Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O comité de campaña de cara ás Xerais inicia o seu traballo o vindeiro venres para marcar os obxectivos da formación e o camiño para acadalos   O PPdeG comeza a preparar a súa estratexia electoral de cara ao 26X coa mirada posta en desenmascarar a xestión das mareas   • Os alcaldes e voceiros populares dos municipios de máis de 30.000 habitantes, mellores coñecedores da xestión da marca branca de Podemos, están chamados a ser asesores do partido para elaborar a estratexia electoral    Santiago de Compostela, 17 de maio de 2016.- O Partido Popular de Galicia comeza os seus traballos de preparación da estratexia electoral de cara ao vindeiro 26 de xuño coa mirada posta en desenmascarar a xestión das mareas. A axenda de traballo do partido para o que resta de semana arranca mañá cunha reunión do secretario xeral, Miguel Tellado, con alcaldes e voceiros de concellos de máis de 30.000 habitantes e continuará o vindeiro venres coa primeira reunión do comité de campaña.   No tocante á reunión con alcaldes e voceiros, Tellado escolleu reunirse con eles porque representan aos concellos que a día de hoxe coñecen mellor a xestión das mareas. Por tanto son eles…
Preside o primeiro Comité Executivo tralo Congreso autonómico, formado por un equipo cuxa taxa de renovación é do 70%   Feijóo di que fronte a un PPdeG galeguista, reformista e renovado só están os partidos que non fixeron nada nin por Galicia nin por España   • Indica que os partidos non só deberían pedir o voto nas eleccións xerais senón tamén perdón por seren incapaces de dar coa solución política que pediron os españois nas urnas   • Asegura que a nosa comunidade quere uns políticos que falen dos galegos e recorda que aquí seguimos gobernando con estabilidade e tomando decisións de transcendencia   Santiago de Compostela, 16 de maio de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que fronte a un PPdeG galeguista, reformista e renovado, só podemos atopar ao o resto de partidos que non fixeron absolutamente nada nin por Galicia nin por España nos últimos meses.   Na primeira reunión do Comité Executivo do partido trala celebración do seu XVI Congreso autonómico, o mandatario referiuse ao PSOE, a Podemos e a Ciudadanos, que excluíron ao PP e decidiron que ían tomar as riendas do futuro de España. Nese sentido, apuntou que o que…
  Tellado di que os pactos coas Mareas e a radicalidade do PSOE afastaron a militantes históricos socialistas do seu propio partido   • Indica que os populares non queren para Galicia a inestabilidade que as Mareas e os socialistas teñen levado a Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela   • Asegura que en España “ou goberna unha maioría estable, moderada e centrada, que só pode liderar o PP, ou o contrario sería darlle o Goberno e a Moncloa a Podemos”    Santiago de Compostela, 15 de maio de 2016.- “Non hai unha alternativa ao PPdeG é, se a hai, sería catastrófica, cun Xosé Manuel Beiras presidente da Xunta de Galicia, cun José Luis Méndez Romeu vicepresidente e, outra vez, cun BNG confrontando coa política lingüística do noso país”. Así se expresaba o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, nunha entrevista en RNE onde tamén dixo que o reto é mobilizar ao partido para gañar as dúas citas electorais dos próximos seis meses.   Segundo o dirixente, o PSOE ten renunciado á súa posición de segunda forza política, practicando un entreguismo ao partido de Beiras. “Vemos unha desnaturalización do proxecto socialista, teñen perdido a súa seña identidade e convertéronse…
Monforte, 14 de maio de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu hoxe aos mozos galegos que non consintan que Pablo Iglesias pense por eles e que se rebelen contra os que colocan etiquetas á xuventude. “Hai rapaces de esquerdas, por suposto; pero non imos consentir que Podemos e as Mareas debuxen una mocidade monocolor”, apunta.   Tellado lembra que as maiorías do PPdeG tamén estiveron sustentados no apoio daqueles que non consentiron que ninguén vinculara o seu voto á súa data de nacemento. “Os mozos galegos sabedes pensar por vós mesmos, que ninguén o faga por vós”, di.   O secretario xeral dos populares, que asistiu ao Congreso de NNXX na provincia de Lugo, pediu aos asistentes que foran a “conciencia crítica do partido” e que axuden cada día a ser un mellor PPdeG. “Non debemos conformarnos con ser mellores na comparación con outras formacións; temos que comparar cada día o partido que somos co partido que queremos ser; y así, seguir a mellorar”, apuntou.   Tellado cre que non haberá máis oportunidades para os mozos galegos se Beiras e os seus se fan co poder en Galicia. “Non vos foi ben no bipartito e non vos…
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou hoxe que a nova Executiva do partido non ten reto máis importante por atender que “gañar os dous procesos electorais que terán lugar en verán, as xerais, e en outono, as autonómicas”. O novo número dous dos populares galegos dixo que nestes cinco meses traballarán para protexer aos galegos daqueles que nada saben de gobernar e pouco entenden do que é Galicia.   Tellado avanzou que co traballo de todos “nin Podemos pisará o Palacio da Moncloa nin Galicia porá os case 9.000 millóns de euros dos seus orzamentos en mans de Beiras e das Mareas”.    O dirixente popular reuniu en Santiago aos novos vicesecretarios e coordinadores do PPdeG, elixidos no Congreso que tivo lugar o pasado fin de semana na cidade Ourense. Na xuntanza, Tellado dixo que o PPdeG era un partido de equipos e apostou por ir definindo estratexias cara aos dous próximos procesos electorais.   En todo caso, admitiu que os populares están nunha situación privilexiada. “Non só somos os únicos, xunto ao BNG, que temos elixido ao noso candidato. Ademais, con Alberto Núñez Feijóo somos os que mellor cabeza…
