ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

05
Mar

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Naceu en Ourense en 1961. Licenciado en Dereito pola USC, é membro do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta. Foi secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes; vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde; director do Instituto Nacional de Salud (Insalud) e presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A. En 2003 foi nomeado conselleiro de Política Territorial e en 2004 vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.

Foi elixido presidente do PPdeG en xaneiro de 2006 e, tras gañar as eleccións o 1 de marzo de 2009, tomou posesión como presidente da Xunta o 18 de abril de 2009. Revalidou a maioría absoluta nas eleccións autonómicas de 2012 e 2016.

Comparte: