Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

A Coruña, 12 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao seu partido dar o máximo polos galegos ante aqueles que, incapaces de chegar a un acordo no país, din que non habería problemas para xuntarse en Galicia. "Polo tanto quere para nós o que non lles vale para España", di. Así, preguntabase por que queren para aquí o que non aceptan para o resto do Estado. Deste xeito se expresaba o líder popular na clausura do XV Congreso Provincial do PP de A Coruña, onde acompañou ao novo presidente da provincia, Diego Calvo, do que salientou o traballo e esforzo que realizou durante a súa candidatura, así como a súa xuventude e experiencia.  O presidente tamén recordou ao seu antecesor no cargo, a Carlos Negreira, do que puxo en valor o seu carácter gañador “que soubo contaxiar a toda a militancia”, a súa cercanía e a súa capacidade de traballo. Por último, apuntou que "o PP da Coruña pode poñerse retos difíciles porque está acostumado a acadalos", lembra. FUTURO DESPEXADO FRONTE INOPERANCIA Na súa intervención, o máximo mandatario do PPdeG subliñou que hoxe Galicia volve crecer, posúe unhas contas públicas rigorosas e útiles, crea…
Santiago, 10 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a elaboración dun Plan Estratéxico de Dinamización dos Pequenos Cascos Históricos para favorecer a conservación nestes núcleos e promover a fixación de poboación neles. Como sinalou, na nosa comunidade hai, actualmente, 31 conxuntos históricos declarados Ben de Interese Cultural, dos cales 18 contan cun plan especial de protección, 6 non contan con este documento e outros 7 son conxuntos declarados BIC que non se corresponden con centros urbanos ou cascos vellos de cidades ou vilas. Favorecer a conservación e fixar a poboación nos cascos históricos Feijóo explicou que para lograr o primeiro obxectivo, o de favorecer a conservación dos cascos históricos, a redacción do plan partirá dun estudo pormenorizado e completo da situación dos centros e barrios históricos, que será elaborado por un equipo universitario multidisciplinar. Sobre esa base, como engadiu o mandatario, proporase unha estratexia xeral para a promoción, o uso e a conservación destes conxuntos históricos, sempre dende o concepto de sustentabilidade e plena protección do patrimonio. En canto ao segundo gran obxectivo, o de fixar poboación, está previsto que o plan estableza diferentes liñas de actuación, tales como axudas de apoio á…
Santiago, 10 de marzo de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello aprobou o Plan de sendas de Galicia, que concreta a construción de 170 quilómetros de itinerarios seguros e integrados, desde o punto de vista dos materiais a utilizar, na paisaxe. Como sinalou o mandatario, estas vanse construír na marxe das estradas de titularidade autonómica. Para decidir a prioridade de cada actuación, a Xunta seguirá criterios de poboación, tráfico, sinistralidade, orografía e clima. Deste xeito, Feijóo engadiu que, nunha primeira fase, executaranse 55 sendas que discorren por máis de 75 quilómetros en sete comarcas: Bergantiños, Santiago, Salnés, A Coruña, Ferrol, A Terra Cha e Vigo. Ademais, o Goberno galego xa está a traballar nunha segunda fase, que se estenderá ás comarcas de Lugo, Ourense, Pontevedra e O Morrazo. Segundo explicou o presidente, en cada unha destas comarcas identificáronse aqueles treitos da Rede Autonómica de Estradas que teñen un maior potencial para que os peóns e ciclistas se despracen por eles de xeito cotián. Do mesmo xeito, Feijóo subliñou que as sendas estarán deseñadas de xeito que perduren, se integren na paisaxe e sexan seguras. Así, contarán co pavimento integrado, bordo con sinalización, separador…
Santiago, 10 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Plan de aforro en alugueiros para 2016 e 2017 permitirá o aproveitamento ao máximo do patrimonio da Xunta e un aforro anual de máis de 5,5 millóns de euros. Logo de precisar que esta iniciativa vén a dar continuidade ao traballo feito neste ámbito no período 2009-2015, co obxectivo prioritario da redución no gasto en alugueiros, Feijóo afirmou que se trata dun plan ambicioso, xa que se o gasto en alugueiros baixou case un 30% nos últimos anos, agora a Administración autonómica aspira a reducir esta partida orzamentaria noutro 76%, camiñando cara a unha política de alugueiros cero. “Estamos a falar de acadar un aforro anual de máis de 5,5 millóns de euros, que se utilizarán na mellora de espazos que xa son propiedade da Xunta”, dixo, ao que engadiu que este plan incide na concentración de espazos administrativos, na unificación da imaxe corporativa dos espazos pertencentes a Administración, e na implantación dunha xestión integral e unificada do patrimonio da Xunta. “Trátase, en definitiva de aproveitar ao máximo o que temos, de sacarlle o máximo rendemento ao patrimonio inmobiliario da Xunta e de…
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, salientou que a día de hoxe hai case a metade de altos cargos dos que había cando gobernaba o bipartito, e que, ademais, o aforro derivado da ampla redución de liberados sindicais e asesores feita polo Goberno galego supón un 40 por cento de aforro á autonomía. E é que con motivo da apertura esta semana do ‘Portal de Transparencia e Goberno Aberto’ –que coincidía coa entrada en vigor da Lei de Transparencia- fíxose público numeroso contido inédito, que é a primeira vez que se fai de acceso público na historia da comunidade ademais de facilitarase un acceso sinxelo e directo a contido que antes se publicaba pero estaba disperso. Nese sentido, Tellado sinalou que é preciso recordar que a Xunta conta con 103 altos cargos, aos que se suman os xefes de gabinete e de prensa, ata facer un total de 123, sendo este número practicamente un 40 por cento menos do que había co Goberno bipartito, cando se superaban os 200 cargos. Así mesmo, matizou que os contratos de alta dirección non son altos cargos, senón persoal que  en ocasións nin sequera forma parte…
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016.- O portavoz dos populares de Galicia, Miguel Tellado, puxo en valor que o Goberno galego reforce a súa aposta pola transparencia. Así se expresou o voceiro trala apertura do Portal de Transparencia e Goberno aberto que, coincidindo coa entrada en vigor da Lei de Transparencia e Bo Goberno, abriu a Xunta co obxectivo de que os cidadáns teñan unha lei plenamente efectiva e unha Administración á que poder acceder facilmente. Tellado celebrou que a nosa comunidade conte agora cun Goberno aínda máis aberto, máis accesible e que está máis controlado por aqueles para os que está ao servizo: todos os galegos. E é que, grazas a esta iniciativa facilitarase un acceso sinxelo e directo a contido que antes tamén se publicaba pero que estaba disperso, como pode ser a normativa en tramitación, os efectivos de persoal público e as retribucións ou os perfís e declaracións de actividades dos altos cargos.  Así mesmo, o Portal incorpora numerosa información inédita, da que é a primeira vez que se fai de acceso público na historia da autonomía. É o caso da relación dos bens inmobles propiedade da Xunta, a conta xeral da Comunidade, a información…
O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO A PRESENTACIÓN DOS DATOS DO REXISTRO GALEGO DE INFARTO DE MIOCARDIO E QUE O CONCELLO DE MADRID MANTEÑA A RÚA ÁLVARO CUNQUEIRO ·    A orde do día incorpora tres proposicións de Lei: unha sobre responsabilidade civil ambiental e Ministerio Fiscal; outra para a transferencia da AP-9 a Galicia; e a última para a reforma da Lei de servizos sociais Santiago, 8 de marzo de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se insta á Xunta a presentar os datos correspondentes ao rexistro galego de infarto agudo de miocardio e para que o Concello de Madrid manteña no rueiro municipal a rúa Álvaro Cunqueiro, xa que a acusación de “escritor franquista” carece de rigor e tal acusación falsifica e deosta a súa biografía persoal e traxectoria intelectual. A sesión plenaria incorpora a comparecencia da conselleira do Medio Rural para dar conta do plan de fortalecemento do sector lácteo. Pedro Puy informou que o Pleno dará comezo co debate de tres proposicións de lei. A primeira, de toma en consideración dunha iniciativa lexislativa sobre responsabilidade civil ambiental e Ministerio Fiscal, á que seguirá o…
CRISTINA ROMERO AVANZA O DEBATE NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA DAS PROPOSICIÓNS DE LEI PARA O TRASPASO DA AP-9 Á XUNTA E DE MODIFICACIÓN DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS ·    “Esperamos que ambas iniciativas lexislativas saian co maior respaldo posible dos deputados deste Parlamento, para o que o Grupo Popular manterá a súa plena disposición ao diálogo”, indicou Santiago, 7 de marzo de 2016.- A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Romero, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana debaterá a aprobación da proposición de lei que solicita a transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia e a toma en consideración do proxecto de lei de modificación da Lei de servizos sociais, coa que se pretende reforzar e blindar o papel das entidades na prestación de servizos sociais. Respecto dos posibles candidatos ás eleccións galegas, Romero contrastou a unidade do PP respecto a que Feijóo é o mellor candidato fronte ás discrepancias existentes no PSOE coa candidatura de Besteiro. “Trátase de dúas proposicións de lei significativas, tanto para o desenvolvemento económico e a mellora das comunicacións viarias en Galicia, como para a optimización dos nosos servizos sociais, polo que esperamos que ambas iniciativas lexislativas saian co maior respaldo posible dos…
O presidente do PPdeG participa no congreso provincial do PP de Lugo, onde Elena Candia saíu elixida presidenta da formación na provincia Feijóo sinala que a renovación do PPdeG amplía a vantaxe cos que están moi lonxe de ser o que precisa Galicia  • Considera que os populares deben esixirse máis e non deben permitirse a irresponsabilidade do PSOE, nin a incoherencia de Ciudadanos ou a demagoxia de Podemos • Subliña que o PP é o partido que representa aos galegos: cómo son, cómo senten, cómo fan. É o partido do rural galego, o partido das mulleres e homes do mar e o partido do sentir maioritario das galegas e os galegos Lugo, 6 de marzo de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que a renovación do PPdeG achega o partido aos galegos e á Galicia de mañá, ao tempo que amplía a vantaxe cos que están moi lonxe de ser o que precisa Galicia. Segundo o dirixente popular, o PPdeG é o partido con máis experiencia e con máis experiencias, pero nunca deixa de aprender do que fixo, dos retos que tivo que abordar, dos erros e, sobre todo, dos galegos. Baixo o seu…

Síguenos nas redes sociais