ROSA MARÍA QUINTANA CARBALLO

05
Mar

ROSA MARÍA QUINTANA CARBALLO

San Fernando de Apure (Venezuela) – 1959. Licenciada en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Bioloxía. A finais da década dos 80 comeza a traballar na Administración autonómica como inspectora pesqueira primeiro e, despois, como xefa da Sección da Inspección Pesqueira. Posteriormente, foi nomeada xefa do Servizo de Marisqueo, delegada territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e, xa no 2001, directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Desde 2009 é a conselleira do Mar da Xunta de Galicia (cun intervalo no que o seu departamento asumiu tamén as competencias relativas ao Medio Rural). Candidata do PPdeG nas eleccións autonómicas do 2012 e do 2016 ao Parlamento de Galicia.

Comparte: