Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 3 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 22 millóns de euros en 2016, o maior investimento nos últimos sete anos, para impulsar a concentración parcelaria. “Seguimos avanzando e, aproveitando a mellora da situación económica, hoxe aprobamos que en 2016 se faga o maior investimento dos últimos sete anos para impulsar a concentración parcelaria: 22 millóns de euros. Multiplicamos por tres o investimento dedicado a concentración parcelaria e pasamos dunha media de oito millóns anuais a 22 millóns en 2016”, dixo.

Nun primeiro termo, Feijóo asegurou que con este investimento remataranse as 137 zonas activas e empezarase a traballar nas zonas prioritarias agro-grandeiras. “E os criterios de priorización –precisou- son as zonas con importancia hortícola, vinícola e forestal”.

Así mesmo, explicou que as 137 zonas supón actuar en preto de 120.000 hectáreas, en case un millón de parcelas e beneficiar a 100.000 propietarios.

Logo de precisar que dentro de catro anos estarán finalizadas administrativamente practicamente todas as concentracións parcelarias que se iniciaron en Galicia, o mandatario salientou que a orde de prioridade para decidir as actuacións será a seguinte: aquelas que favorezan o final de procesos de reestruturación parcelaria que estaban a piques da súa finalización definitiva; as que propicien o avance dos procesos de reestruturación que teñan unha incidencia económica importante; e os traballos previos ao decreto de utilidade pública de novas zonas de reestruturación parcelaria.

Feijóo lembrou que o proceso de concentración e ordenación da estrutura agrícola ten cinco obxectivos principais: “Mellorar a rendibilidade da actividade produtiva; facilitar que os predios abandonados ou que non formen parte de explotacións poidan mobilizarse para uso agrario; minimizar os efectos que poidan ter as grandes obras públicas ou explotacións de coutos mineiros; potenciar a conservación das zonas de maior interese ambiental; e reducir as emisións que se derivan dos longos desprazamentos polas explotacións dispersas”.

Santiago, 3 de marzo de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación da licitación da xestión do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, que ata agora xestionaba Sogarisa, cun contrato que vence este ano e que agora se saca a concurso público entre todos os operadores de residuos que queiran participar.

Como destacou Feijóo, co novo contrato, a Xunta seguirá a ser titular da instalación, terá o poder xeral de ordenación das normas de uso e conservación e tamén exercerá as facultades de supervisión, impulso e control da mesma.

Sobre a nova adxudicación, o presidente do Goberno galego aclarou que non xerará ningún gasto para a Xunta, xa que a retribución do adxudicatario consistirá no importe recadado pola prestación de servizos. É máis, suporalle ingresos, xa que a adxudicataria deberá abonar ao Goberno galego un canon anticipado de 3,5 millóns de euros, outro canon anual fixo de 45.000 euros e outro variable segundo os beneficios.

Ademais, destinarase o 5 por cento da facturación bruta anual das actividades de tratamento de residuos a dotar un Fondo Local para o Concello das Somozas, onde se sitúa a instalación.

Segundo matizou Feijóo, á hora de adxudicar o contrato, a Xunta terá en conta das ofertas presentadas a viabilidade do plan de explotación. Así mesmo, valorará o Plan de investimentos que acheguen, dando maior puntuación ás que susciten un maior volume de investimento e priorizaranse aqueles plans que propoñan a ampliación da infraestrutura para mellorar e optimizar o tratamento de residuos.

A estratexia do Goberno galego en materia de residuos, como sinalou Feijóo, persegue a implantación dun novo modelo máis sostible, facendo especial fincapé na prevención e na valorización.

En definitiva, este contrato por 20 anos ten un valor estimado de 230 millóns de euros e a retribución do adxudicatario consistirá no importe do prezo que recada pola prestación dos servizos abonado polos usuarios.

Como lembrou o titular da Xunta, nun primeiro momento aprobouse e púxose en marcha o Plan de Xestión de Residuos Urbanos e agora os esforzos da Xunta céntranse no eido dos residuos industriais, tendo en tramitación o Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia e contando nos orzamentos para 2016 con 3 millóns de euros para prevención e reciclaxe deste tipo de residuos.
Santiago, 3 de marzo de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o inicio da tramitación do anteproxecto de Lei galega de protección e benestar dos animais de compañía, que equipara a nosa normativa ás doutras Comunidades e Estados europeos, implanta medidas no control do abandono dos animais e aposta pola educación da cidadanía no respecto e a protección aos animais.

O mandatario destacou que un dos principais obxectivos desta nova Lei é loitar contra o maltrato animal, non só na súa na súa representación como violencia extrema, senón tamén noutras manifestacións, tales como someter ao animal a condicións hixiénicas e sanitarias cuestionables, ou o seu emprego en espectáculos prohibidos ou nos que non se garantan unhas condicións mínimas de benestar.

As características da nova lei
Nesa liña, o texto establece a prohibición expresa de determinadas mutilacións nos animais, coma o corte de orellas ou rabo, que se facía co fin de manter unha serie de características dun tipo de raza. Tamén se prohibe o emprego de calquera trebello destinado a impedir ou limitar a mobilidade dun animal que lle produza danos ou sufrimentos ou lle impida manter a súa posición normal e mesmo se prohibe o emprego de animais silvestres en espectáculos circenses e se tipifica dita infracción ou delito como moi grave.

Como sinalou Feijóo, esta lei vai máis alá ao estender no réxime sancionador a responsabilidade non só aos organizadores, senón tamén aos que participen ou colaboren dalgunha maneira neses espectáculos.

Outro dos retos aos que se enfronta a lei, segundo engadiu, é o de paliar o abandono dos animais domésticos, e a lograr este obxectivo van destinadas varias medidas. Así, as asociacións de defensa e protección dos animais poderán ser declaradas entidades colaboradoras da Xunta e poder así subscribir convenios de colaboración para facer énfase na divulgación e na educación.

Ademais, introdúcese a obriga de identificación en todos os cans, mediante microchip, e a inscrición no Rexistro galego de identificación de animais de compañía, o que minorará o abandono, e crearanse os fogares de acollida cun réxime de acollemento temporal nos que se garanta o coidado e atención que precisen os animais.

No que atinxe aos animais potencialmente perigosos, Feijóo apuntou que se concretarán as razas de can que teñen tal consideración, establécese a obriga da obtención previa da licenza municipal para poder ter un can desta categoría e deberase inscribilos no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.

Por outra banda, como matizou, a nova lei tamén establece un artigo sobre as aves de presa en catividade para as que será necesario obter unha autorización administrativa, á vez que deberán ser identificadas individualmente con microchip ou anela.

Como sinalou, esta lei foi comentada con distintos membros do Consello Xeral do Colexio de Veterinarios e, a partir de agora, someterase a información pública para as posibles alegacións que queiran facer os distintos colectivos. 
Santiago, 3 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe a Axenda 20 para o emprego, o documento “que impulsará a calidade e a estabilidade do emprego en Galicia” e que está dotado con 900 millóns de euros, 180 millóns anuais ata 2020. A axenda contempla 20 medidas agrupadas en tres eixos prioritarios: a creación de emprego de calidade como elemento clave da competitividade, a formación e a capacitación como pancas do cambio do modelo produtivo e a reorientación dos servizos de atención ás persoas que demandan emprego para intentar casar as súas necesidades coas das empresas.

“Despois de anos de recesión, a economía galega está volvendo a despegar, aínda que é evidente que este crecemento ten que ser máis intenso e máis robusto”, indicou o presidente. Resaltou que esta incipiente recuperación é “froito dos esforzos das persoas e das empresas e dunha política económica responsable e coherente”. Para continuar na traxectoria ascendente que está a seguir a nosa economía, Feijóo invitou a “saber de onde vimos e cara a onde queremos ir”.

