Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que o descenso no paro interanual rexistrado no mes de xaneiro segue a contradicir a aqueles que suxiren cambiar o Goberno do Partido Popular. Así, o portavoz puxo en valor que o pasado mes se pechase en Galicia con 22.555 persoas desempregadas menos que hai un ano, o que supón unha baixada con respecto a xaneiro de 2015 dun 8,7%.  “As cifras reflicten, unha vez máis, que a xestión e as medidas levadas a cabo polo Goberno do PP orixinaron a creación de emprego que reclamaba a nosa sociedade, tanto en Galicia como en España”, dixo o voceiro. Nese sentido, Tellado sinala que non é unha casualidade que a última vez que houbo un xaneiro tan positivo foi hai doce anos e cun presidente do Partido Popular á fronte do Goberno. Segundo o voceiro, a evolución do desemprego pon de manifesto que a estabilidade política que só aporta o PP deu resultados, logrando ser a gran aliada da creación de emprego. Tellado aclarou tamén que, pese a que o desemprego medra un 3,3% con respecto a decembro en Galicia, esta é unha subida…
O titular da Xunta presidiu o acto de presentación do Proxecto Mentoring. Desenvolvemento Profesional da USC Feijóo subliña a importancia de impulsar o emprendemento desde a universidade para conectar o mundo académico ao mercado laboral Asevera que o Proxecto Mentoring facilita identificar aos alumnos participantes “os camiños que hai a partir da finalización do grao, como se pode acceder a un mercado laboral e como se poden desenvolver os proxectos profesionais” Sostén que esta iniciativa vai en liña coas medidas que se están a impulsar desde a Xunta para fomentar o emprendemento como a sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Barrié para o desenvolvemento do Fondo Autonómico de Proba de Concepto; as Unidades Mixtas; o Programa Oportunius e a Rede Galega de Mentores Santiago, 1 de febreiro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo destacou hoxe a importancia de impulsar o emprendemento desde a universidade para conectar o mundo académico ao mercado laboral. Nesta liña e durante o acto de presentación do Proxecto Mentoring. Desenvolvemento Profesional da USC, Feijóo aseverou que esta iniciativa dá as claves para que os estudantes poidan acadar un posto de traballo ou emprender un proxecto empresarial naqueles ámbitos para os que se formaron. “O obxectivo é…
O portavoz popular avanza que, “no caso de que non varíe a súa postura, a Xunta e o Grupo Popular levarán adiante unha modificación puntual da Lei que estaría aprobada a finais de febreiro ou principios de marzo”  PUY REITERA QUE “INTENTAREMOS ATA O ÚLTIMO MOMENTO” QUE AGE RECONSIDERE A SÚA POSTURA E LEVANTE O BLOQUEO Á MODIFICACIÓN DO ARTIGO 144 DA LEI DO SOLO • Lanza unha mensaxe de tranquilidade sobre o mantemento do emprego e a continuidade da factoría de PSA en Vigo ante as declaracións realizadas esta mañá polo director da planta demandando unha solución á situación urbanística • Na sesión plenaria tamén se procederá ao debate de totalidade do proxecto de Lei do patrimonio cultural Santiago, 1 de febreiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, reiterou hoxe que “intentaremos ata o último momento” do Pleno da vindeira semana que AGE reconsidere a súa postura e levante o bloqueo á modificación do artigo 144 do proxecto de Lei do Solo, que habilitaría a realización de proxectos de urxencia ou excepcional interese público nos concellos galegos e permitiría de forma inmediata dar saída ao problema que sofre Vigo logo da suspensión do Plan Xeral desa…

Síguenos nas redes sociais