Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA A SEGUIR TRABALLANDO NO PLAN DE ACOLLIDA DE REFUXIADOS E FAVORECER A SÚA INTEGRACIÓN ·    A iniciativa incorpora a solicitude para que no ámbito comunitario se defenda políticas construtivas e coordinadas fronte ás ameazas dos controis fronteirizos que se cernen sobre o espazo Schengen ·    Tamén rexeita calquera acordo que contemple expulsións colectivas de refuxiados, así como a necesidade da adopción dun acordo respectuoso coa legalidade internacional e os Dereitos Humanos Santiago, 30 de marzo de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o  Grupo Popular e o Grupo Mixto, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a seguir traballando na coordinación dentro do Plan de Acollida de todos os recursos dispoñibles tanto das administracións coma das ONGs e das familias galegas, co obxectivo de favorecer a efectiva integración das persoas solicitantes de protección internacional. Así mesmo, a iniciativa incorpora a solicitude para que no ámbito comunitario se defenda políticas construtivas e coordinadas fronte ás ameazas dos controis fronteirizos que se cernen sobre o espazo Schengen. Neste sentido, considérase que a introdución permanente de controis fronteirizos non pode ser a resposta as arelas dos cidadáns…
O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE OS CONCERTOS COA SANIDADE PRIVADA REDUCÍRONSE UN 8,9% DESDE 2009 FRONTE AO INCREMENTO NUN 45,49% NOS CATRO ANOS DO GOBERNO BIPARTITO ·    Rodríguez-Vispo criticou a demagoxia da oposición cando “nos acusan de que existan as listas de espera en Galicia, como si só as houbera nas comunidades gobernadas polo Partido Popular” Santiago, 29 de marzo de 2016.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe que os concertos coa sanidade privada en Galicia reducíronse desde o ano 2009 un 8,69 por cento, fronte ao incremento nun 45,49 por cento nos catro anos do Goberno bipartito. “Vostedes cando gobernan fan unhas cousas e cando están na oposición din outras, fronte ao Partido Popular que facemos o que dicimos e dicimos o que facemos”, sinalou. Rodríguez-Vispo fixo referencia ao informe Austeridad y privatización sanitaria en época de crise: ¿existen diferencias entre las comunidades autónomas?, elaborado por investigadores da Universidade do País Vasco, no que se pon de manifestou que Galicia reduciu nos últimos anos a contratación coa sanidade privada e elevou a ratio de camas públicas. DATOS DA OPOSICIÓN NON CONCORDAN COA REALIDADE “Parece que estes datos non concordan moito co que a oposición di do…
O PARLAMENTO APROBA A LEI DE ASISTENCIA XURÍDICA DA ADMINISTRACIÓN, A ÚLTIMA DAS CINCO NORMAS DO PROGRAMA DE IMPULSO DEMOCRÁTICO ANUNCIADO POR FEIJÓO ·    Julia Rodríguez Barreira apuntou que este programa permitiu “avanzar na transparencia, na eficiencia e na busca da excelencia no funcionamento das institucións públicas autonómicas” ·    O 75% do texto da nova lei conta coa conformidade de todos os grupos parlamentarios, ademais de ter incorporado ao texto definitivo un 30% das demandas da oposición Santiago, 29 de marzo de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe, sen ningún voto en contra, a Lei de ordenación da asistencia xurídica da Administración da Comunidade galega e do seu sector público, o último dos cinco textos lexislativos do programa de impulso democrático anunciado a principios do pasado ano polo Presidente da Xunta. A portavoz de Xustiza, Julia Rodríguez Barreira, manifestou que esta nova lei permitirá “aumentar a calidade e o control da actuación administrativa, previndo os casos de posibles malas prácticas e garantindo que tanto o goberno como a súa administración actuarán sometidos á legalidade e á defensa dos intereses da Comunidade galega”. Rodríguez Barreira indicou que o Plan de impulso democrático permitiu “avanzar na transparencia, na eficiencia e na busca…
MIGUEL TELLADO CONSIDERA “NECESARIA” A REFORMA DA LEI DE POLICÍAS LOCAIS E SALIENTA QUE CHEGA AO PARLAMENTO “CO CONSENSO DOS CONCELLOS E OS PROFESIONAIS” ·    O portavoz de Administracións Públicas explicou que esta “reforma garantista elimina discriminacións arbitrarias e recoñece dereitos para o desenvolvemento da carreira profesional” Santiago, 29 de marzo de 2016.- O portavoz de Administracións Públicas do Grupo Popular, Miguel Tellado, considerou necesaria a modificación da Lei de policías locais de Galicia, cuxo proxecto de lei foi tomado en consideración esta mañá polo Pleno do Parlamento, porque “aporta seguridade xurídica aos concellos e  mellora o funcionamento das policías locais existentes en Galicia”. Así mesmo, Tellado subliñou que este texto lexislativo “chega ao Parlamento co consenso dos concellos e cos profesionais aos que vai dirixida”, polo que considerou “sorprendente” que AGE e o Grupo Mixto “pretendan poñerlle freo” coas súas emendas á totalidade. Miguel Tellado manifestou que o proxecto de lei permitirá levar adiante unha reforma garantista da Lei de policías locais de Galicia aprobada polo Goberno  bipartito en 2007, eliminando discriminacións arbitrarias e recoñecendo dereitos para o desenvolvemento da carreira profesional nas policías locais galegas. “Trátase dunha reforma fundamental que vai facilita aos concellos garantías para a cobertura…
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, pediu a AGE que respectara o proxecto industrial para o Aeródromo de Rozas, sinalando que os que fan do paro un negocio político non son os máis adecuados para orientar a política industrial da Xunta de Galicia.   O portavoz dixo que AGE ten unha obsesión clara por ir en contra dos investimentos de empresas privadas en Galicia, e recordou o intento dese partido de bloquear a ampliación da planta PSA Peugeot-Citroën en Vigo, que posibilitaría a construción de furgonetas nesa factoría e unha enorme carga de emprego para a cidade.   Ademais, Tellado lembrou que AGE e os partidos dos que procede estiveron  en contra do acordo con Pemex e agora se opoñen tamén a inversión de 75 millóns de euros que situarán a Galicia como un  referente nacional e internacional na investigación no campo dos avións non tripulados.    “AGE está en contra de calquera proxecto que xere emprego e riqueza para Galicia, algo propio dun partido que se alimenta da desesperanza da xente e das persoas que están ao límite por non ter traballo”, engadiu.   Segundo o voceiro, atendendo as súas actuacións,…
PUY SALIENTA QUE O PLENO DEBATE MAÑÁ A APROBACIÓN DEFINITIVA DA LEI DE ASESORÍA XURÍDICA DA XUNTA, QUE CULMINA O PLAN DE IMPULSO DEMOCRÁTICO ANUNCIADO POR FEIJÓO ·    Este plan incorporou a Lei de transparencia e bo goberno, a reforma do Consello de Contas, a Lei de financiamento de partidos políticos e a lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá ·    O Pleno incorpora o debate de toma en consideración da modificación da Lei de policía local de Galicia Santiago, 28 de marzo de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o Pleno desta semana procederá ao debate para a aprobación do proxecto de Lei da asistencia xurídica da administración xeral da comunidade autónoma e do seu sector público, que culmina o plan de impulso democrático anunciado por Feijóo no mes de xaneiro do pasado ano no que tamén se incorporan outros catro proxectos lexislativos. Puy sinalou que a sesión plenaria que se celebra mañá e o mércores terá “un marcado carácter sanitario”, coa comparecencia do conselleiro de Sanidade a petición propia para explicar a estratexia SERGAS 2020, á que se sumarán tres mocións e tres proposicións non de lei relativas a cuestións sanitarias. No…
Santiago, 23 de marzo de 2016.- Alberto Núñez Feijóo subliñou hoxe tras o Consello da Xunta que a posta en marcha do novo Programa Reacciona, dotado con 9 millóns de euros, permitirá ás pemes galegas mellorar a súa competitividade e facilitar o seu crecemento. “Estamos a falar dun programa renovado e ampliado, que ten como obxectivo facilitar a reinvención da empresa, a mellora da súa competitividade e o crecemento da mesma”, aseverou. Nun primeiro termo, Feijóo explicou que este ano o programa se estrutura en tres convocatorias distintas: a terceira edición do Reacciona; a primeira edición do Reacciona TIC; e unha nova edición das Bolsas Reacciona. Todo elo co obxectivo de que os 9 millóns de euros de investimento que ten o programa permitan o desenvolvemento de 1.500 proxectos, que benefician a preto de 1.000 empresas. No tocante á terceira edición do Reacciona, o responsable autonómico precisou que está dotado con 5,5 millóns de euros e permitirá que 600 pemes se beneficien de 1.000 proxectos de mellora en ámbitos como o financeiro, de produción, comercial ou estratéxico. “Trátase de apoiar ás pequenas e medianas empresas na profesionalización dos seus equipos directivos como paso previo ao seu crecemento ou internacionalización”, engadiu. Así…
Alberto Núñez Feijóo fixo hoxe balance das actuacións de control que levou a cabo a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) no ano 2015. “Logrou máis ingresos, máis comprobacións e máis facilidades para que os cidadáns poidan cumprir coas súas obrigas”, subliñou.   Así, a Atriga conseguiu que aflorasen 150 millóns de débeda non declarada e que crecese un 20 por cento o importe obtido polo labor de inspección, que o ano pasado ascendeu a 39,3 millóns. Esta Axencia encárgase principalmente de recadar o imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITP-AXD) e o de sucesións e doazóns (ISD).   “Logramos máis ingresos porque, en termos homoxéneos, ingresamos un 14 por cento máis que en 2014 —explicou Feijóo—. Máis comprobacións porque revisamos case 265.000 autoliquidacións de impostos, un 2 por cento máis que en 2014, aínda que nese ano houbo un plan especial de control”. Isto supón que cada semana os traballadores da Atriga comproban máis de 5.000 autoliquidacións.   Ademais, o xefe do Executivo autonómico lembrou que a Axencia Tributaria galega concedeu máis facilidades aos cidadáns, pois o importe dos aprazamentos e fraccionamentos ascendeu a 24,5 millóns. Así, desde o pasado sábado, a cantidade pola que os contribuíntes poden…
Santiago, 23 de marzo de 2016.- Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe a convocatoria dun concurso de ideas para a nova Cidade de San Caetano, que integrará a estación de autobuses de Santiago no complexo administrativo de San Caetano. “Deste xeito garantimos o aproveitamento desta infraestrutura, propiedade da Xunta de Galicia, unha vez que se constrúa a nova intermodal onde está a actual estación ferroviaria”, indicou o presidente.   A estación está outorgada en concesión á empresa municipal de transportes, Tussa, pero Feijóo amosou o seu convencemento “de que chegaremos a un entendemento co Concello de Santiago para unha rescisión de mutuo acordo”. De feito, un protocolo asinado en outubro de 2009 entre o Goberno galego, o Ministerio de Fomento e o Concello de Santiago indicaba que, unha vez rematada a intermodal, a actual terminal sería devolta á Xunta para o uso administrativo.   “Os participantes neste concurso de ideas deberán propoñer xeitos de reformar, ampliar —se procede— e transformar a Estación de Autobuses nun edificio administrativo funcional”, dixo o presidente. A Cidade de San Caetano solucionará varios problemas: resolverá a demanda de aparcamento que se poida xerar, abrirá novos accesos para vehículos e peóns e permitiranos albergar unha gardería para…

Síguenos nas redes sociais