Neste senso, a Axenda 20 para o emprego marca as liñas mestras a seguir en materia laboral durante os próximos cinco anos, de acordo cos obxectivos marcados en materia laboral polo Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020: reducir a taxa de paro ata o 10%, crear 100.000 novos empregos e asinar 50.000 novos contratos indefinidos, entre outros.

Tres grandes retos
Tal e como explicou Feijóo, o primeiro reto da Axenda é que Galicia cree postos de traballo de calidade. Nesta liña incidirá o programa Aprol, que incentivará a contratación e fomentará o autoemprego nos colectivos que teñen máis dificultades para atopar un traballo, como as mulleres, os parados de longa duración, a mocidade e as persoas con discapacidade.

Outra das principais novidades desta documento será a activación de Lanzadeiras de Emprego para apoiar a busca de emprego e promover o emprendemento e o autoemprego a través da Administración Local, entidades sen ánimo de lucro e empresas privadas.

Para superar o segundo reto, mellorar a formación dos traballadores, o presidente avanzou catro grandes medidas: crear Unidades de Formación na Empresa para impulsar dentro do tecido empresarial a especialización e capacitación con compromiso de contratación, aprobar un programa de formación e emprego no rural atendendo ás súas necesidades específicas, profundar nun modelo de formación que responda ás necesidades do mercado, unha liña na que xa estamos a avanzar mediante a FP Dual ou lanzar o “cheque formación”, para que as persoas desempregadas teñan máis liberdade de elección á hora de escoller accións formativas concretas.

Por último, a Axenda busca reorientar os servizos de atención ás persoas que demandan emprego. “Neste senso, imos crear un novo portal do Servizo Público de Emprego de Galicia e implantar nel un sistema de xestión de calidade”, dixo Feijóo. Ademais, vaise poñer en marcha o novo modelo de orientación aberta, que combine accións presenciais e online.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, apuntou que a estabilidade política que vivimos en Galicia permite que o paro continúe reducíndose na nosa comunidade mentres que, segundo apuntou, España comeza xa a pagar as consecuencias da situación de incertidume na que se atopa actualmente.

Tras coñecerse esta mañá os datos do paro do mes de febreiro, o voceiro salientaba que Galicia presenta un comportamento mellor que o Estado, tanto en termos interanuais como en relación co mes pasado. “A falta de seguridade que hai nestes momentos con respecto ao futuro do Goberno do país empeza a notarse xa nos indicadores económicos”, engadía. 

Nese sentido, Tellado asegurou que en Galicia mantense a estabilidade política que falta noutras comunidades autónomas e da que tamén carece nestes momentos o Estado. Así mesmo, incidiu en que aínda que é certo que as empresas son as responsables directas de baixar o paro, son os gobernos os que teñen a capacidade de crear un clima que permita que se desenvolvan iniciativas para xerar emprego como fai o Goberno da Xunta.

Tellado tamén puxo en valor que a nosa comunidade pechase o mes de febreiro con 22.281 persoas desempregadas menos que hai un ano, o que supón unha baixada con respecto a febreiro de 2015 dun 8,65%. Ao mesmo tempo, tamén recordou que, en comparación con xaneiro deste ano, o paro tamén diminúe nun 0,50%, con 1.179 demandantes de emprego menos que o mes pasado.  

Lonxe de amosarse triunfalista, o portavoz recoñeceu que aínda queda moito por facer pero aseverou que si é un feito que os principais indicadores económicos reflicten que Galicia continúa cunha tendencia positiva que indica que nos atopamos no camiño da recuperación económica. 

“Estamos a traballar e seguiremos facéndoo intensamente para que o desemprego continúe reducíndose”, aseguraba o voceiro dos populares mentres recordaba que a realidade é que hoxe a comunidade rexistra xa 28 meses de descenso consecutivo interanual que nos coloca a niveis de paro inferiores aos de febreiro de 2011, hai 5 anos; e que encadeamos xa tres anos consecutivos de baixadas do paro en febreiro. 

