Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016.- O voceiro dos populares galegos, Miguel Tellado, presentou esta mañá o lema do XVI Congreso autonómico do PPdeG: “Galicia no centro”. Segundo explicou o portavoz, “esta é a mensaxe que queremos transmitir, que para o PPdeG Galicia é o importante, o noso compromiso, o noso reto diario e, por iso, temos elixido este lema para o noso Congreso”.   Tras presidir unha nova reunión da Comisión Organizadora do Congreso -que terá lugar os días 7 e 8 de maio na cidade de Ourense-, Tellado subliñou que o lema da continuidade ao utilizado nos conclaves provinciais, celebrados o pasado marzo, e na Ponencia política presentada en outubro do ano pasado, que tivo por nome “As persoas no centro”.    Así mesmo, o voceiro comunicou que xa ratificaron a única candidatura presentada para este proceso, a de Alberto Núñez Feijóo, e que tamén acreditaron que cumpría con todos os requisito establecidos no regulamento do conclave. Nesta liña, destacou o éxito da campaña interna que o candidato está a realizar, reuníndose en distintas cidades e vilas de toda Galicia con afiliados do partido co obxectivo de mobilizalos.   Por outra banda, o portavoz anunciou a…
O PARLAMENTO GALEGO, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, AMOSA A SÚA OPOSICIÓN ANTE O VETO EUROPEO Á FLOTA DE ARRASTRE DE FONDO ·    O acordo pide tamén que a restrición se adapte á natureza e vulnerabilidade dos espazos obxecto de aproveitamento pesqueiro e que se avance no cartografado dos fondos mariños ·    Balseiro criticou que a oposición boicotee a posibilidade dun acordo unánime que reflicte as demandas da flota e censuran sobre todo a posición de AGE, favorable ás teses prohibicionistas e obsesionada en criminalizar a actividade da flota do arrastre Santiago, 20 de abril de 2016.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar, co único apoio do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que a Cámara galega amosa a súa oposición á pretensión da Unión Europea de vetar a actividade da flota de arrastre en profundidades superiores aos 800 metros. O acordo incorpora, ademais, que esta prohibición xenérica se substitúa por un modelo que se adapte á realidade e vulnerabilidade dos espazos obxecto de aproveitamento pesqueiro, tendo en conta ademais que sería absurdo prohibir o arrastre nuns caladoiros nos que operan tamén flotas extracomunitarias que si fan uso destas artes e, polo tanto, que provocaría…
PUY AFIRMA QUE AS PREGUNTAS AO PRESIDENTE E A COMPARECENCIA DO CONSELLEIRO NO PLENO DEMOSTRAN QUE A XUNTA “NON TEN NADA QUE OCULTAR” SOBRE  O TRATAMENTO DA HEPATITE C ·    Critica que a oposición utilice esta cuestión “para facer unha emenda á totalidade dunha política que primou a atención sanitaria, a educación e o resto do gasto social” ·    O Grupo Popular defenderá na sesión plenaria o desenvolvemento dun plan estratéxico para a conserva galega e un Plan galego de atención ao ictus Santiago, 19 de abril de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que as tres preguntas ao Presidente da Xunta e a comparecencia do conselleiro de Sanidade do Pleno da vindeira semana demostran que o Goberno galego “non ten nada que ocultar” sobre a situación dos pacientes sometidos a tratamento para a hepatite C. Puy afirmou que “se hai algo que non incidiu na aplicación deste tratamento aos enfermos son as cuestións orzamentarias” e considerou lamentable que “se intente vincular un escrito coa honorabilidade dunhas persoas e, desde un punto de vista político, que se utilice para facer unha emenda á totalidade dunha política que primou a atención sanitaria e a educación, así como…
PEDRO PUY AVANZA O DEBATE PARA A SÚA APROBACIÓN POLO PLENO DA VINDEIRA SEMANA DOS PROXECTOS DE LEI DO PATRIMONIO CULTURAL E DE ECONOMÍA SOCIAL ·    Destacou a especial atención aos mozos da nova lei de economía social, completando as liñas de axudas existentes Santiago, 18 de abril de 2016.- O Pleno do Parlamento da vindeira semana acollerá o debate para a súa aprobación dos proxectos de lei de patrimonio cultural de Galicia e de economía social de Galicia, segundo avanzou esta mañá o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy. Respecto do proxecto de Lei do patrimonio cultural, Puy sinalou que “anova, actualiza e unifica as vellas leis do Patrimonio cultural de 1995, de Protección dos Camiños de Santiago de 1996 e de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos Camiños de Santiago de 1991”. APORTACIÓNS Á NOVA LEI Así mesmo, salientou que esta nova lei conta coa participación de expertos e entidades representativas do sector, como a Academia de Belas Artes, o Colexio de Arquitectos e a Fiscalía especializada en delitos contra o patrimonio, así como o ditame do Consello da Cultura Galega. “A todo isto, sumouse na tramitación parlamentaria a incorporación ao texto lexislativo de 66…
PEDRO PUY AVANZA QUE A XUNTA “DARÁ AS EXPLICACIÓNS OPORTUNAS SOBRE A DENUNCIA DA FISCALÍA POLA ATENCIÓN A ENFERMOS CON HEPATITE C UNHA VEZ COÑEZA O SEU CONTIDO ·    Lembrou que a Xunta gastou 77 millóns de euros o pasado ano para cubrir todas as necesidades que os médicos demandaron ·    Criticou que “o uso demagóxico por parte da oposición dun problema de saúde e dunha enfermidade grave é das peores accións que se poden facer en política” Santiago, 18 de abril de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que o Goberno galego dará as explicacións oportunas sobre a denuncia da Fiscalía pola atención realizada a enfermos de hepatite C e salientou que “a Xunta fixo unha gran labor, provendo os medicamentos a todos os enfermos que o precisaban, mesmo antes de que se aplicara o pasado ano o Plan Nacional contra a hepatite C”. Pedro Puy afirmou que a Xunta “esta a seguir todos os protocolos que garanten a prescrición destes fármacos a enfermos de hepatite C”, polo que manifestou que “non hai motivo de alarma”. Neste sentido, subliñou que desde que se aprobou o pasado ano o protocolo nacional para atención a enfermos de…
Santiago, 15 de abril de 2016.- O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Diego Gago, presentou hoxe a campaña #SegueOTeuPleno, no que solicitarán aos grandes concellos a emisión online dos plenos municipais. Para isto, os presidentes/as de NN.XX. presentarán a petición por rexistro municipal e posteriormente trasladarán a proposta a través dunha moción ou rogo nos 11 dos 22 concellos de máis de 20.000 habitantes onde actualmente non se retransmiten os plenos en directo. Segundo Gago, “NN.XX. é consciente da exixencia e da necesidade por parte da cidadanía dunha maior transparencia no exercicio da actividade pública, polo que cremos que hoxe en día non hai xustificación económica nin técnica para non poder levalo a cabo”. O líder xuvenil considera que “concellos coma o de Santiago, Ferrol ou Vigo teñen un suspenso en materia de Transparencia”. “Chama especialmente a atención o caso de Vigo, que é a única cidade das vinte máis poboadas de España que non permite aos cidadáns poder observar por vía telemática o que se debate nos plenos, máis cando o seu alcalde, é o presidente da FEMP”, engadiu. Ademais, Gago recordou que o desembolso económico da emisión non é moi elevado, en referencia ao Concello de Ourense,…
 A deputada do Grupo Popular Maite Cancelo salientou que “Galicia será a primeira comunidade autónoma en contar cunha norma específica neste ámbito” APROBADO O DITAMEDO PROXECTO DE LEI DE ECONOMÍA SOCIAL, CO QUE QUEDA EN DISPOSICIÓN PARA O SEU DEBATE DEFINITIVO EN PLENO ·    Cumpre coa lexislación básica estatal e incorpora recomendacións de expertos na materia para o desenvolvemento deste sector na Comunidade galega, ao tempo que as entidades participarán no seu desenvolvemento a través do Consello de Economía Social Santiago, 15 de abril de 2016.- A Comisión 5ª do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de economía social de Galicia, co que este texto lexislativo queda en disposición para o seu debate definitivo en sesión plenaria. A deputada do Grupo Popular, Maite Cancelo, salientou que “Galicia será a primeira comunidade autónoma en contar cunha lei específica de economía social, que cumpre coa lexislación básica estatal e incorpora recomendacións de expertos na materia para o desenvolvemento deste sector na Comunidade galega”. Maite Cancelo salientou “o esforzo realizado polo Grupo Popular para tratar de acadar o máximo consenso na elaboración do texto definitivo desta lei, o que nos permitiu aceptar ou transaccionar 26 emendas dos grupos…
Santiago, 14 de abril de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do Bono Concilia, as axudas destinadas ás familias que tendo solicitado unha praza nas escolas infantís sostidas con fondos públicos, non a obteñan; así como a aquelas familias que residan nun concello onde non existen centros con prazas públicas. “E, co obxectivo último de lista de espera cero”, engadiu. O tdirixente precisou que o Bono Concilia conta cun orzamento que supera os 3,4 millóns de euros e permitirá ás familias contar cunha subvención para acudir a calquera escola infantil privada que escollan. “Con este orzamento estímase que se chegará ao redor de 2.400 familias con nenos de 0 a 3 anos, é dicir, ao dobre de pais que o viñan percibindo”, dixo, o que significa que o próximo curso se incrementan un 105% as axudas que se destinan a estes casos. Para ser beneficiarias, as persoas solicitantes deben ter un neno nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 e non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade. E seguirán tendo prioridade aqueles nenos que xa tiveran concedida a axuda no curso pasado, de xeito…
Santiago, 14 de abril de 2016.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe un investimento de 120 millóns de euros ata 2020 en infraestruturas educativas, que permitirá crear preto de 5.000 postos escolares nos nosos colexios, institutos e centros de FP públicos. Estes fondos, tal e como lembrou Feijóo, complementan aos máis de 18 millóns de euros que se destinaron ao Plan de mellora de infraestruturas en 2015. “A mellora do estado das contas públicas tamén ten o seu reflexo no eido da educación pública”, indicou o presidente. Deste xeito, mentres que durante os anos da recesión os esforzos da Xunta se centraron en mellorar a formación con iniciativas como o proxecto Abalar, os contratos programa ou o impulso á Formación Profesional; o Goberno autonómico aproveita a recuperación orzamentaria, froito dunhas contas saneadas, para mellorar as infraestruturas e os equipamentos dos centros educativos. O Plan de dotación de infraestruturas educativas comprende accións agrupadas en seis eixos. En primeiro lugar, adicamos máis de 38 millóns de euros a construír novos centros e ampliar os existentes, 18 actuacións en total. Feijóo citou como exemplos os novos CEIP de Mesoiro, Culleredo ou o Sagrado Corazón de Lugo, o novo IES…

Síguenos nas redes sociais