POLÍTICA DE PRIVACIDADE

 

1. No Partido Popular titular de www.ppdegalicia.com, con domicilio na Avda. Fernando Casa Novoa - Edif. C.N.L. Bloque 2 en Santiago de Compostela. (España) estamos preocupados pola seguridade e por garantir e protexer a privacidade dos datos achegados polos usuarios do noso sitio web. Por iso, garantimos que o tratamento dos datos se efectúa baixo niveis de seguridade que impiden a perda, manipulación dos datos ou accesos non autorizados.

2. A efectos do cumprimento co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e da súa normativa de desenvolvemento, o Partido Popular informa de que todos os datos de carácter persoal que os nosos usuarios acheguen a www.ppdegalicia.com - incluída a dirección IP do equipo desde o que accede-, ben sexa a través de calquera rexistro ou subscrición aos servizos do sitio web ben mediante o envío de comentarios ou observacións por correo electrónico, web, formularios, etc., serán incluídos nun ficheiro debidamente inscrito no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos, cuxo titular e responsable é o Partido Popular, e serán tratados coa máxima confidencialidade.

3. Os datos que se pidan aos usuarios de www.ppdegalicia.com terán como finalidade prestar os servizos para os que se soliciten, xestionar a administración do website, realizar estudos estatísticos ou enviar a través de calquera canle (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, etc.) información promocional e noticias de todas as actividades inherentes á acción do Partido Popular, en particular as relacionadas a campañas electorais, candidaturas, convocatorias, accións do partido e os seus líderes, etc.

4. O Partido Popular implementou as medidas de seguridade requiridas pola normativa vixente para a protección dos datos de carácter persoal e desenvolveu os requisitos técnicos necesarios para garantir o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso. No entanto, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

5. O Partido Popular prohibe o uso dos servizos do seu sitio web a menores de 14 anos. Ademais, o Partido Popular aconsella que os menores de idade (de 14 a 18 anos) consulten cos seus pais antes de proporcionar calquera dato de carácter persoal e informa de que, en ningún caso, solicitaranse datos relativos a outros membros da súa familia sen o consentimento dos titulares dos mesmos.

6. Se non se facilitan os datos persoais requiridos (ben para o rexistro ou subscrición a calquera tipo de envío ben para a realización de comentarios, etc.) ou non se acepta a presente política de privacidade supón a imposibilidade de recibir os servizos mencionados.

7. O usuario garante que os datos persoais facilitados a www.ppdegalicia.com son veraces e correctos, reservándose o Partido Popular o dereito a excluír dos servizos do sitio web a todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.

8. O Partido Popular é o único destinatario dos datos. Os interesados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos legais a través das seguintes canles:

  • Enviando un escrito acompañado dunha fotocopia do seu DNI a Partido Popular, C/ Xénova, 13, 28004, Madrid, especificando: "Cancelación de datos (Internet)".
  • Enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.