Madrid, 1 de marzo de 2016.- El diputado popular gallego Jaime de Olano ha valorado hoy en la TVG el discurso de investidura de Pedro Sánchez y lo ha calificado como un discurso “que nos da la imagen de un candidato poco fiable, sin un proyecto claro para España y cuyo único objetivo, confesado expresamente, es que no gobierne el Partido Popular, que ha sido el partido más votado por los españoles el pasado 20 D”.

Para Olano, “ha sido un discurso poco realista y de cara a la galería en el que se ha dedicado a repartir caramelos a Podemos y a Ciudadanos buscando el apoyo de ambos, cuando éstos ya se han declarado incompatibles entre sí”.

Según el diputado popular, “ha sido poco creíble, porque ha apelado al diálogo cuando todo el mundo sabe que se lo ha negado al PP y a sus 7,2 millones de votantes en más de 20 ocasiones”. Para Olano, “esto demuestra, una vez más, que una cosa es lo que dice Pedro Sánchez y otra lo que hace”.

En opinión de Jaime Olano, “ante todo ha sido un discurso decepcionante para España, porque ha anunciado la derogación de todas las reformas estructurales que el PP puso en marcha, entre ellas la Reforma Laboral que no sólo su hipotético socio de Ciudadanos, sino también todas las autoridades nacionales e internacionales alaban, y que junto al esfuerzo de los españoles han permitido a nuestro país iniciar la salida de la crisis”. En este sentido, Olano ha apuntado un dato, “Sánchez ha tardado más de 40 minutos en pronunciar la palabra desempleo, que es la principal preocupación de los españoles hoy en día”.

Sin duda, para el líder popular, el de Sánchez ha sido un discurso que nos retrotrae a las peores políticas de Zapatero, con anuncios que suponen un desmedido incremento del gasto público sin valorar de dónde va a salir el dinero, lo que nos permite aventurar que de ponerse en marcha su programa volveríamos a la situación de 2011 en poco tiempo”

Finalmente, Olano ha calificado la intervención de Sánchez como “vacía”, ya que ha anunciado cuestiones como que pedirá la ampliación del plazo de reducción del déficit público a la UE, cuando hoy mismo se ha anunciado que Mariano Rajoy ya tiene el compromiso verbal de las autoridades comunitarias



Ferrol, 27 de febreiro de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, pronunciose sobre a manifestación celebrada esta mañá baixo o lema “En defensa do mar” cualificándoa como unha protesta de carácter exclusivamente político posto que, segundo indicou, non ten sentido protestar contra un anteproxecto de Lei de Acuicultura que xa foi retirado.
 
Nesta liña, o portavoz fixo unha crítica aos partidos da oposición que se aproveitan desta situación intentando enganar á cidadanía e fomentan unha visión negativa do sector, cando foron eles os que menos fixeron para apoialo.
 
Tellado lembrou que, pese a que a reivindicación inicial xurdiu por asuntos pesqueiros, enseguida derivou cara a unha manifestación en contra o anteproxecto de Lei de Acuicultura, perdéndose esta motivación cando se anulou o borrador que descartaba a súa tramitación, tal e como lle foi comunicado ao sector.
 
“Nós respectamos as protestas dos cidadáns porque están en todo o seu dereito e é lícito, pero parécenos grave que a situación sexa aproveitada por determinados partidos para fins partidistas e políticos, chegando a facer unha manipulación interesada e mesmo promovendo a asistencia á manifestación mediante o uso de recursos das administracións públicas de algúns concellos”, engadiu Tellado.
“Estase usando aos homes do mar de forma interesada para facerlle oposición ao Goberno galego”, engadía o voceiro ao tempo que pedía ao PSOE que “se quere facer unha manifestación, que a convoque e a organice cos recursos do seu partido e non dos concellos nos que goberna, sufragando así actos dunha campaña electoral que consideramos que comeza demasiado pronto”.
 
Do mesmo xeito, o portavoz quixo deixar claro que a realidade só é unha e que, con este  Goberno, máis do 86% das axudas do Fondo Europeo de Pesca 2007-2014 destinados a acuicultura foron parar aos bateeiros; en 2009 puxéronse a cero os contadores das concesións das bateas – que o bipartito obrigaba na súa lei de pesca do 2008 a sacar a concurso público-, e creouse a Mesa do Mexillón.
 
Ademais, no tocante ao sector marisqueiro, o valor económico das vendas en Galicia aumentou nun 14% no 2015 e facturaron máis de 66 millóns de euros; apostouse pola profesionalización e pola alta das mariscadoras no Instituto Social de la Marina (ISM), por facer da actividade unha labor de cultivo ou semicultivo; e por seguir subvencionando asistencias técnicas e vixilantes.
 
Por último, no sector da pesca de baixura, traballouse polo aumento de cotas, gañando no período 2012-2014 un 13% de máis cota que aumentou o seu valor nun 55%.
 


O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA PARA QUE ADAPTE A NORMATIVA GALEGA Á LEI ESTATAL DE RACIONALIZACIÓN E SUSTENTABILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL



·    A nova Lei estatal modifica a puntuación dos baremos de méritos autonómicos, estatais e locais e elimina a posibilidade de que estes funcionarios podan ser seleccionados polas Comunidades Autónomas



Santiago, 26 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a adaptar o decreto galego 49/2009 á nova Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, de xeito que se axilicen os procedementos e permitan mellorar os sistemas de cobertura dos funcionarios con habilitación de carácter nacional.



O portavoz de Administracións Públicas, Miguel Tellado, subliñou “a conveniencia de modificar e de concretar moitos aspectos da regulación que perderon a súa aplicación práctica e eliminar moitas competencias que na actualidade xa non corresponderían á Comunidade autónoma”.



COBERTURA TEMPORAL



A nova Lei estatal modifica a puntuación dos baremos de méritos autonómicos, estatais e locais e elimina a posibilidade de que estes funcionarios podan ser seleccionados polas Comunidades Autónomas. Ademais, establece obrigas para os servizos de asistencia á municipios das deputacións provinciais en materia de cobertura temporal destes postos de traballo e elimina a posibilidade de que os concellos de máis de 20.000 habitantes podan ser eximidos de ter posto reservado de tesouraría, entre outras moitas modificacións.



“Máis en concreto, a nova normativa obriga a que todas as entidades locais, independentemente do número de habitantes, conten con posto de tesouraría reservado a funcionarios con habilitación de carácter nacional, o que contradí o disposto na normativa galega”, apuntou Tellado.



Deste xeito, o portavoz popular sinalou que esta adaptación da normativa galega á Lei nacional “evitará moitos dos prexuízos que se están a causas ás entidades locais galegas pola ausencia de persoal con capacitación e titulación suficiente para desempeñar os postos reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional, ao tempo que servirá para solucionar a carencia de persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que poda cubrir a demanda existente na Comunidade galega”.

Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O presidente dos populares de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que, desde agora, o programa de adxudicación de solo industrial en réxime de superficie —alugueiro de parcelas nos parques empresariais galegos— dará prioridade en 27 polígonos a aquelas empresas vinculadas ao sector primario, como a agricultura, a gandaría, o marisqueo e a pesca.
 
Segundo explicou o presidente, para a selección dos 27 parques nos que se aplicará esta medida tívose en conta a súa proximidade a portos, a vinculación da economía da súa comarca co sector primario ou u a existencia de empresas deste sector implantadas no parque empresarial.
 
Ademais, noutros dous parques empresariais, as Centrais de Transportes de Ourense, en San Cibrao das Viñas, e de Ponte Caldelas, serán prioritarios os proxectos empresariais vinculados ao transporte.
 
