Santiago, 28 de abril de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega subliñou hoxe no Parlamento que o Servizo de Gardacostas de Galicia “é un servizo absolutamente público; xestionado, dirixido e coordinado pola Xunta de Galicia; e operado por unha empresa privada”.
Santiago, 27 de abril de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo acusou esta tarde aos grupos da oposición de querer “volver ao modelo de sanidade socialista insostible, inxusto e con data de caducidade”. “O primeiro que fixo o Goberno central do PP foi afrontar a situación simplificando estruturas, eliminando duplicidades e racionalizando o gasto, pero sempre preservando os recursos directamente destinados as persoas”, indicou.
Pontevedra, 27 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que a cidade de Pontevedra “merece algo máis ca ser o último bastión dun nacionalismo que está en total retroceso en toda Galicia, porque cada vez ofrece menos solucións aos problemas dos cidadáns”.
O PPdeG califica de “farsa” e “pucherazo” as primarias exprés dos socialistas galegos     Tellado ve curioso que se queira disfrazar de participativo un proceso que é xusto o contrario, porque as presas do PSdeG imposibilitan que haxa alternativas cun mínimo de garantías   Cre que esta falta de interese do PSOE por Galicia pode deberse a que se saiban como terceira forza nas vindeiras autonómicas e que sospeiten que o seu papel quede relegado de novo a oposición ou, se a aritmética electoral o permite, sustentando un goberno de perdedores cun candidato de Podemos á fronte da Xunta     Santiago, 30 de abril de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, calificou hoxe de “farsa” e “pucherazo” as primarias exprés dos socialistas galegos.   Para o dirixente popular é sorprendente que, despois de sete anos na oposición, o PSdeG conceda só 72 horas para buscar candidato á Presidencia da Xunta e un rival para Alberto Núñez Feijóo. Segundo indicou, isto vén a demostrar a improvisación e mesmo a desesperación dos socialistas.   Para Tellado, resulta curioso que se queira disfrazar de participativo un proceso que é xusto o contrario, porque as presas do PSdeG imposibilitan que haxa…
Santiago, 28 de abril de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a posta en marcha da Historia Social Única Electrónica permitirá dar as mellores respostas na atención, pero tamén predicir necesidades e desenvolver políticas de prevención.   Na rolda de prensa do Consello, Feijóo avanzou así a aprobación do Proxecto de Decreto, para a súa remisión a ditame do Consello Consultivo de Galicia, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á Historia Social Única Electrónica; un documento que permitirá aos profesionais do Sistema Galego de Servizos Sociais, independentemente de que pertenzan ao ámbito municipal ou autonómico, o acceso único ao expediente social dos usuarios en formato electrónico e homoxéneo para todas as administración públicas competentes en servizos sociais. Supón, dixo, o primeiro paso avanzar cara á unha atención totalmente personalizada e adaptada ás necesidades de cada persoa.   Froito dun intenso proceso de diálogo O mandatario subliñou que este proxecto é froito dun intenso proceso de diálogo cos colectivos directamente implicados. “Aportaron as súas observacións e suxerencias 15 entidades, 3 departamentos da Xunta e 4 de xeito individual a través da web da Consellería”, dixo, ao que engadiu que, froito dese traballo,…
Santiago, 28 de abril de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación da convocatoria de axudas que financiará a posta en marcha de casas niño no rural galego e contará cun importe de 19.600 euros ao ano por cada casa niño.   As que arranquen neste 2016 recibirán unha cantidade algo inferior, correspondente aos meses nos que estivesen funcionando efectivamente. Este servizo atenderá a nenos de entre tres meses e tres anos de idade nos concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia, unha situación na que se atopan 107 concellos.   “Poñemos en marcha as casas niño por primeira vez en Galicia, copiando a países como Alemaña, Suíza, Francia ou o Reino Unido, onde xa están funcionando”, dixo o presidente, logo de precisar que cada casa niño atenderá ata cinco cativos, con flexibilidade e seguindo as máis estritas normas de seguridade e calidade.   Cómpre salientar tamén que esta atención será gratuíta na modalidade diúrna e de luns a venres. Os pais poderán recorrer a ela un máximo de oito horas ao día nun horario flexible que…
Santiago, 28 de abril de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe na rolda de prensa do Consello que conxelar as taxas universitarias por cuarto ano consecutivo permitirá ás familias con fillos na universidade un aforro de 25 millóns de euros. Polo tanto, “Galicia é a comunidade coas taxas universitarias máis reducidas de España nos últimos anos e Galicia seguirá sendo a comunidade onde sexa máis fácil estudar nas universidades tamén no vindeiro curso 2016-2017”, asegurou.   Máis polo miúdo, precisou que, no caso dos graos universitarios, o prezo medio, por exemplo, das primeiras matrículas de grao –que representan preto dun 83% do total- mantense en 11,89 euros/crédito, o máis baixo de España fronte aos 33,52 euros de media doutras comunidades como Cataluña. “É dicir, o prezo medio das matrículas de grao é tres veces máis barato en Galicia que na media do resto das comunidades autónomas”, indicou o presidente. E no caso dos máster, os prezos son os máis baixos, cunha media de 26,49 euros fronte aos 65,87 euros/crédito de Cataluña ou os case 40 euros/crédito da media nacional. Por tanto, “máis ou menos, o grao é a metade máis barato en Galicia que no resto…
O Grupo Popular conseguiu o apoio do Grupo Socialista á iniciativa logo de aceptar a súa emenda O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA A POÑER EN MARCHA NO PRESENTE ANO UN PLAN GALEGO DE ATENCIÓN AO ICTUS ·    Esta iniciativa prevé ofrecer unha adecuada asistencia sanitaria coa máxima seguridade e no menor tempo posible a todas as persoas residentes en Galicia Santiago, 27 de abril de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que poña en marcha durante o presente ano un Plan galego de atención ao ictus que homoxeneice a atención nos casos dun accidente cerebrovascular (ACV) ofrecendo unha adecuada asistencia sanitaria coa máxima seguridade ás persoas que sofren ictus, no menor tempo posible e de xeito equitativo para toda a cidadanía galega, creando as unidades de ictus que se precisen. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou que o ictus “é un problema de saúde pública de primeira magnitude”, aínda que apuntou que se trata “dunha emerxencia médica tratable”. “Os extraordinarios avances acadados na coordinación das urxencias extrahospitalarias en Galicia, coa creación do servizo do 061 e…
O PARLAMENTO DE GALICIA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, INSTA Á XUNTA A DESENVOLVER O PLAN ESTRATÉXICO DA CONSERVA ·    As medidas buscan consolidar a posición de liderado no mercado de Galicia, comunidade que representa o 85 por cento do volume e valor de produción de toda España ·    Entre outras medidas, buscarase aumentar o valor engadido do produto en conserva, consolidar as estruturas empresariais existentes, potenciar o I+D+i e a estabilidade dun emprego maioritariamente feminino, fomentando a formación e as medidas de conciliación laboral e familiar Santiago, 27 de abril de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno galego a desenvolver o plan estratéxico do sector da conserva. O portavoz do Mar, José Manuel Balseiro, indicou que “impulsar novos apoios dirixidos a este sector permitirá consolidar a nosa posición de liderado no mercado, reforzando a implicación social e laboral que esta actividade ten en Galicia”. O plan estratéxico da conserva, deseñado polo Goberno galego en colaboración cos distintos axentes do sector, pretende ser unha ferramenta que actualiza e integra todas as posibles liñas de actuación e de axuda para o sector. Entre…

Síguenos nas redes sociais