Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

PEDRO PUY CONSIDERA QUE O TRABALLO DOS DEPUTADOS NO CONGRESO É “MÁIS EFECTIVO SE FORMAN PARTE DUNHA GRAN FORZA NACIONAL COMPROMETIDA CON GALICIA” ·    Manifestou que  “aos deputados hai que xulgalos polos resultados que teñen e non por onde militan” Santiago, 16 de febreiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe no Parlamento o traballo dos deputados galegos do Partido Popular no Congreso e asegurou que “a experiencia di que o máis efectivo é o que fai o PP: formar parte dunha gran forza nacional que está comprometida con Galicia con deputados que son capaces de defender axeitadamente as demandas galegas”. “Os señores que representan a En Marea dentro de Podemos non teñen capacidade de conseguir cousas para Galicia, ao contrario do que teñen demostrado os deputados galegos do PP”, apuntou. Cuestionado sobre o traballo dos deputados galegos no Congreso, Pedro Puy afirmou que “se poden defender os intereses de Galicia de moitas maneiras e tamén desde unha forza estatal”. Os deputados do Partido Popular de Galicia lévano facendo “en moitos sentidos, e os resultados pódense comprobar nos últimos tanto coa súa contribución nas axudas financeiras para a facenda autonómica como no investimento no AVE a…
O PLENO DA VINDEIRA SEMANA DEBATERÁ A APROBACIÓN, POLO TRÁMITE DE URXENCIA, DA LEI PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS PÚBLICOS DE URXENCIA OU EXCEPCIONAL INTERESE ·    Puy lembrou que este proxecto lexislativo “ten a súa orixe no veto de AGE á tramitación da modificación do artigo 144 da Lei do Solo aprobada a pasada semana” ·    Apuntou que as reformas do Consello de Contas, Valedor do Pobo e Consello Consultivo “constitúen unha aposta polo entramado institucional autonómico e polo control da acción política por parte das institucións independentes, así como pola cidadanía” Santiago, 15 de febreiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe o debate, para a súa aprobación polo trámite de urxencia, do proxecto de Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, que dará solución a problemas como a ampliación da factoría de PSA en Vigo logo da anulación pola  Xustiza do Plan Xeral deste concello. Puy sinalou, ademais, que na sesión plenaria procederase ao nomeamento dos novos membros do Consello de Contas de Galicia, “a primeira en moitos anos que se fai no prazo que marca a lei”. Pedro Puy lembrou que a tramitación do proxecto de…
Tamén demandou ao Goberno central que poña en práctica as medidas recollidas o informe sobre trata de seres humanos con fins de explotación sexual elaborado no Congreso dos Deputados O GRUPO POPULAR AVOGA POR CONTINUAR DESENVOLVENDO A FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PARA ELIMINAR O SEXISMO DOS CONTIDOS INFORMATIVOS Santiago, 11 de febreiro de 2016.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo avogou hoxe no Parlamento por continuar desenvolvendo accións de formación e sensibilización cos profesionais dos medios de comunicación co obxectivo de velar pola eliminación do sexismo nos contidos informativos e nas mensaxes publicitarias. Así mesmo, demandou que o Goberno central poña en práctica as medidas recollidas no informe elaborado pola Subcomisión para o análise e estudo da trata de seres humanos con fins de explotación sexual, constituída dentro da Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados. Rodríguez-Vispo manifestou que o Partido Popular apoia a promoción de medidas para a eliminación dos anuncios de contactos de prostitución en internet e nos medios de comunicación e neste sentido lembrou a resolución aprobada por unanimidade no Debate sobre o Estado da Autonomía de 2012 sobre este mesmo obxectivo. Na súa intervención, a deputada considerou necesaria “a incorporación de accións…
Santiago, 11 de febreiro de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a nova Estratexia para o Impulso do Cooperativismo galego 2016-2020 aposta pola innovación, pola apertura a novos mercados e por que as cooperativas galegas gañen tamaño. Neste senso, tamén destacou outras das cuestións nas que fai máis fincapé como son o impulso do cooperativismo en todos os niveis do sistema educativo ou o fomento da creación de cooperativas entre a mocidade e as mulleres. Como sinalou o mandatario, o Consello da Xunta vén de iniciar o prodecemento para aprobación desta nova Estratexia, que conta cun total de 87 medidas e ten como grandes obxectivos potenciar a competitividade e a internacionalización do cooperativismo. Segundo dixo, trátase dun sector que demostrou fortaleza e solidez ao longo da crise, cando seguiu crecendo e, con respecto a isto, amosouse convencido de que ten posibilidades de futuro. Para iso, a Estratexia busca 20 obxectivos divididos en 5 grandes áreas: a cultura cooperativa; o emprendemento e autoemprego; a mellora da xestión e competitividade; o financiamento; e a colaboración institucional. Logo de indicar que a iniciativa contou coas achegas do sector, Feijóo asegurou que a partir de agora consensuarase cos axentes…
Santiago, 11 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que desde o vindeiro 1 de abril o calendario de vacinación infantil de Galicia incluirá a vacina da varicela a unha idade máis temperá; é dicir, a partir dos 15 meses de idade. Segundo sinalou, a vacinación comezará para os nenos e nenas nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2015, que recibirán a primeira dose desta vacina cando cumpran os 15 meses de idade e, a segunda, a medida que vaian facendo os tres anos. Na rolda de prensa posterior á xuntanza do Consello, Feijóo explicou que, de acordo ao establecido no ano 2005, seguirase vacinando como ata o de agora aos preadolescentes que aos 12 anos non teñan pasado esta enfermidade ou que non estean previamente vacinados. E, de igual xeito, a aquelas persoas en risco de padecer a doenza. Estes grupo de risco serían as mulleres susceptibles en idade fértil non embarazadas, pais de nenos susceptibles e sen historia de contacto domiciliario previo nun caso de enfermidade, profesionais sanitarios susceptibles, profesores traballadores de garderías e outro persoal susceptible con risco elevado de varicela grave, persoas que pola súa situación clínica teñen…
Santiago, 11 de febreiro de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que neste 2016 se fará “o maior investimento da historia da autonomía para potenciar e consolidar a traxectoria dos nosos investigadores”. En concreto, aprobáronse dúas convocatorias, por un valor total de 16 millóns de euros, co que se contratará persoal predoutoral e posdoutoral ata o ano 2019. Este investimento é un 26 por cento superior ao da convocatoria de 2015. Con el, financiaranse o contrato de 100 mozas e mozos na etapa predoutoral e 75 na etapa posdoutoral. Estes investigadores poderán ser contratados por unha das universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia ou os Centros do CSIC e o IEO radicados na comunidade autónoma. “Son 16 millóns de euros para 175 persoas se formen, avancen no camiño á excelencia e sigan achegando o seu potencial ao sistema galego de I+D+i”, afirmou Feijóo. Contratos predoutorais Segundo explicou o presidente, os contratos de formación predoutoral terán unha duración de tres anos e un salario que oscila entre os 20.500 e os 23.500 euros. Asinaranse seis contratos máis ca na convocatoria anterior e haberá dúas novidades principais: a…
Santiago, 11 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que o Proxecto de lei de medidas en materia de urbanismo aportará axilidade, eficacia e seguridade xurídica aos proxectos públicos urxentes e de excepcional interese público. “Estamos a falar dunha resposta áxil, responsable e eficaz coa que damos solución aos casos de proxectos urxentes referidos a infraestruturas promovidas por administracións públicas paralizadas na cidade de Vigo; e, blindamos á toda a comunidade para poder achegar solucións a aqueles proxectos que non poden ser paralizados ata a aprobación dun novo plan de ordenación urbanístico”, asegurou. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que a lei garante a autonomía municipal, establece que as iniciativas sexan informadas sectorialmente, segundo a normativa aplicable, e respecta as resolucións xudiciais. Nesta liña, precisou que o texto garante a autonomía municipal porque o informe do concello será preceptivo e vinculante e, se o informe é desfavorable, a Xunta arquivará o proxecto. Así mesmo, afirmou que mesmo despois de aprobado o proxecto de urxencia, o Concello poderá suspender as obras se non se sigue o procedemento da lei ou os traballos non se axustan ao establecido no proxecto. “E, cómpre salientar…
O PARLAMENTO GALEGO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR O FUNCIONAMENTO DAS MESAS LOCAIS DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ·    A deputada Marta Rodríguez-Vispo subliñou “o compromiso firme do Goberno galego para incrementar as medidas de loita contra a violencia de xénero” e puxo como exemplo o aumento dun 153% entre os anos 2009 e 2016 da partida para políticas contra a violencia de xénero Santiago, 11 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a elaborar un estudo sobre a situación actual das mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero nos concellos galegos. Ademais, en colaboración coa Fegamp, demándase intensificar o traballo das mesas locais contra a violencia de xénero nos 162 concellos que xa están constituídas e axudar á súa constitución naqueles concellos nos que aínda non a teñen creada. A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo explicou que as mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero teñen como principais obxectivos determinar criterios para a detección precoz de casos de violencia de xénero n o ámbito local, acordar criterios comúns para a detección…
O PARLAMENTO GALEGO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR QUE INSTA Á XUNTA A BUSCAR FÓRMULAS PARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO CENTRO DE SAÚDE EN NARÓN ·    “Tamén queremos mandar unha mensaxe clara ao Concello de que non se pode enredar máis con este tema”, apuntou Fariñas Santiago, 11 de febreiro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de PSOE, BNG e AGE, a través da que se insta á Xunta de Galicia a estudar a viabilidade e as posibilidades de buscar fórmulas para a construción dun novo Centro de Saúde no concello de Narón, a fin de dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da súa cidadanía. “Con esta proposta queremos que a Consellería tome a iniciativa para facer realidade o novo centro de saúde, para o que xa dispón de 100.000 euros nos orzamentos deste ano; pero tamén que sirva de mensaxe clara ao Concello de que non se pode enredar máis con este tema”, manifestou o deputado popular Hipólito Fariñas. Na súa intervención, Fariñas lembrou que os antecedentes para a construción do novo centro de saúde de Narón datan do ano 2008, cando…

Síguenos nas redes sociais