Como regra xeral, establécese que se adxudique a estas empresas do sector primario e dos transportes ata un 25 por cento do solo dispoñible en cada parque. É dicir, que esta medida, segundo dixo o presidente, permitirá adxudicar directamente a proxectos singulares vinculados ao sector primario e ao transporte case 350.000 metros cadrados de solo empresarial.
 
“Deste xeito —explicou Feijóo—, seguimos avanzando decididamente na nosa política de captación de empresas para os nosos parques industriais e no noso decidido apoio a dous sectores estratéxicos, como son o primario e o dos transportes”.
 
Promoción do solo industrial galego
O mandatario recordou que a Xunta vén impulsando a captación de empresas mediante dúas medidas complementarias. Por unha banda, o programa de incentivos á venda de solo industrial, con descontos de entre o 30 e o 50 por centro sobre as tarifas para case un millón de metros cadrados.
 
Por outra banda, a medida que completamos hoxe, a adxudicación do dereito de superficie a cambio dun canon anual. Este programa de alugueiro beneficia a aquelas empresas que non poden facer fronte aos investimentos precisos para adquirir solo.
Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello da Xunta aprobou por decreto a Oferta de Emprego Público para 2016 nos ámbitos sanitario, educativo e da Administración Xeral. En total, trátase de 2.644 prazas, o que equivale ao total das ofertas de emprego público convocadas nos últimos cinco anos.
 
“En consecuencia, espero que a taxa de reposición de interinos na comunidade estea moi baixa e a taxa de emprego fixo sexa unha das máis altas historia da comunidade autónoma”, afirmou o mandatario.
 
As prazas para Sanidade
Segundo detallou, no que atinxe ao eido sanitario, a oferta de emprego público do Sergas superará con creces o volume de todas as convocatorias acumuladas dos últimos anos, xa que se ofertarán un total de 818 prazas, o que supón unha taxa de reposición do 100 por cen.
 
Por categorías, Feijóo explicou que haberá 351 prazas para persoal estatutario licenciado sanitario, das cales 196 son prazas de facultativo especialista; 83, para médicos de familia; 36 prazas, para médicos de urxencias; 3, para médicos de admisión; 12, para médicos do 061; 10 prazas, para pediatras; e outras 11, para odontólogos.
 
Do mesmo xeito, outras 144 son para persoal estatutario sanitario e de formación profesional, na súa práctica totalidade enfermeiros, e as outras 323 para persoal estatutario de xestión e servizos, dentro das cales se inclúen 168 celadores e 85 auxiliares administrativos.
 
A oferta de emprego público no ámbito educativo
No ámbito educativo, Feijóo sinalou que a convocatoria será de 1.112 prazas, das cales arredor de 1.000 son para ingreso libre.
 
No que atinxe á súa distribución, o presidente da Xunta lembrou que 478 son para profesores de ensino secundario, nas súas distintas especialidades; 122, para profesores de FP, en 6 modalidades; 500, para mestres; e outras 12 son para inspectores de educación.
 
Segundo apuntou, a convocatoria está prevista para finais do mes de abril e o inicio das probas farase unha vez remate o curso.
 
As prazas para persoal da Administración Xeral
En canto á oferta de emprego para persoal da Administración Xeral, Feijóo subliñou que nun primeiro momento estaba prevista en 448 prazas, pero tras o diálogo cos sindicatos, finalmente terá 714 prazas, é dicir, máis do dobre que o ano anterior.
 
Con respecto a isto, o líder dos populares destacou que boa parte da oferta estará centrada nos servizos sociais e no servizo de prevención e extinción de incendios, que acaparan o 75 por cento da oferta, é dicir, tres de cada catro prazas.
 
En concreto, Feijóo precisou que no eido dos servizos sociais haberá 318 prazas; outras 218 corresponden co servizo de prevención e extinción incendios; e as 178 restantes van a outras categorías, nas que se inclúen informáticos, auxiliares, xestores e, por vez primeira na historia da autonomía, haberá 22 prazas de especialistas en seguridade e saúde no traballo.
Páxina 15 de 22

Síguenos nas redes sociais