Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O presidente do PPdeG participa no congreso provincial do PP de Ourense, onde José Manuel Baltar volveu renovar a confianza do partido na provincia Feijóo sinala que o PPdeG traballa por ampliar a confianza maioritaria dos galegos con autocrítica, renovación e as persoas no centro  • Lembra que o PP ten que buscar sempre a vitoria dunha maioría ampla e estable que permita a gobernabilidade do país, ante as minorías que non aceptan a derrota e para as que o seu país é algo secundario • Sinala que nin a opinión de Pedro Sánchez, nin a de Albert Rivera, nin a de Pablo Iglesias vale máis que a dos 7,3 millóns de españois que lle deron a maioría ao PP Ourense, 5 de marzo de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que o PPdeG traballa por ampliar a confianza maioritaria dos galegos con autocrítica, renovación e coas persoas no centro.   Así se expresaba o dirixente popular na clausura do congreso provincial do PP de Ourense, onde aproveitou para felicitar a José Manuel Baltar e á súa candidatura pola vitoria acadada e pola honra que supón presidir un partido gañador, que está activo e en…
O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE O NOVO PLAN HIDROLÓXICO GALICIA-COSTA DESTINARÁ 655 MILLÓNS DE EUROS A SANEAMENTO E CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS AMBIENTAIS ·    O portavoz de Medio Ambiente asegurou que “os novos plans hidrolóxicos aprobados en xaneiro cumpren perfectamente a directiva europea, ao tempo que a propia Unión Europea leva un control exhaustivo deste cumprimento e avalía minuciosamente o respecto das súas normas” Santiago, 4 de marzo de 2016.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, salientou hoxe que o novo Plan Hidrolóxico para a demarcación Galicia-Costa destinará 655 millóns de euros á execución de novas infraestruturas de saneamento e ao cumprimento dos obxectivos medioambientais. “Os investimentos realizados permitiron acadar unha porcentaxe do 77,5 por cento de augas en bo estado en Galicia, sete puntos máis que hai seis anos”, indicou. Gonzalo Trenor asegurou que “os novos plans hidrolóxicos aprobados en xaneiro cumpren perfectamente a directiva europea, ao tempo que a propia Unión Europea leva un control exhaustivo deste cumprimento e avalía minuciosamente o respecto das súas normas”. ESFORZO MEDIO AMBIENTAL Neste sentido, Trenor apuntou que o Plan Hidrolóxico para a demarcación Galicia-Costa “supón un gran esforzo en canto a recursos, xa que se investiran 655 millóns…
MOISÉS BLANCO CUALIFICA DE “TOMADURA DE PELO PARA TODOS OS VALDEORRESES QUE AGE PIDA NO PARLAMENTO A PARALIZACIÓN INMEDIATA DA CONSTRUCIÓN DA A-76” ·    Cuestionou a AGE “con quen falaron para presentar esta iniciativa?” e acusounos de “sumarse ao carro das navalladas a Galicia que para os nacionalistas supuxo no seu momento a construción da AP-9 entre A Coruña e Santiago Santiago, 4 de marzo de 2016.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco cualificou hoxe de “tomadura de pelo para todos os veciños de Valdeorras que o grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) pida no Parlamento a paralización inmediata da construción da A-76, despois de máis de dez anos loitando para que esta infraestrutura sexa unha realidade”. Moisés Blanco expresou o seu “profundo malestar” pola presentación desta proposición non de lei por parte de AGE e demandou “un pouco de respecto para os veciños e veciñas de Valdeorras, respecto para a súa paciencia ao longo destes anos e respecto para o seu dereito a contar cunha infraestrutura de comunicación tan importante como a autovía A-76”. INACEPTABLE “Paréceme inaceptable que veñan agora pedindo a paralización desta obra, despois de dez anos de trámites e cando tanto partidos políticos,…
APROBADO EN COMISIÓN O DITAME DA PROPOSICIÓN DE LEI QUE SOLICITA A TRANSFERENCIA DA AP-9 Á XUNTA DE GALICIA ·    “Debemos enviar unha mensaxe clara de que os galegos queremos xestionar esta infraestrutura que vertebra e comunica o norte e o sur de Galicia e que ten contribuído e contribúe ao noso desenvolvemento”, apuntou Goldar Santiago, 4 de marzo de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe o ditame da proposición de Lei para remitir ao Congreso dos Deputados para a transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia. O deputado do Grupo Popular Jesús Goldar avogou porque “a unanimidade acadada na admisión a trámite se manteña no debate de totalidade que terá lugar en sesión plenaria para enviar unha clara mensaxe de que os galegos queremos xestionar esta infraestrutura que vertebra e comunica o norte e o sur de Galicia e que ten contribuído e contribúe notablemente ao desenvolvemento da Comunidade galega”. Jesús Goldar lembrou que “a Xunta ten unha política activa en relación coa autoestrada AP-9 de demanda continua ao Ministerio de Fomento dun mellor servizo nesta vía, así como na intención de asumir a súa explotación”. Neste sentido, lembrou que o Ministerio respondera no ano…
Santiago, 3 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 22 millóns de euros en 2016, o maior investimento nos últimos sete anos, para impulsar a concentración parcelaria. “Seguimos avanzando e, aproveitando a mellora da situación económica, hoxe aprobamos que en 2016 se faga o maior investimento dos últimos sete anos para impulsar a concentración parcelaria: 22 millóns de euros. Multiplicamos por tres o investimento dedicado a concentración parcelaria e pasamos dunha media de oito millóns anuais a 22 millóns en 2016”, dixo. Nun primeiro termo, Feijóo asegurou que con este investimento remataranse as 137 zonas activas e empezarase a traballar nas zonas prioritarias agro-grandeiras. “E os criterios de priorización –precisou- son as zonas con importancia hortícola, vinícola e forestal”. Así mesmo, explicou que as 137 zonas supón actuar en preto de 120.000 hectáreas, en case un millón de parcelas e beneficiar a 100.000 propietarios. Logo de precisar que dentro de catro anos estarán finalizadas administrativamente practicamente todas as concentracións parcelarias que se iniciaron en Galicia, o mandatario salientou que a orde de prioridade para decidir as actuacións será a seguinte: aquelas que favorezan o final de procesos de reestruturación parcelaria que…
Santiago, 3 de marzo de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación da licitación da xestión do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, que ata agora xestionaba Sogarisa, cun contrato que vence este ano e que agora se saca a concurso público entre todos os operadores de residuos que queiran participar. Como destacou Feijóo, co novo contrato, a Xunta seguirá a ser titular da instalación, terá o poder xeral de ordenación das normas de uso e conservación e tamén exercerá as facultades de supervisión, impulso e control da mesma. Sobre a nova adxudicación, o presidente do Goberno galego aclarou que non xerará ningún gasto para a Xunta, xa que a retribución do adxudicatario consistirá no importe recadado pola prestación de servizos. É máis, suporalle ingresos, xa que a adxudicataria deberá abonar ao Goberno galego un canon anticipado de 3,5 millóns de euros, outro canon anual fixo de 45.000 euros e outro variable segundo os beneficios. Ademais, destinarase o 5 por cento da facturación bruta anual das actividades de tratamento de residuos a dotar un Fondo Local para o Concello das Somozas, onde se sitúa a instalación. Segundo matizou Feijóo, á hora de adxudicar…
Santiago, 3 de marzo de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o inicio da tramitación do anteproxecto de Lei galega de protección e benestar dos animais de compañía, que equipara a nosa normativa ás doutras Comunidades e Estados europeos, implanta medidas no control do abandono dos animais e aposta pola educación da cidadanía no respecto e a protección aos animais. O mandatario destacou que un dos principais obxectivos desta nova Lei é loitar contra o maltrato animal, non só na súa na súa representación como violencia extrema, senón tamén noutras manifestacións, tales como someter ao animal a condicións hixiénicas e sanitarias cuestionables, ou o seu emprego en espectáculos prohibidos ou nos que non se garantan unhas condicións mínimas de benestar. As características da nova lei Nesa liña, o texto establece a prohibición expresa de determinadas mutilacións nos animais, coma o corte de orellas ou rabo, que se facía co fin de manter unha serie de características dun tipo de raza. Tamén se prohibe o emprego de calquera trebello destinado a impedir ou limitar a mobilidade dun animal que lle produza danos ou sufrimentos ou lle impida manter a súa posición normal e mesmo se prohibe…
Santiago, 3 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe a Axenda 20 para o emprego, o documento “que impulsará a calidade e a estabilidade do emprego en Galicia” e que está dotado con 900 millóns de euros, 180 millóns anuais ata 2020. A axenda contempla 20 medidas agrupadas en tres eixos prioritarios: a creación de emprego de calidade como elemento clave da competitividade, a formación e a capacitación como pancas do cambio do modelo produtivo e a reorientación dos servizos de atención ás persoas que demandan emprego para intentar casar as súas necesidades coas das empresas. “Despois de anos de recesión, a economía galega está volvendo a despegar, aínda que é evidente que este crecemento ten que ser máis intenso e máis robusto”, indicou o presidente. Resaltou que esta incipiente recuperación é “froito dos esforzos das persoas e das empresas e dunha política económica responsable e coherente”. Para continuar na traxectoria ascendente que está a seguir a nosa economía, Feijóo invitou a “saber de onde vimos e cara a onde queremos ir”. Neste senso, a Axenda 20 para o emprego marca as liñas mestras a seguir en materia laboral durante os próximos cinco anos,…
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, apuntou que a estabilidade política que vivimos en Galicia permite que o paro continúe reducíndose na nosa comunidade mentres que, segundo apuntou, España comeza xa a pagar as consecuencias da situación de incertidume na que se atopa actualmente. Tras coñecerse esta mañá os datos do paro do mes de febreiro, o voceiro salientaba que Galicia presenta un comportamento mellor que o Estado, tanto en termos interanuais como en relación co mes pasado. “A falta de seguridade que hai nestes momentos con respecto ao futuro do Goberno do país empeza a notarse xa nos indicadores económicos”, engadía.  Nese sentido, Tellado asegurou que en Galicia mantense a estabilidade política que falta noutras comunidades autónomas e da que tamén carece nestes momentos o Estado. Así mesmo, incidiu en que aínda que é certo que as empresas son as responsables directas de baixar o paro, son os gobernos os que teñen a capacidade de crear un clima que permita que se desenvolvan iniciativas para xerar emprego como fai o Goberno da Xunta. Tellado tamén puxo en valor que a nosa comunidade pechase o mes de febreiro con 22.281 persoas desempregadas…

Síguenos nas redes sociais