BORJA VEREA FRAIZ

05
Mar

BORJA VEREA FRAIZ

Naceu en 1980 en Santiago de Compostela. 

Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito, tamén pola USC.

Funcionario de Habilitación Nacional das subescalas de Intervención-Tesourería e Secretaría-Intervención. Pertence tamén ao Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Foi secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia (2015-2020) e da Consellería de Economía e Industria (2011-2015).

Tamén foi subdirector xeral de Réxime Xurídico Local da Consellería de Presidencia e Administración Pública (2009-2011) e secretario-interventor do Concello do Saviñao (2007-2009).

Comparte: