Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego aprobou esta mañá este texto lexislativo GALICIA, PRIMEIRA COMUNIDADE ESPAÑOLA EN CONTAR CUNHA LEI DE ECONOMÍA SOCIAL·    “Falamos de entidades que proporcionan empregos estables e de calidade, asegura a vinculación e permanencia no territorio e teñen demostrado ser máis resistentes á crise que as empresas baseadas na propiedade do capital”, asegurou Maite Cancelo Santiago, 26 de abril de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de Economía Social, que sitúa a Galicia como a primeira comunidade autónoma en contar cunha normativa nesta materia. “Falamos de entidades que proporcionan empregos estables e de calidade, asegura a vinculación e permanencia no territorio e teñen demostrado ser máis resistentes á crise que as empresas baseadas na propiedade do capital”, asegurou a deputada do Grupo Popular Maite Cancelo. Na súa intervención, Cancelo sinalou que se trata dunha lei que incorpora importantes novidades, como a ampliación de entidades no catálogo (as comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común); a incorporación no Consello de Economía Social de representantes de entidades que xa traballan na promoción das mesmas, como a Fegamp ou as universidades; inclúe a economía social nos plans de estudos regrados; fai que estas entidades poidan opinar sobre as…
O PARLAMENTO APROBA A LEI DO PATRIMONIO CULTURAL, EIXO FUNDAMENTAL DA POLÍTICA DE CONSERVACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E POSTA EN VALOR DOS BENS CULTURAIS GALEGOS ·    A nova lei recoñece o Camiño de Inverno e, logo dunha transacción do Grupo Popular co Grupo Socialista, a Ruta polo Mar de Arousa e o río Ulla ·    O portavoz de Cultura sinalou que a nova normativa supón “unha simplificación a nivel lexislativo, administrativo e de organización” Santiago, 26 de abril de 2016.- O Parlamento galego aprobou esta mañá a nova Lei do Patrimonio Cultural, que se constitúe no eixo fundamental de toda a política de conservación, sensibilización e posta en valor dos bens culturais galegos. “Alumea un novo marco lexislativo que da resposta aos problemas actuais do patrimonio, protexe un maior número de elementos, establece un maior nivel de seguridade e asegura a difusión da importancia cultural do patrimonio”, afirmou o portavoz de Cultura do Grupo Popular, Agustín Baamonde. O portavoz popular lembrou que a nova Lei do patrimonio cultural supón “unha simplificación a nivel lexislativo, administrativo e de organización, coa incorporación de melloras normativas e lexislativas, así como de instrumentos de planificación para axilizar a xestión, dar mellor seguridade ás persoas e ao…
Asegura que “non é unha reválida, que implica que un alumno que non a aproba non pasa de curso; senón que é unha proba xeral para detectar o nivel que o sistema aporta aos alumnos” PUY  SINALA QUE “OS PAIS SE EQUIVOCAN SE PENSAN QUE A PROBA DE AVALIACIÓN DO SISTEMA EDUCATIVO É PARA VALORAR AOS SEUS FILLOS E NON A CALIDADE DO SISTEMA” ·    O portavoz popular cualificou de “mantra” da oposición afirmar que os recortes afectan á calidade do servizo público, cando a Consellería vén de convocar a cobertura de máis de 1.100 prazas no ensino galego Santiago, 25 de abril de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe que “os pais se equivocan se pensan que a proba de avaliación do sistema educativo galego, que este ano se realizará aos alumnos de 3º e 6º de primaria, é unha proba aos seus fillos e non unha avaliación da calidade do sistema que educa aos menores”. Puy explicou que esta proba “non é unha reválida, que implica que un alumno que non a aproba non supera o curso; senón que se trata dunha avaliación do sistema educativo galego, a través dunhas probas xerais para detectar…
PEDRO PUY DEMANDA Á OPOSICIÓN “RIGOR E SERIEDADE” Á HORA DE FALAR SOBRE O TRATAMENTO DADO AOS ENFERMOS DE HEPATITE C ·    “É a primeira vez que se están utilizando algunhas desgraciadas mortes que se producen por causa dunha enfermidade grave para cuestionar non só o posible fallo no sistema sanitario, senón ás políticas que a Xunta puxo enriba da mesa”, sinalou ·    O Grupo Popular defenderá no Pleno o impulso dun plan estratéxico da conserva e o establecemento dun plan galego de atención ao enfermos por causa dun ictus Santiago, 25 de abril de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou aos grupos da oposición “rigor e seriedade” á hora de falar sobre o tratamento dado aos enfermos de hepatite C en Galicia, polo que avogou porque o debate parlamentario “transcorra no sentido de que o Goberno dea as explicacións oportunas e a oposición formule as súas dúbidas como estime conveniente pero nunca denigrando o sistema galego de saúde”. Pedro Puy lembrou que “estamos a falar dunha enfermidade mortal, da que nos últimos tempos houbo a posibilidade de mellorar e erradicar o virus coa entrada nos mercados sanitarios de fármacos que permiten esta sanación”. “A Xunta ten…
Ironiza co feito de que a cúpula de Podemos busque candidatos en Galicia e despois se esforce en vender que é a militancia a que decide Miguel Tellado, sobre o adianto electoral: “A oposición está nunha situación delicada pero nada fai indicar que en outubro estará mellor” • Pide a Abel Caballero que dea o paso e sexa o cabeza de cartel nas autonómicas, e lémbralle que da nefasta xestión das Mareas que con acerto critica é cómplice o seu partido • Di que se un bipartito foi malo para Galicia un tripartito sería calamitoso e engade que o PSOE quixo imitar a Beiras e quedou como unha mala copia de Podemos Santiago de Compostela, 24 de abril de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou hoxe que Galicia merece ter un escenario electoral propio e o que compre é esgotar a Lexislatura. “Polo tanto, o normal sería que as eleccións se celebren no entorno do mes de outubro”. Nunha entrevista na Radio Galega, cuestionado acerca de se un adianto tería vantaxes partidistas para o PPdeG, Tellado dixo que “a oposición está nunha situación delicada pero nada nos fai pensar que en outubro non poidan estar peor. Nestes meses poden seguir…
O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, dotado con 7M€, impulsará medidas no ámbito da alfabetización e da capacitación dixital e da innovación social dixital e participativa O vicepresidente da Xunta afirma que o acordo aprobado hoxe polo Consello pretende seguir mellorando as cifras de acceso a internet e seguir potenciando todas as posibilidades que ofrecen a Galicia as novas tecnoloxías Asegura que, no eido da alfabetización dixital, o plan busca dotar a cidadanía de coñecementos dixitais básicos Di que, no ámbito da capacitación dixital, o obxectivo do plan será apoiar a madurez dixital daqueles cidadáns que xa tiveron contacto coas TIC En canto á innovación social dixital e participativa, subliña que se promoverá o potencial das TIC como motor da mellora da sociedade Avanza que se tecerá unha rede de alianzas dixitais coas entidades locais e a Fegamp, os colexios profesionais, as universidades, empresas, entidades do terceiro sector e os voluntarios dixitais para impulsar estas medidas Trátase de darlle un novo impulso a unha rede que servirá para que Xunta, concellos e cidadáns avancen conxuntamente nun obxectivo fundamental: seguir achegando as novas tecnoloxías aos galegos e seguir impulsando a utilización responsable das novas oportunidades para aqueles que xa…
O vicepresidente do Goberno galego afirma que este investimento parte da visión do medio rural como un todo, no que cómpre potenciar tanto as explotacións agrícolas e gandeiras como as empresas agroindustriais Rueda avanza unha nova achega de máis de 33 millóns de euros para impulsar os produtos agrarios de calidade Explica que con esta achega activaranse liñas de axudas orientadas a investir en transformar e comercializar produtos agrarios; promover o sector vitivinícola noutros mercados; cubrir os gastos de funcionamento de 24 Consellos Reguladores; e axudar á incorporación dos agricultores a réximes de calidade Apoiaranse tamén actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior; e financiaranse os programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias Subliña que o sector dos produtos de calidade factura máis de 300 millóns de euros ao ano e implica a máis de 30.000 explotacións e a 900 industrias   Santiago, 21 de abril de 2016.- O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, avanzou hoxe a aprobación no Consello da Xunta dunha nova achega de 33,2 millóns de euros para impulsar os produtos agrarios de calidade.   Durante a rolda de prensa, Rueda explicou que en total…
O vicepresidente da Xunta explica que este plan durará tres anos e contará cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros, co fin de completar a mellora das condicións dos xulgados galegos O Consello da Xunta dá luz verde ao novo Plan de eficiencia enerxética e obras menores dos edificios xudiciais de Galicia No tocante á eficiencia enerxética, sinala Rueda que o investimento achegarase aos 2,5 millóns de euros para levar a cabo actuacións de mellora da envolvente dos edificios, na instalación de sistemas de climatización eficientes e de mellora da iluminación das oficinas Asegura que esta medida vai permitir reducir o consumo enerxético, e mellorar as condicións laborais dos traballadores e o medio ambiente, ao substituír combustibles convencionais pola biomasa Canto ás obras menores, o vicepresidente da Xunta indica que contarán con máis dun millón de euros de investimento e está previsto levar a cabo 185 actuacións, das cales 57 terán lugar de xeito inmediato, neste mesmo ano 2016   Santiago, 21 de abril de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello deu luz verde ao novo Plan de Eficiencia Enerxética e Obras menores dos edificios xudiciais de Galicia, que durará tres…
Millán Mon presenta junto a Valeriano Martínez el Plan Estratégico de Galicia 2015-2020 al Vicepresidente del Parlamento Europeo • Destaca la “oportunidad única” que para Galicia supone la nueva orientación de los Fondos Europeos dedicados, entre otras cosas, al fomento de la economía del conocimiento • Manifiesta su compromiso de seguir trabajando desde la Eurocámara para orientar las políticas de la UE al fomento de la natalidad en Galicia Bruselas, 21 de abril de 2016.- El eurodiputado popular, Francisco Millán Mon, acompañó al conselleiro de Facenda de la Xunta de Galicia, Valeriano Martínez, en la presentación en Bruselas del Plan Estratégico de Galicia 2015-2020 al Vicepresidente del Parlamento Europeo, Ramón Luis Valcárcel.  Millán Mon afirmó que la nueva orientación de los Fondos Europeos, dedicados al fomento de la economía del conocimiento, el apoyo a las pequeñas y medianas empresas y el desarrollo sostenible, “brinda a Galicia una oportunidad única para poder acercarse a las economías más avanzadas que no podemos desperdiciar”.  En esta línea destacó la importancia de que sea precisamente esta comunidad “una de las primeras en aprobar un plan estratégico, perfectamente alineado con las políticas de la UE, que le permita planificar y centrar su esfuerzo y sus…

Síguenos nas redes sociais