Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GRUPO POPULAR REXISTRA A PROPOSICIÓN DE LEI DE REFORMA DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS, QUE REFORZA E BLINDA O PAPEL DAS ENTIDADES NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS ·    A modificación adapta a normativa galega ás directivas europeas, coa creación dos concertos sociais e os acordos marco coas entidades que prestan servizos ·    Darase prioridade ás entidades sen ánimo de lucro cando existan análogas condicións de eficiencia, calidade e rendibilidade social na prestación dos servizos Santiago, 20 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular vén de rexistrar a proposición de Lei de modificación da Lei de servizos sociais de Galicia co obxectivo de reforza e blinda o papel das entidades de iniciativa social na prestación de servizos, dotándoas dun novo mecanismo que impulsa as súas relacións coas administracións públicas e ofrecendo unha maior seguridade xurídica ás actividades económicas deste sector.  A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, subliñou que esta proposta “nace froito dos contactos e as achegas realizadas polo Comité Español de representantes de persoas con discapacidade (CERMI), pero é un documento aberto que desde o Grupo Popular intentaremos consensuar cos demais grupos parlamentarios para que saia adiante co maior respaldo posible”. Marta Rodríguez lembra que a actual…
Censura actuacións coas que determinados partidos e dirixentes pretenden usar as institucións públicas ao servizo partidista   Tellado: “A quen declararon persoa non grata os pontevedreses foi ao BNG nas pasadas eleccións xerais”   • Pídelle ao PSOE que deixe de utilizar recursos públicos dos municipios para organizar manifestacións contra o Goberno galego   • Reitera a petición do PPdeG de que os gastos dos encontros entre os “alcaldes rebeldes” lle sexan repercutidos a Podemos, a En Marea, ou a AGE, pero que “en ningún caso sexan asumidos polos concellos”   • Di que ningún político sensato mantería a un avogado defensor coas mesmas sombras de dúbida que pesan sobre o de Besteiro e sinala unha campaña interna contra o secretario xeral dos socialistas dentro do seu porpio partido   Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que a quen declararon persoa non grata os veciños de Pontevedra nas pasadas eleccións xerais do 20 de decembro foi ao Bloque Nacionalista Galego.    Desta maneira deu resposta á intención do alcalde deste municipio, Miguel Fernández Lores, que pretende usar o Concello para declarar persoa non grata ao presidente do Goberno, Mariano…
Santiago, 18 de febreiro de 2016.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que se construirá unha nova facultade de Medicina e Odontoloxía para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se situará na contorna do hospital Gil Casares, integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.   “Esta facultade, que ten case catro séculos de historia, leva desde 1928 no seu edificio da rúa San Francisco, en pleno casco histórico compostelán”, recordou o presidente. No seu día trasladouse a ese emprazamento para que estivese preto do antigo hospital clínico, na rúa de Galeras, que pechou en 1999.   “Queremos facer na segunda década do século XXI o mesmo que se fixo na terceira década do século XX”, dixo Feijóo. Isto é: situar a facultade de Medicina cerca do hospital, integrando así na mesma área a actividade docente, a clínica e tamén a investigadora, pois pola zona da Choupana tamén están centros de investigación biosanitaria coma o Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS), o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus) e o Centro de Biomedicina Experimental (Cebega), que entrará en funcionamento pronto. Todos eles agrúpanse no biocluster das ciencias da saúde Campus Vida.…
Santiago, 18 de febreiro de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe da aprobación por parte do Consello da Xunta do decreto polo que se crea e regula o Censo de Vivendas Baleiras de Galicia, no que obrigatoriamente deberán estar inscritos aqueles inmobles propiedade de entidades de crédito ou similares sempre que se atopen en concellos de máis de 10.000 habitantes. Na rolda de prensa posterior á xuntanza do Consello, Feijóo precisou que as entidades de crédito terán seis meses, desde a entrada en vigor do decreto para inscribir no censo os inmobles que nese momento se atopen desocupados. E subliñou que o incumprimento da obriga de inscrición suporá unha sanción de ata 3.000 euros por inmoble. Segundo explicou, no caso das vivendas que se rematen con posterioridade á entrada en vigor do decreto, establécese un prazo máximo de oito meses dende a obtención da licenza de primeira ocupación. E o mesmo prazo de oito meses aplicarase tamén para aquelas vivendas que queden desocupadas polo remate dun contrato de alugueiro ou ben debido á súa compra. O presidente concretou que, ademais, poderán inscribirse de forma voluntaria aquelas vivendas que estean en concellos de menos de…
Santiago, 18 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a posta en marcha de Iniciativa Captación de Investimentos 4.0, un proxecto pioneiro para atraer a Galicia investimentos de máis de 50 millóns de euros e que xeren retorno na Comunidade. Máis polo miúdo, Feijóo explicou que esta iniciativa busca a captación de capital para desenvolver grandes proxectos sobre a fábrica intelixente e as tecnoloxías que a rodean, como a intelixencia artificial, o internet das cousas, a impresión 3D ou o Big Data. E con dous requisitos básicos: que o produto da innovación se fabrique en Galicia e que se comercialice desde a comunidade. “Estamos a falar en definitiva de proxectos tecnolóxicos con orzamentos superiores a 50 millóns de euros cuxo apoio público oscilará entre o 25 e o 40% do custo do proxectos”, aseverou. Para garantir que eses investimentos xeren retorno na Comunidade, o mandatario precisou que se esixirá o compromiso previo da empresa de realizar a explotación de resultados exclusivamente en Galicia, co conseguinte impacto no tecido produtivo derivado do investimento en I+D. Feijóo precisou que nos vindeiros días publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio…
Santiago, 18 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Xunta pechou 2015 cunha execución orzamentaria do 106 por cento, situándose á cabeza das comunidades autónomas en esforzo investidor. Como destacou, a Xunta aforrou 56 millóns de euros en gastos financeiros e aumentou 282 millóns de euros os gastos de capital, un 25 por cento superiores aos de 2014. Segundo os datos recollidos nun informe que a Consellería de Facenda deu a coñecer na xuntanza do Consello da Xunta, a execución orzamentaria do pasado exercicio presenta un incremento notable dos ingresos, cunha recuperación por primeira vez dos ingresos que proveñen de impostos vinculados á reactivación económica; un esforzo na execución dos fondos europeos; unha maior eficiencia na execución do Fondo de Compensación Interterritorial (FCI); un aforro no pago de xuros; e un maior gasto investidor. Como detallou Feijóo, en materia de ingresos, os non financeiros aumentaron un 7,6 por cento en relación a 2014 e os ingresos nos tributos cedidos incrementáronse en case un 7 por cento no último ano. Así, os ingresos por Transmisións Patrimoniais melloraron case un 19 por cento, e por Actos Xurídicos Documentados máis dun 13 por cento (en…
Galicia cumpriu en 2015 o obxectivo de déficit e conseguiu rebaixalo ao 0,67% do PIB O conselleiro de Facenda avanza que a Xunta axustouse ao obxectivo do 0,7% fixado para todas as Comunidades Autónomas O Goberno galego reduciu un 31% o déficit respecto de 2014 Valeriano Martínez lembra que o cumprimento do déficit ten efectos prácticos e beneficiosos para a cidadanía galega “Galicia é a proba de que é posible cumprir o déficit público”, indicou A Xunta dispuxo de preto de 150 millóns de euros adicionais grazas ao cumprimento da estabilidade orzamentaria e o aforro nos xuros da débeda Galicia mantén blindado o gasto social ao tempo que está á cabeza de comunidades en esforzo investidor  Santiago, 17 de febreiro de 2016.- Valeriano Martínez avanzou hoxe que Galicia pechou o exercicio 2015 cun déficit público do 0,67% do PIB, o que significa que a Comunidade galega volveu cumprir o obxectivo de estabilidade orzamentaria para o ano pasado, fixado no 0,7% polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para todas as Comunidades Autónomas. En rolda de prensa, o conselleiro indicou que o dato provisional de déficit público de Galicia situouse no 0,67% ao peche de 2015. Isto supón unha redución…
O PPDEG AFIRMA QUE A UTILIZACIÓN DO TRANSPORTE PÚBLICO SUPÓN AFORROS MEDIOS DE 600 EUROS ANUAIS PARA OS USUARIOS ·    “As políticas tarifarias promovidas desde a Xunta parten non só dun principio  igualitario, senón de acceso universal” ao transporte público, afirmou Santiago, 16 de febreiro de 2016.- O deputado do Grupo Popular Jesús Goldar asegurou hoxe no Parlamento que a utilización do transporte público “supón actualmente aforros medios de 600 euros anuais para os seus usuarios habituais, ademais de representar unha alternativa real ao vehículo particular”. Neste sentido, salientou que a Xunta dispón dun conxunto de actuacións para contribuír á mellora das condicións de prestacións do transporte público, entre as que destaca o Plan de Transporte Metropolitano, así como unha programación de actuacións nos vindeiros anos que contribúan a mellorar este servizo público. Jesús Goldar asegurou que “as políticas tarifarias promovidas desde a Xunta parten non só dun principio  igualitario, senón de acceso universal” ao transporte público. “O acceso á Tarxeta metropolitana de Galicia está aberto a calquera cidadán, con independencia do seu domicilio e, incluso, da súa nacionalidade, co único interese por parte da Administración en que faga uso do sistema de transporte público”, apuntou. A través desta tarxeta,…
O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO A INCLUSIÓN DO CÓDICE CALIXTINO NO REXISTRO DE MEMORIA DO MUNDO E A REFORMA DO TRAMO PONTEVEDRA-CURRO DA ESTRADA PO-531 ·    Tamén se procederá á designación de dous novos membros do Consello de Contas e outros tres do Consello Social da Universidade de Vigo Santiago, 16 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana a inclusión do Códice Calixtino no rexistro de Memoria do mundo da Unesco e a execución da reforma do tramo Pontevedra-Curro da estrada PO-531. O portavoz popular, Pedro Puy, apuntou que na sesión plenaria tamén se procedera ao debate de totalidade do proxecto de Lei de Economía Social e ao debate para a súa aprobación do proxecto de Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, que permitirá dar “solución a un problema imprevisto para a ampliación da factoría de PSA en Vigo xerado pola anulación xudicial do Plan Xeral desta cidade”. Pedro Puy informou que a sesión plenaria dará comezo coa designación dos dous novos membros do Consello de Contas de Galicia e de tres membros do Consello Social da Universidade de Vigo. A continuación, e previa á…

Síguenos nas redes sociais