Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

PEDRO PUY TRASLADA A “SATISFACCIÓN” DO GRUPO POPULAR POLA DECISIÓN DE FEIJÓO DE PRESENTAR A SÚA CANDIDATURA Á PRESIDENCIA DO PPDEG ·    Fixo referencia ao calendario previsto do Congreso do PPdeG e ao traballo no Parlamento para afirmar que “estamos traballando coa perspectiva de que as eleccións galegas sexan despois do verán, tendo sempre presente que a súa convocatoria é unha competencia específica do Presidente” Santiago, 4 de abril de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, trasladou hoxe a “satisfacción” de todos os deputados deste grupo parlamentario pola decisión de Alberto Núñez Feijóo de presentar a súa candidatura á Presidencia do Partido Popular de Galicia é, por conseguinte, á Xunta de Galicia. “Existe un amplo consenso neste grupo de que se adoptou a mellor decisión para o conxunto do PPdeG”, asegurou Puy, quen apuntou que servira para “incentivar e seguir traballando porque queda moito por facer nun país con máis de 230.000 desempregados pero que camiña na senda correcta dun traballo que Feijóo ten encabezado nos últimos anos e que o PPdeG vai seguir impulsando”. Pedro Puy manifestou que a convocatoria do Congreso extraordinario do Partido Popular de Galicia e a confirmación da candidatura do Feijóo para a…
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016.- O portavoz dos populares galegos, Miguel Tellado, asegura que Galicia continúa baixando o paro e amosando así os resultados e beneficios que trae consigo ter un Goberno serio e estable. Segundo o voceiro, a estabilidade política da nosa comunidade reflíctese tamén nos datos de desemprego e “mes a mes estamos comprobando que continuamos no camiño da recuperación económica”. Deste xeito puxo Tellado en valor que Galicia pechou o mes de marzo con 20.340 persoas desempregadas menos que hai un ano, o que supón unha baixada con respecto a marzo de 2015 dun 8,07%, a segunda maior baixada de toda a serie histórica, desde 1996. Ademais, en termos intermensuais, a comparativa con febreiro deste ano tamén diminúe nun 1,5%  -3.471 persoas-, encadeando catro anos consecutivos de baixada do paro nun mes de marzo. Así mesmo, a nosa comunidade segue a presentar un comportamento mellor que o do conxunto do Estado, tanto en termos interanuais como en relación co mes pasado, algo que para Tellado é unha mostra das consecuencias que trae consigo a falta de seguridade que hai nestes momentos con respecto ao futuro do Goberno do país. “Os principais indicadores económicos son…
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2016.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que Galicia é a súa decisión, a súa prioridade e a súa opción e que a nosa comunidade foi o principal factor que inclinou a balanza na súa determinación de presentarse outra vez a liderar o PPdeG. “Galicia será a dona do meu destino e a que decida que vai ser Alberto Núñez Feijóo nos próximos anos”, dicía o dirixente nunha entrevista concedida á Radio Galega esta mañá.  O mandatario popular subliñou que, ao ser presidente da nosa comunidade, decatouse da importancia de ter un pobo como o noso, que sabe que o resultado do sacrificio sempre é o éxito e viu que o camiño que fixeron os populares nos últimos anos non foi de balde, senón que nos leva agora a ser unha autonomía solvente, respectada en España, que non necesita do diñeiro dos demais para chegar a fin de mes e cuxa economía está crecendo. Así mesmo, Feijóo incidiu en que a súa posición política, dende que se presentou no 2006 a presidente do partido, é Galicia. Do mesmo xeito, recoñeceu que, pese a que seguir en política non é fácil…
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que volverá presentar a súa candidatura á Presidencia do partido porque “cando unha das opcións que da a vida é Galicia, non existen as outras”. “Estou na política porque creo nela, creo no meu partido, creo en xente como Mariano Rajoy e creo no servizo público, por iso, póñome a disposición do meu partido primeiro e, se os compañeiros así o queren, do conxunto dos galegos despois”, afirmou o mandatario. Ante a Xunta Directiva do PPdeG, que aprobou a convocatoria do XVI Congreso Autonómico, Feijóo trasladou que concorrerá a este coa mesma ilusión que cando o fixo por primeira vez hai dez anos, coa experiencia de todo este tempo e coa forza necesaria para dalo todo polo seu partido e por Galicia. “Porque creo que o noso proxecto é o que máis convén a Galicia e porque creo que Galicia está por riba de todo. E non son eu, senón que son as galegas e os galegos os que teñen que elixir”, manifestou. Así mesmo, o dirixente dixo que, despois de dez anos no PPdeG e sete na Xunta “podo mirar aos ollos a cada unha das persoas ás que me…
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016.- O voceiro dos populares galegos, Miguel Tellado, avanzou que a Xunta directiva do PPdeG aprobará mañá a data, os prazos, e os manifestos do XVI Congreso autonómico do partido. O portavoz explicou que as datas que proporá a actual dirección dos populares galegos para a celebración do conclave –e que posteriormente terá que ratificar a Xunta directiva- será o fin de semana do 7 e 8 de maio na cidade de Ourense. Así mesmo, a idea dos populares é elaborar dous manifestos titulados “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido” e “A Galicia de mañá: o camiño por percorrer”. Segundo apuntou o voceiro, o primeiro deles tería como ponentes a Ángeles Vázquez, Mari Teijeiro, Cristina Romero, Nidia Arévalo e Pedro Rojo; mentres o segundo tería como ponentes a María Ramallo, Edelmira Barreira, Teresa Egerique, Juan de Dios Ruano e Antonio Basanta. Ademais, estes dous documentos irían acompañados doutro informe presentado polo secretario xeral, Alfonso Rueda, que terá por título “O partido de hoxe, o partido de mañá”. “Trátase de que o Congreso serva non só para elixir un novo equipo de dirección, senón para renovar ideas e pasar revista á nosa xestión…

Síguenos nas redes sociais