JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA

05
Mar

JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA

Naceu en Baiona en 1962, é licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director provincial do Sergas de Pontevedra; director-xerente do Hospital Meixoeiro; coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente do Hospital Meixoeiro de Vigo; e médico do Servizo de Admisión do mesmo hospital. Con anterioridade, foi tamén coordinador dos servizos de arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias.

Deputado provincial en Pontevedra desde o ano 2003, en 2004 foi elixido alcalde de Baiona, cargo que ocupou ata outubro de 2015 cando foi nomeado Conselleiro de Sanidade.

Comparte: