MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ

05
Mar

MARÍA NAVA CASTRO DOMÍNGUEZ

Naceu en 1969 en Ponteareas, é licenciada en Filoloxía Hispánica. Aos 23 anos pon en marcha Novas Xeracións en Ponteareas e en 1997 é elixida deputada autonómica. Nese mesmo ano preséntase ás eleccións municipais e é nomeada tenente alcalde do Concello de Ponteareas.

En 2008 foi elixida deputada no Congreso pola provincia de Pontevedra, cargo no que cesou para facerse cargo da dirección xeral de Comercio da Xunta de Galicia. En xaneiro de 2013 foi nomeada directora da Axencia de Turismo de Galicia. Desde marzo de 2016 é coordinadora de Política Económica e Emprego do PP de Pontevedra.

Comparte: