Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 17 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanza que a terceira edición do programa de financiamento Galicia 1000 reforza o orzamento un 10% ata chegar aos 100 millóns de euros, o que permitirá mobilizar 330 millóns e apoiar case 1.500 proxectos de pemes galegas. “O que buscamos é que ningún proxecto solvente se quede sen apoio”, aseverou, incidindo en que o programa enmárcase na prioridade da política económica da Xunta de fortalecer o tecido empresarial e industrial de Galicia, reforzando o investimento que permita crecer ás compañías, impulsando a súa capacidade innovadora, a súa internacionalización e a súa adaptación á Industria 4.0. Neste senso, Feijóo precisou que o programa Galicia 1000 encaixa en todas esas liñas, e tamén na Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, que ten como obxectivos crear 50.000 empregos industriais ata 2020 e elevar o peso da industria no PIB ata o 20%. O mandatario lembrou que esta iniciativa permitiu nos dous anos que leva vixente poñer en marcha máis de 2.000 proxectos na comunidade, mobilizando 400 millóns de euros. E, destacou que a nova edición ten como unha das súas principais novidades a inclusión de instrumentos financeiros innovadores entre as distintas…
O PLENO APROBA INSTAR Á XUNTA A PRESENTAR NO PARLAMENTO OS DATOS DO REXISTRO ÚNICO DE INFARTO AGUDO DE MIOCARDIO E AS CONCLUSIÓNS EN BASE AOS MESMOS ·    Núñez Centeno subliñou que Galicia “conta cunha atención cardiolóxica das máis avanzadas de España, destacando a excelente capacitación profesional, a dotación tecnolóxica axeitada e completa, cunha boa distribución xeográfica, e cunha organización rexionalizada e en rede” Santiago, 16 de marzo de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Mixto, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a presentar, antes do remate do próximo mes de abril, os datos correspondentes ao rexistro galego de infarto agudo de miocardio (Regaliam), as conclusións da Consellería de Sanidade en base aos mesmos e as medidas oportunas que se precisen en función dos resultados para a mellora da atención das persoas enfermas. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, lembrou que esta mesma mañá se presentaron os datos técnicos deste rexistro galego, pero “seguimos a manter a nosa proposta para que a Consellería presente neste parlamento os datos recollidos, a interpretación dos mesmos e a valoración…
O PARLAMENTO APROBA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, DEMANDAR Á ALCALDÍA DE MADRID O MANTEMENTO DA RÚA ÁLVARO CUNQUEIRO ·    Tamén se insta ás institucións e entidades culturais de  Galicia a honrar publicamente o traballo desenvolvido por Cunqueiro, ao tempo que se solicita ao Consello da Cultura elaborar un informe sobre a relevancia literaria deste escritor e a súa contribución á defensa e difusión da lingua e cultura galegas ·    O portavoz de Cultura afirmou que retirar a rúa “sería un acto de intolerancia, revanchismo e cinismo intolerable, propio de listas negras e censura ideolóxica impropia da sociedade actual” Santiago, 16 de marzo de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, á que se sumaron emendas do PSOE e do BNG, a través da que se demanda á Alcaldía de Madrid o mantemento da rúa en memoria de Álvaro Cunqueiro no rueiro desta cidade. Así mesmo, insta ás institucións e entidades culturais de Galicia a honrar publicamente o traballo desenvolvido por Álvaro Cunqueiro, ao tempo que solicita ao Consello da Cultura Galega elaborar un informe sobre a relevancia literaria deste escritor e a súa contribución á defensa e difusión da lingua e…
O GRUPO POPULAR DEMANDA Á OPOSICIÓN QUE “RECAPACITE E PENSE QUE O HOSPITAL PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO É XA UNHA REALIDADE E A SÚA TEORÍA CONSPIRATORIA TOCA AO SEU FIN” ·    “Esa hipotética operación provocaría un grave deterioro nas contas públicas da Xunta de Galicia, inasumible nestes momentos”, sinalou ·    Dorado asegurou que “quen vai gañando polo de agora son os vigueses, porque ningún dos ataques dos grupos da oposición a este hospital público chegou a facerse realidade” Santiago, 16 de marzo de 2016.- O deputado do Grupo Popular Javier Dorado demandou hoxe aos deputados da oposición que “recapaciten e pensen que o novo Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo xa é unha realidade, polo que a súa teoría conspiratoria toca ao seu fin”.  Neste sentido, cualificou de “pirueta matemática interesante pero sen ningún tipo de credibilidade” a súa proposta para rescatar con 69 millóns de euros o novo hospital público de Vigo. “Esa hipotética operación provocaría un grave deterioro nas contas públicas da Xunta de Galicia, inasumible nestes momentos”, sinalou o deputado popular. Neste sentido, demandou a AGE que “se sumen á defensa da sanidade pública con feitos, a perfeccionala e a mellorala, porque é o que reclaman os cidadáns”.…
O Parlamento aprobou por unanimidade a proposición de Lei que solicita o traspaso desta autoestrada á Comunidade galega “OXALÁ, GOBERNE QUEN GOBERNE EN ESPAÑA, ESTA NOVA LEXISLATURA CONCLÚA COA DEFINITIVA TRANSFERENCIA DA AP-9 A GALICIA”, AFIRMA JESÚS GOLDAR ·    Goldar destacou a “política activa” desenvolvida polo Goberno galego na “demanda continua ao Ministerio de Fomento dun mellor servizo na AP-9, así como na intención de asumir a explotación da mesma” Santiago, 15 de marzo de 2016.- “Oxalá, goberne quen goberne nesta nova lexislatura en España, o que manifestamos coa aprobación unánime desta proposición de Lei para o traspaso da AP-9 á Xunta, conclúa coa definitiva transferencia desta autoestrada á Comunidade galega, dando cumprimento así a un importante obxectivo para todos os galegos”, manifestou esta maña no Parlamento o deputado do Grupo Popular Jesús Goldar. Na súa intervención, Goldar agardou que “logo da aprobación desta proposición de Lei no Parlamento de Galicia, poida continuar o seu curso no Congreso dos Deputados e remate axiña coa materialización do traspaso da AP-9 á Comunidade galega no menor prazo de tempo posible”. O deputado popular destacou a “política activa” desenvolvida polo Goberno galego en relación coa AP-9, “que se traduciu na demanda continua ao…
MARTA RODRÍGUEZ AFIRMA QUE A REFORMA DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS “RECOÑÉCE OS DEREITOS DE LIBRE ELECCIÓN, AO ARRAIGO Á CONTORNA SOCIAL E Á ATENCIÓN PERSONALIZADA E INTEGRAL” ·    “Trátase dun documento aberto ás propostas dos grupos parlamentarios que melloren o texto orixinal e que permitan que saia adiante co maior respaldo”, apuntou Santiago, 15 de marzo de 2016.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, afirmou hoxe que a través da modificación parcial da Lei de servizos sociais “recoñécense por primeira vez unha serie de dereitos ás persoas usuarias, como o dereito da libre elección, o dereito ao arraigo da persoa á súa contorna social e o dereito á atención personalizada e integral”. Esta modificación proposta polo Grupo Popular, que hoxe iniciou a súa tramitación parlamentaria coa aprobación da súa toma en consideración polo Pleno, introduce novos modelos de xestión: o concerto social, como sistema diferenciado da modalidade de concerto xeral; e os acordos marco coas entidades, promovendo a libre elección das persoas usuarias. Rodríguez Arias lembrou que a Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia regula no seu artigo 29 as formas de prestación dos servizos sociais na Comunidade galega, establecendo que serán prestados…
PEDRO PUY AFIRMA QUE BESTEIRO “ESTÁ SUFRINDO AS CONSECUENCIAS DE ESIXENCIAS A OUTRAS FORZAS POLÍTICAS E NO SEU PROPIO PARTIDO QUE QUIZAIS NON FORON RAZOABLES” ·    Reiterou que a continuidade de Feijóo á fronte do PPdeG e como candidato á Xunta “sería a mellor decisión para o partido e para Galicia” Santiago, 14 de marzo de 2016.- “O señor Besteiro está sufrindo as consecuencias duns niveis de esixencia a outras forzas políticas, ou mesmo dentro da súa forza política, que quizais non foron razoables e que agora lle abocan a tomar esta decisión”, manifestou esta mañá o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, respecto da situación do secretario xeral dos socialistas galegos. Logo de reiterar o seu “máximo respecto ás actuacións xudiciais e ás decisións internas dos demais grupos políticos”, Puy afirmou que “estamos vivindo unha época na que se está condicionando en exceso a vida política ás actuacións xudiciais”. CHAMADA Á RACIONALIDADE “Cando un leva tempo defendendo e incluso criticando a outras forzas políticas por atoparse nunha situación xudicial, ao final pasan estas cousas”, sinalou o portavoz popular en relación á situación do secretario xeral do PSdeG. Por este motivo, fixo unha “chamara á racionalidade”, porque “as investigacións xudiciais…
PUY AVOGA PORQUE A OPOSICIÓN VEXA A REFORMA DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS COMO “UNHA OPORTUNIDADE PARA O CONSENSO” ·    O Pleno tamén debaterá unha demanda para que o Concello de Madrid “abandone esa idea absurda” de retirar unha rúa a Álvaro Cunqueiro pola súa presunta relación co réxime franquista ·    Tamén se solicitará á Xunta a publicación dos resultados do rexistro galego de infarto agudo de miocardio que permitirá garantir unha prestacións en condicións de igualdade a todos os infartados en Galicia Santiago, 14 de marzo de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque os grupos da oposición vexan a reforma da Lei de servizos sociais, que mañá inicia a súa tramitación parlamentaria no Pleno, como “unha oportunidade para acadar consenso nunha materia desta relevancia social”. En concreto, esta modificación lexislativa adapta a normativa galega á directiva europea dando entrada aos concertos sociais como modalidade diferenciada dos concertos xerais, blindando e reforzando o papel das entidades na prestación dos servizos sociais. Puy salientou que esta proposición de lei do Grupo Popular nace logo dun intenso traballo e das achegas realizadas polo Comité Español de representantes de persoas con discapacidade (CERMI). Ademais da creación dos concertos…
Pontevedra, 13 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a renovación efectuada no partido tras os últimos congresos provinciais sitúa a esta formación en mellores condicións que en 2009 para obter unha vitoria electoral. Así se pronunciou durante a clausura do Congreso do PP de Pontevedra, no que Alfonso Rueda foi elixido novo presidente provincial e que culmina a renovación do partido en todas as provincias galegas. Feijóo equiparou a situación actual coa que había en 2009, na que “se reparten sillóns sen ter nin acordo nin votos”.  “Recordo como en 2009 PSOE e nacionalistas xa se estaban a repartir os cargos sen que se produciran aínda as eleccións”, asegurou, e subliñou que non se deron conta de que esas eleccións as tiñan perdidas porque o PP comezou a gañalas previamente, cando decidiu renovarse e unir as súas forzas no Congreso de renovación de Manuel Fraga, en 2006.  Como daquela, o presidente dos populares galegos asegurou que ao longo destas semanas viu un partido vivo e activo, e que por máis que outros tapen os oídos e non queiran ver, o PP ten a voz dos 7,3 millóns de españois que o votaron. …

Síguenos nas redes sociais