DIEGO CALVO POUSO

05
Mar

DIEGO CALVO POUSO

San Sadurniño (1975). Licenciado en Ciencias Económicas (especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal). Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal.

No 2009 foi o primeiro delegado territorial único da Xunta de Galicia na provincia da Coruña. No período 2009-2013 foi presidente do Consello de Administración de Xestur na Coruña. No ano 2011 foi elixido presidente da Deputación Provincial da Coruña, posto que ocupou ata o ano 2015.

En febreiro do 2003 accedeu ao Parlamento de Galicia e continuou como deputado da oposición entre 2005 e 2009. Foi portavoz do PP na Comisión de Mocidade, na Compañía CRTVG e Vivenda, e vogal nas comisións de Economía, Pesca e Marisqueo e no Consello de Contas. Desde o 2006 ata o 2009 foi vicesecretario xeral do PP de Galicia.

Actualmente é o presidente provincial do Partido Popular na Coruña. Vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia na XI Lexislatura.

Comparte: