Rueda traballará para que o PPdeG avance no camiño da igualdade: “É unha causa de toda a sociedade”

06
Mai

Rueda traballará para que o PPdeG avance no camiño da igualdade: “É unha causa de toda a sociedade”

Di que, coa axuda e co apoio de todos os seus compañeiros, os populares poderán acadar o obxectivo da quinta maioría absoluta

O candidato á Presidencia do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou que traballará para que o Partido Popular de Galicia prospere con vontade e compromiso no camiño da igualdade, unha causa que non é propiedade de ningunha formación, senón que implica a toda a sociedade.

 

Segundo manifestou, a igualdade é unha fin que hai que perseguir por convicción e que se conquista con feitos. “Basta de que nos dean leccións”, dixo acerca da oposición, que pretende empregar este asunto como un pretexto para a loita partidista e que só aporta consignas baleiras a través de falsas etiquetas.

 

No acto “Igualdade, o camiño a seguir”, celebrado en Ferrol e que tamén contou coa presenza de José Manuel Rey e de Martina Aneiros, o candidato recalcou que ese camiño aínda non está rematado, pero insistiu na implicación do PPdeG para continuar progresando. Igualmente, aclarou que tampouco caben nin negacionismos nin pasos atrás contra a violencia machista.

 

Para avanzar cara estes e tantos outros obxectivos, solicitou a axuda de todos os seus compañeiros de partido, aos que tamén lles pediu apoio para acadar xuntos o reto da quinta maioría absoluta consecutiva.

 

 

 

O PARTIDO DA IGUALDADE

Logo de lembrar que en boa parte da súa traxectoria como vicepresidente da Xunta as competencias de igualdade estaban baixo a súa responsabilidade, Rueda puxo en valor a traxectoria da nosa Comunidade, con décadas de avances nesta materia.

 

De feito, destacou que, ao longo da súa historia, o partido deixou fitos que contribuíron substancialmente á igualdade, sendo no que militou a primeira presidenta do Senado, dúas das tres primeiras deputadas do Parlamento de Galicia e a primeira conselleira. Ademais, foi un Goberno de Manuel Fraga o primeiro en implantar un Plan de Igualdade e, baixo un Executivo de Alberto Núñez Feijóo, creouse a primeira Consellería de Igualdade, ligada a un eido vital para a independencia das mulleres como é o emprego.

 

Así mesmo, os populares puxeron en marcha medidas concretas e presupostadas nestes 13 anos: destinando en 2022 máis do dobre de orzamento á area de igualdade que en 2009, sumando máis de 50 millóns de euros en axudas económicas para 7.000 mulleres vítimas da violencia de xénero, asistindo a 1.800 mulleres e case 1.500 menores na Rede Galega de acollemento, ou fomentando o emprendemento feminino a través do programa EMEGA, que permitiu crear 2.100 empregos estables.

 

AS METAS DO PP DE FERROL

Por ora banda, o candidato referiuse ás vindeiras eleccións municipais, salientando que os populares teñen que facer o posible en Ferrol para obter unha maioría máis ampla que no 2019 e que permita aos cidadáns ter o alcalde que elixiron nas urnas, unha meta que tamén é a de todo o partido.

 

Sobre isto, engadiu que, cando chegue o momento, pedirán a confianza aos ferroláns practicando a política real que ofrece novas propostas. Mostra do compromiso do PP con ese territorio é o Pacto de Estado por Ferrol -ao que o Goberno central segue ser resposta- ou a creación da Delegación da Xunta de Galicia na cidade e comarca.

 

Comparte: