Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Ourense, 6 de maio de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que o Congreso desta fin de semana permitirá completar a renovación do PPdeG para afrontar con forza e frescura os procesos electorais. “O Congreso desta fin de semana non é o principio de nada, senón parte dun amplo proceso de renovación no que xa levamos traballando desde hai meses. Un proceso de renovación que comezou en xullo, coa elaboración dunha ponencia para poñer a punto o primordial, as ideas; que continuou despois nas catro provinciais, permitindo actualizar equipos, e que completaremos mañá e pasado para poder afrontar con máis forza e máis frescura os próximos procesos electorais”, explicou. Por iso, cre que o partido traballará de forma intensa a partir desta fin de semana para gañara as elección xerais e para abordar o reto de conseguir unha terceira maioría consecutiva en Galicia. Durante un encontro con NNXX, Feijóo quixo agradecer en primeiro lugar o apoio de Mariano Rajoy á súa candidatura, e expresou o seu convencemento de que o dirixente do PP nacional volverá a Galicia como presidente do Goberno tras o 26 de xuño. Nesta liña, o líder do PPdeG convidou aos cidadáns…
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016.- O presidente do PP de Ourense e alcalde da cidade, Jesús Vázquez, será o presidente do XVI Congreso autonómico do partido. A decisión, proposta pola Comisión Organizadora do evento, foi comunicada hoxe polo seu presidente, Miguel Tellado, quen destacou a idoneidade da persoa escollida. O tamén voceiro do partido avanzou que será un Congreso participativo no que está volcado o partido a nivel nacional. De feito, a secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, participará na clausura do mesmo na mañá do domingo. Pola súa parte, os vicesecretarios de Organización, Fernando Martínez Maíllo, e de Estudos e Programas, Andrea Levy,  farano mañá xunto ao secretario xeral, Alfonso Rueda, nunha visita ás instalacións que terá lugar antes da propia inauguración do Congreso. Máis alá da estrutura nacional do partido, tamén dende outras autonomías queren arroupar a Alberto Núñez Feijóo neste evento. Así, Juan Vicente Herrera, presidente da Junta de Castilla y León, precederá na tarde de mañá ao propio Feijóo no uso da palabra. Ademais, Juanma Moreno, presidente do PP andaluz, intervirá o domingo, antes das votacións. Así mesmo, Tellado informou que tamén asitirá ao conclave dos populares o presidente do distrito de Oporto,…
Santiago, 4 de maio de 2016.- O portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, salientou hoxe que, coa baixada de 3.644 parados rexistrada no mes de abril en Galicia, “a nosa Comunidade acumula 30 meses consecutivos de descenso interanual do desemprego, o que nos permite situarnos na actualidade con menor número de parados que hai seis anos”.  Tellado afirmou que “a senda de recuperación da nosa economía e a estabilidade política que vivimos en Galicia permiten que mes a mes se acumulen as baixadas de desempregados na nosa Comunidade, chegando xa aos 16.608 parados menos que hai un ano, o que representa un descenso do 6,79 por cento”. “Todo o que supoña reducir o número de persoas inscritas nas oficinas de emprego supón unha satisfacción para o Partido Popular, pero somos conscientes de que aínda quedan moitas persoas que desexan traballar e para os que seguiremos adoptando medidas e incrementando os esforzos para que poidan cumprir o seu obxectivo de acceder ao mercado laboral”, manifestou. Emprego estable e de calidade O portavoz popular subliñou que “o Partido Popular quere converter a Galicia nunha comunidade que xere emprego estable e de calidade, poñendo enriba da mesa oportunidades para todos os…
O PLENO DO PARLAMENTO DEBATERÁ A VINDEIRA SEMANA A APROBACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DA ECONOMÍA DE GALICIA 2015-2020 ·    Este  plan incorpora medidas de dinamización económica, blinda o gasto social e mantén a solvencia e sustentabilidade do gasto público ·    O Grupo Popular defenderá a revisión do actual sistema de reparto das cotas pesqueiras e o impulso á construción da A-76 entre Ourense e León Santiago, 3 de maio de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia da vindeira semana procedera ao debate do Plan estratéxico da economía de Galicia 2015-2020, que “se aproba nun momento no que podemos ter un optimismo moderado pola situación económica de Galicia e que incorpora medidas de dinamización económica, blinda o gasto social e mantén a solvencia e sustentabilidade do gasto público”. Ademais, Puy apuntou que se trata dun “documento aberto que se vai adaptando ás novas circunstancias e obxectivos que vaian xurdindo no tempo”. Pedro Puy explicou que o Plan estratéxico naceu dun “proceso moi participativo”, salientando que “non hai ningún antecedente semellante na historia desde que se comezaron a facer os plans de desenvolvemento rexional”. OPTIMISMO MODERADO Na súa intervención, o portavoz popular afirmou que este Plan estratéxico “apróbase nun momento no…
PEDRO PUY AFIRMA QUE O PP AFRONTA AS ELECCIÓNS XERAIS E AUTONÓMICAS “COA SATISFACCIÓN DE IR FACENDO AS COUSAS BEN TANTO NA XESTIÓN PÚBLICA COMO NO PARTIDO” ·    “A diferenza do que ocorre noutros partidos, nós temos as cousas bastante claras en relación aos liderados e ás mensaxes que queremos transmitir”, sinalou ·    Puy dixo que “as sociedades nas que hai unha converxencia dos partidos cara posicións máis centradas avanzan máis, teñen menos conflitos e superan os seus problemas dun xeito máis sólido e firme que as sociedades nas que hai alternativas de goberno pendulares” Santiago, 2 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o Partido Popular aborda a nova convocatoria de eleccións xerais e os próximos comicios autonómicos “coa satisfacción de ir facendo ben as cousas no ámbito da xestión pública, pero tamén no ámbito da xestión do partido, onde temos xa determinado tanto o candidato como as persoas que van a empezar a traballar tanto na rendición de contas como no programa electoral”. Puy alertou que “sería malo que a alternativa ao PP estivera encabezada por quen está nun extremo do espectro ideolóxico, que ademais ten dado mostras onde tivo responsabilidades…

Síguenos nas redes sociais