2015 accedeu de novo á cámara galega, ata que en outubro dese mesmo ano foi nomeada delegada territorial en Ourense, cargo no que continuou na lexislatura 2016-2020.

Na actualidade tamén é coordinadora de Comisións Sectoriais no Comité Executivo do Partido Popular de Ourense.

Comparte: