FRANCISCO CONDE LÓPEZ

05
Mar

FRANCISCO CONDE LÓPEZ

(Monforte de Lemos, 1968) é Licenciado e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid.

Entre 1995 e 2009 foi profesor de Economía Aplicada da Universidade CEU San Pablo onde ocupou diferentes responsabilidades: Director da Aula de Estudios Europeos Robert Schuman, Secretario do Instituto Universitario de Estudios Europeos, Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004, Director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005 e Vicerrector de Relacións Internacionais de 2005 a 2009.

Tras traballar como asesor do presidente da Xunta de Galicia de 2009 a 2012, foi nomeado Conselleiro de Economía e Industria en decembro de 2012 e desde outubro de 2015 asume as competencias, tamén, en materia de Emprego como Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Comparte: