Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Este Plan debaterase para a súa aprobación na sesión plenaria que se celebra esta semana PEDRO PUY ASEGURA QUE O PLAN ESTRATÉXICO DA ECONOMÍA GALEGA DARÁ UN IMPULSO AO CRECEMENTO E Á GARANTÍA DA IGUALDADE E O BENESTARSantiago, 9 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe porque o Plan Estratéxico da Economía Galega 2015-2020, que esta semana se debaterá para a súa aprobación no Pleno do Parlamento, dea “un impulso aproveitando a saída da recesión, tanto ao que é a posibilidade de vivir cun salario estable e digno en Galicia, como aumentando o crecemento ao longo do tempo sen esquecerse da importancia de contribuír a que a nosa sociedade dispoña de servizos públicos básicos que garantan a igualdade e o benestar”. Pedro Puy considerou o Plan Estratéxico como un documento “relevante e útil, porque establece unha diagnose da situación económica de Galicia e fixa as actuacións de futuro, que poderán ser levadas a cabo sexa quen sexa o que teña a obriga de executalo”. RETOS E PRIORIDADES En concreto, o portavoz popular indicou que o Plan Estratéxico realiza “unha análise sobre os retos e as prioridades que é fundamental levar adiante no período 2015-2020…
PEDRO PUY CONTRAPÓN A “IMAXE DE UNIDADE, ACORDO E COMPROMISO” AMOSADO POLO PPDEG NO CONGRESO COAS “DISPUTAS E TRIFULCAS INTERNAS” DOUTRAS FORMACIÓNS POLÍTICAS ·    Respecto do novo secretario xeral, Miguel Tellado, indicou que “se trata dunha persoa coa que estamos encantados de traballar” e amosouse seguro de que “vai ser capaz de cumprir coas funcións que se lle encomendaron” ·    Puy salientou a renovación levada a cabo na Xunta Directiva do PPdeG, que afecta a case a metade dos membros, cunha maior presenza de mozas e mozos, e máis mulleres Santiago, 9 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, contrapuxo hoxe a “imaxe de unidade, acordo e compromiso” amosada polo Partido Popular de Galicia no Congreso celebrado esta fin de semana en Ourense coas “disputas e trifulcas internas existentes noutras formacións políticas de ámbito galego que van competir con nós por ser os partidos maioritarios”. “O PPdeG está traballando para ofertar un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia, cunha ampla coincidencia en que este proxecto ten que seguir adiante e estar encabezado por Feijóo”, apuntou.Pedro Puy amosou a “satisfacción” do Grupo Parlamentario Popular polo desenvolvemento do Congreso Rexional do PPdeG, “no que…
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016.- O novo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, revelou como o presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, lle transladou o ofrecemento de substituír a Alfonso Rueda como número dous do partido: "Recibo unha chamada do presidente pasadas as doce da noite, recibín a encomenda e o que lle dixen foi 'ás túas ordes'".  Así o contou esta mañá nas súas primeiras entrevistas concedidas á Radio Galega e á Televisión de Galicia, onde aproveitou para apuntar como logo de darlle a nova, o presidente lembroulle que tiña dous retos: as eleccións xerais de xuño e preparar unha campaña electoral para as eleccións autonómicas do outono. Tras recoñecer tamén que foi unha auténtica sorpresa e que non agardaba ser o elixido, asegurou que é unha honra e un orgullo que o presidente pensara nel para substituír a Rueda, ao que consideraba insubstituíble e que deixou o listón moi alto. Segundo dixo, asume o cargo con ilusión e responsabilidade: “é un reto porque somos o primeiro de Galicia, a maioría dos galegos confían en nós para xestionar o seu futuro e temos 100.000 afiliados. Agardo estar a altura da confianza do presidente e de todos…
Na clausura do Congreso autonómico do PPdeG Feijóo converte a honra de presidir o PPdeG no compromiso de non deixar de traballar “nin un minuto” por unha Galicia orgullosa de si mesma, do que fai e que ten o seu futuro só nas mans dos galegos § Indica que renovou o partido e renova o seu compromiso porque cómpre estar preparados para o que queda por diante: renovar Galicia § Dá a súa palabra de que “hoxe, coma sempre, traballarei ao máximo e pelexarei con todas as miñas forzas por Galicia”. “Imos traballar todos xuntos co obxectivo de dalo todo”, garante Ourense, 8 de maio, 2016.- O presidente electo do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que vai converter a honra de volver a liderar o partido na obriga e no compromiso de non deixar de traballar “nin un minuto” por unha Galicia orgullosa do que é, do que sente e do que fai, e que ten o seu futuro só nas mans dos galegos. O líder do PPdeG agradeceu a confianza depositada nel por parte dos militantes e asegurou que sabe o que supón a responsabilidade de presidir o partido; de dar a cara polos 100.000 afiliados e ser…
Apunta que o partido está preparado para as xerais e as autonómicas, para as que traballarán para ter o mellor resultado Rueda, a Feijóo: “Ter sido o teu secretario xeral é unha honra que non esquecerei” · “Alégrome de que teñamos ao mellor presidente e ao mellor candidato. É unha sorte que poidamos coller en outubro unha papeleta co nome de Alberto Núñez Feijóo” di · Asegura que a elección de Tellado para sucedelo é un acerto xa que coñece o partido e sabe apreciar o traballo do que os defenden e dan a cara polas siglas do PP Ourense, 8 de maio de 2016.- O xa ex secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, pronunciou hoxe o Informe de xestión da Executiva saínte, no seu último discurso antes de dar o relevo a Miguel Tellado como novo número dous do partido. Rueda recordou cando Feijóo o invitou a comezar unha aventura que duraría dez anos e como aceptou porque percibiu nese momento que estaba diante de alguén disposto a ser valente, que sabía que era o momento de Galicia e dos galegos. “Iso é o que me convenceu de Alberto, e sigo vendo o mesmo”. Así mesmo, recoñeceu a dureza…
Ourense, 7 de maio de 2016.- O PPdeG impulsará un proxecto político para Galicia renovado, coherente, realista e realizable para mellorar a calidade de vida dos galegos, abranguendo a todos os ámbitos de xestión, todos os colectivos e todos os territorios sen ningún tipo de exclusión. Segundo recolle o manifesto “A Galicia do futuro: o camiño por percorrer”, os populares teñen agora a obriga de configurar un proxecto de futuro para o conxunto da cidadanía, que sexa inclusivo e que permita acadar un novo horizonte de oportunidades e de esperanza. Pero esa realidade debe ir acompañada de iniciativas e ideas renovadas, acordes cos novos desafíos que Galicia deberá afrontar no horizonte de 2020.  Así mesmo, fronte ás propostas excluintes, de curto percorrido, ou de escaso espírito democrático, o PPdeG reitera a súa aposta de sempre polo galeguismo integrador e universal, que permitiu situar a Galicia entre as rexións con maior autonomía de Europa, un galeguismo que tamén enxalza e se enorgullece dos sinais de identidade que nos diferencian como pobo ao tempo que nos sentimos españois e europeos. CRECEMENTO SOSTIDO ORIENTADO ÁS PERSOAS Unha vez superadas as peores dificultades, é o momento de afrontar a recuperación económica co obxectivo de…
Os populares presentan “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido”, un balance do traballo realizado dende que entraron no Goberno galego en 2009 Solvencia, estabilidade e blindaxe dos servizos públicos, eixos de actuación do PPdeG dende a Xunta de Galicia · Os últimos datos dispoñibles din que o paro rexistrado no último ano reduciuse en máis de 20.000 persoas, cun PIB que medra ao 3,2% e a un ritmo case inédito · Dende o 2016, estaremos entre as CCAA coa tributación máis baixa no IRPF e no Imposto sobre Sucesións Ourense, 7 de maio de 2016.- O PPdeG foi quen de garantir coa súa xestión a solvencia e a estabilidade para Galicia blindando os servizos públicos esenciais e consolidando o crecemento. Así se pode comprobar no manifesto “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido”, que os populares presentaron hoxe para facer balance sobre a situación actual e sobre todo o traballo realizado dende que o partido chegou á Xunta en 2009. A blindaxe e o avance do gasto social teñen sido a folla de ruta do Goberno do PPdeG co obxectivo de por en marcha os mecanismos necesarios para saír da peor crise económica dos últimos anos e sen que…
Ourense, 7 de maio de 2016.-. Alberto Núñez Feijóo pediu hoxe o voto para a súa candidatura á Presidencia do PPdeG coa “ilusión do primeiro día” e o compromiso do máximo esforzo e implicación por unha Galicia aberta e renovada onde teñen sitio todos os galegos. Compromiso que, como indicou, agarda tamén por parte da militancia, “porque –incidiu- vos necesito”. “Dou a cara e pido o voto dos militantes do PPdeG porque me sinto lexitimado para pedir o voto de todos os galegos”, aseguraba o dirixente popular no marco do Congreso autonómico dos populares galegos, onde destacou que se sentía igual de agradecido e ilusionado que hai dez anos, cando iniciou a súa etapa como presidente da formación. Con respecto a isto, Feijóo sinalou que a principal diferenza entre a primeira vez que presentou a súa candidatura á Presidencia do partido e a actual é a fe que ten en que os populares van a lograr o que se propoñen: “Convencido, en definitiva, de que, por moi difícil que pareza, por terceira vez consecutiva imos volver gobernar Galicia, cos votos libres e democráticos dos galegos”.  Baixo a súa opinión, no PPdeG hai futuro, como así o demostra a nova xeración…
Di ser un reto relevar a Alfonso Rueda e fíxase como obxectivo gañar e gobernar tralas vindeiras eleccións xerais e autonómicas Tellado, abrumado pola confianza de Feijóo: “Serei un servidor máis do partido” Ourense, 7 de maio de 2016.- O voceiro do PPdeG e futuro secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo estar abrumado pola confianza depositada nel por parte do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e dixo marcarse como desafío as vindeiras eleccións xerais e autonómicas. “O reto é gañar e gobernar”, di. Destaca a dificultade de relevar a Alfonso Rueda, que deixa o listón moi alto, e apunta que será “un servidor máis do partido”. Ademais, aposta por traballar coordinadamente coas estruturas provinciais e traballaremos “como un equipo”. “Agardo non defraudar e estar á altura das responsabilidades asinadas”, dixo Tellado, quen apuntou que foi na noite de onte cando Alberto Núñez Feijóo trasladoulle a súa designación-.

Síguenos nas redes sociais