Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Alberto Núñez Feijóo trasladou hoxe o sentir e a conmoción de todo o pobo galego ante os atentados ocorridos onte en Bruxelas.   O mandatario galego, que este mediodía presidiu o minuto de silencio convocado en memoria das vítimas, afirmou que “máis ca nunca como galegos, como españois e como europeos cremos na liberdade”, ao que expresou a necesidade de estar unidos “para combater a ameaza de quen pretende coartarnos esa liberdade e de quen quere dividirnos”.   Feijóo afirmou que o sentir maioritario do pobo galego é seguir vivindo e convivindo nun ámbito de liberdades e nun Estado de Dereito; “e, por suposto, —abondou— non podemos aceptar, de ningún xeito, calquera fanatismo criminal que poida acabar coa vida de cidadáns inocentes, neste caso, na cidade das institucións europeas en Bruxelas”.
Feijóo presidiu este mediodía o minuto de silencio convocado en memoria das vítimas dos atentados ocorridos onte en Bruxelas.
Zas (A Coruña), 22 de marzo de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que este verán abrirase ao tráfico a Autovía da Costa da Morte AG-14 que fará desta comarca un lugar máis vertebrado, máis competitivo e máis atractivo para investir e para vivir. “A infraestrutura que leva tantos anos sendo pouco máis que palabras tornouse, por fin, nun feito real e hoxe, co 80% das obras executadas, podemos asegurar que o vindeiro verán se abrirá ao tráfico. Imos entregar un país máis vertebrado, máis competitivo e máis preparado para investir e para vivir”, dixo.   Tras un percorrido polo trazado das obras da autovía, Feijóo afirmou que cando dentro de poucos meses sexa posible percorrer os máis de 25 km entre Carballo e Baio e os 2 km da variante de Baio, libres de peaxe, operarase unha transformación nas comunicacións dunha comarca que habitan case 120.000 persoas. Entre outras melloras, vaise poder evitar o paso por 7km de travesías, que se verán libradas de tráfico e serán espazos recuperados para a vida urbana e cidadá.   Para Feijóo hai tres razóns polas que esta obra foi capaz de facerse en plena recesión económica: foi…
O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA REFORZAR A PRESENZA DAS EMPRESAS PESQUEIRAS EN FEIRAS INTERNACIONAIS ·    O acordo insta á Xunta a potenciar e ampliar as distintas liñas de apoio tanto desde o punto de vista técnico e económico   Santiago, 22 de marzo de 2016.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar, co voto en contra dos grupos da oposición, a iniciativa do Grupo Popular dirixida a reforzar a presenza das empresas pesqueiras galegas nas feiras e mercados internacionais de maior prestixio. O acordo insta á Xunta de Galicia a potenciar as distintas liñas de apoio que xa existen, ampliando os recursos económicos e técnicos dos que poden beneficiarse os distintos axentes profesionais do noso sector pesqueiro O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, destacou que “unha medida destas características contribuirá a mellorar a eficiencia do sector, reforzar a súa visibilidade e presenza no exterior e aumentar a súa capacidade para ampliar mercados”. UN SECTOR EXTERIOR EN ALZA O portavoz popular salientou que “este é un momento especialmente acaído para este tipo de iniciativas posto que, segundo acreditan os datos, está en alza”. Neste sentido, subliñou que “as exportacións galegas de pescados…
O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO FACILITAR AOS TRABALLADORES DO MAR QUE POIDAN AUMENTAR VOLUNTARIAMENTE AS SÚAS BASES DE COTIZACIÓN ·    A sesión plenaria procederá ao debate para a aprobación do proxecto de Lei de asistencia xurídica da administración xeral da comunidade autónoma e o debate de toma en consideración do proxecto de Lei de coordinación de policías locais Santiago, 21 de marzo de 2016.- O Grupo Popular defenderá na sesión plenaria da vindeira semana dúas proposicións non de lei dirixidas a facilitar que os traballadores do mar poidan aumentar voluntariamente as súas bases de cotización e para solicitar ao Concello de A Coruña a apertura do túnel do Parrote, xa que pasaron máis de 100 días desde a recepción das obras. A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Romero, explicou que “os traballadores do mar carecen na actualidade da posibilidade, do mesmo xeito que os traballadores autónomos e do sector agrario, de incrementar voluntariamente as cotizacións para que as pensións que cobren no futuro sexan maiores”. CAMBIOS NORMATIVOS Deste xeito, a través dunha proposición non de lei, o Grupo Popular solicita que o Goberno central impulse os cambios normativos necesarios para mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das…
PEDRO PUY ASEGURA QUE EXISTE “UNHA EXPECTATIVA RAZOABLE” DE QUE O PP CONSIGA UNHA MAIORÍA SUFICIENTE PARA GOBERNAR NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS Nunha entrevista en SER-Galicia, afirmou que “hai partido, hai que xogalo e temos que ser capaces de convencer ás persoas que apoiaron ao PP de seguir facéndoo neste novo proceso electoral” “O PSOE está a atravesar unha situación moi complicada, en parte pola propia culpa dalgunhas das cuestións que ten formuladas no debate público en relación á esixencia de responsabilidades públicas en momentos de actuación xudicial moi iniciais”, dixo Santiago, 20 de marzo de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que no Partido Popular de Galicia existe “unha expectativa razoable de conseguir unha maioría suficiente para gobernar” nas vindeiras eleccións autonómicas. “Hai partido, hai que xogalo e temos que ser capaces de convencer ás persoas que apoiaron ao PP de seguir facéndo neste novo proceso electoral autonómico”, indicou. Respecto da candidatura de Feijóo, Puy manifestou que hai “unha opinión maioritaria dentro do PP  que estima que sería o mellor candidato e un activo que debemos aproveitar de cara ás eleccións autonómicas”. Nunha entrevista na Cadena SER, Pedro Puy considerou “lóxico que os candidatos que…
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016.- O Comité de Dirección do PPdeG acordou hoxe a celebración dunha Xunta Directiva para o vindeiro sábado, 2 de abril. Nesa reunión está previsto a convocatoria do Congreso autonómico do partido, do que sairá unha nova estrutura orgánica e, por suposto, a persoa que encabezará a lista dos populares de cara as próximas eleccións autonómicas. Desa reunión sairá a data concreta do conclave, que en todo caso celebrarase na cidade de Ourense.  Na Xunta Directiva aprobarase, ademais, o Regulamento do Congreso, o cronograma e os prazos que regularán o mesmo, e os dez integrantes da  Comisión organizadora. 
Santiago, 17 de marzo de 2016.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que o Consello da Xunta validou o acordo definitivo para a posta en marcha da Lei da Área Metropolitana de Vigo, que dotará aos 14 concellos que a compoñen dun instrumento útil e eficaz ao servizo dos cidadáns. Logo de lembrar que o pasado mes de xullo acordou co alcalde de Vigo comezar as negociacións para modificar a lei da área de 2012, Feijóo puxo en valor que apenas oito meses despois haxa un texto consensuado entre o Goberno galego e os 14 concellos. Do mesmo xeito, engadiu que este será aprobado definitivamente polo Goberno galego en canto se cumpran os dous requisitos previamente pactados: a validación por parte dos órganos de goberno dos concellos do dito texto e a integración do Concello de Vigo no plan de transporte metropolitano da Xunta. Con respecto a isto, Feijóo asegurou que a Xunta, pola súa banda, vai axilizar ao máximo os trámites administrativos e seguirá mantendo o seu obxectivo de que, se os concellos cumpren, se poida remitir o texto inmediatamente ao Parlamento de xeito que sexa aprobado neste período de sesións. As principais cuestións do…
Santiago, 17 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que os empregados públicos van recibir este ano o 50% restante da paga extra de 2012 aprazada polo Goberno central. Cobrarán esta cantidade repartida entre as nóminas de abril e setembro. A primeira metade desta paga foi aboada xa ao longo de 2015, en dous pagamentos repartidos nos meses de maio e outubro. “Non nos esquecemos dos que máis se comprometeron co déficit público —indicou o presidente—, dos que fixeron posible que Galicia fose a única comunidade que non acudiu ao FLA, a que menos incrementou a súa débeda pública desde o ano 2015 e a segunda que menos o fixo desde 2009” “Máis de 100.000 empregados públicos recuperarán poder adquisitivo e recibirán este ano, de media, 900 euros”, dixo Feijóo, 450 en abril e 450 en setembro. Isto suporá para as arcas públicas un desembolso total de máis de 100 millóns de euros. Complemento específico A mellora da situación económica tamén fai posible, segundo adiantou o presidente, que se volva aboar o complemento específico das pagas extra. Era unha medida que, inicialmente, ía facerse efectiva en 2018. Porén, ter as arcas autonómicas saneadas fai…

Síguenos nas redes sociais