Santiago, 12 de maio de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta destinará, aproximadamente, un terzo dos recursos do superávit de responsabilidade en garantir un mellor futuro dos nenos e da mocidade galega. “O noso futuro son os nenos galegos e é a mocidade; son mellores condicións para a sanidade pública e máis axudas para as familias e as persoas que máis o precisan; e son maiores facilidades para o emprendemento e a dinamización económica, e máis investimentos produtivos que sexan rendibles hoxe e mañá”, aseverou. Na rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou deste xeito que o Goberno galego xa está a traballar, coa máxima dilixencia posible, para poder poñer a disposición de Galicia o superávit do que dispón a comunidade; “un superávit –recalcou- que logramos con responsabilidade e que agora tamén imos reinvestir con responsabilidade”. Nesta liña, e logo de precisar que nas próximas semanas irase debullando con maior profusión as decisións, as medidas e os programas que permitan cumprir con estas prioridades, referiuse, nun primeiro termo, ao paquete de medidas que se porán en marcha no eido da infancia e da mocidade. No tocante á infancia, o mandatario afirmou que,…
Santiago, 12 de maio de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación do proxecto de modificación da Lei da área metropolitana de Vigo, un instrumento que, segundo afirmou beneficiará aos cidadáns de Vigo e da súa área con máis e mellores servizos, con aforro de custes, con maior facilidade para acceder a programas e axudas, e coa posibilidade de facer unha planificación global do territorio e de asumir novas competencias doutras administracións. Feijóo afirmou que ademais de ofrecer potencialidades para prestar máis e mellores servizos aos cidadáns, esta nova lei coloca a Vigo e a súa comarca á cabeza da cooperación intermunicipal en Galicia; “e que se configura como unha ferramenta útil para desenvolver de forma harmónica os 14 concellos, encabezados por Vigo, que conforman unha área dunha enorme importancia económica e, sen dúbida, dunha enorme importancia poboacional”. Trátase dunha lei que xorde do consenso dos 14 concellos, “froito dun laborioso traballo por parte da Vicepresidencia do Goberno” e que “foi tramitada en tempo récord, cumprindo co noso compromiso e actuando con enorme responsabilidade”, explicou. Así mesmo, precisou que a súa entrada en vigor está condicionada a que o Concello de Vigo cumpra tamén a…
Estrasburgo, 10 de mayo de 2016.- En un debate que tuvo lugar en Estrasburgo en el Pleno del Parlamento Europeo, el eurodiputado popular, Francisco Millán Mon, destacó la importancia vital que supone para la flota europea la conclusión de acuerdos pesqueros con terceros países y animó a la Comisión Europea a seguir en esta línea de alcanzar acuerdos que permitan pescar en aguas de otros países. Millán Mon se refirió en primer lugar al acuerdo con Liberia, objeto del debate, y destacó que el atún es la principal especie objetivo. Respecto al acuerdo con Mauritania, uno de los más importantes que la Unión Europea tiene con terceros países y que fue también fue debatido ayer, el eurodiputado gallego lamentó una vez más la exclusión de la flota cefalopodera. Además, expresó su deseo de que "los estudios científicos sobre el estado de los stocks de ciertas especies demersales estén listos para la próxima reunión de la Comisión Mixta que se celebrará a finales de mayo y que, en función de sus resultados, puedan concederse posibilidades de pesca para la flota arrastrera congeladora europea, tal y como se prevé en el protocolo". Por otra parte, en otro debate celebrado ayer sobre "la…
PEDRO PUY ASEGURA QUE O PLAN ESTRATÉXICO “BLINDA O GASTO SOCIAL SEN SUBIR IMPOSTOS, INICIA A SENDA DE CRECEMENTO E REDUCIÓN DA DÉBEDA, E MANTÉN A SOLVENCIA DE GALICIA” ·    “É un dos instrumentos de control da acción pública máis interesantes dos que se dispoñen nun estado moderno”, asegurou Santiago, 10 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Parlamento que o Plan Estratéxico para a economía galega 2015-2020 “blinda o gasto social sen subir os impostos, inicia unha senda de crecemento e redución do endebedamento, e mantén a solvencia da comunidade galega”. Puy destacou que o proceso de elaboración deste documento “foi o máis participativo que houbo en Galicia”, e recolle aportacións tanto da sociedade civil, os concellos, as universidades, os axentes sociais e dos grupos parlamentarios a través das propostas de resolución que se debaterán na sesión plenaria de mañá. Pedro Puy explicou que o Plan Estratéxico “pretende mobilizar os recursos de forma non conxuntural, senón ao longo prazo, inxerindo á economía galega eficazmente no que é a Unión Europea e unha economía que tende á globalización, evitando a dispersión de esforzos”. CERTIDUME AOS AXENTES ECONÓMICOS “Estamos cunha planificación que serve para…

Síguenos nas redes sociais