Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

PEDRO PUY AFIRMA QUE O PPDEG ESTÁ “EN CONDICIÓNS DE RECUPERAR A CONFIANZA DOS GALEGOS E PROSEGUIR CO PROCESO DE REFORMAS E MODERNIZACIÓN DE GALICIA Respecto da situación catalá, lembrou que “a nosa práctica política foi de defensa e posta ao día das institucións de autogoberno e da autonomía financeira, que permitiu evitar que Galicia estivese, como está Cataluña, intervida polo Estado” “Nos estamos recuperando, aínda que non acadamos os niveis de renda ou benestar semellantes aos existentes antes da crise”, dixo Santiago, 10 de xaneiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que, de cara ás vindeiras eleccións autonómicas, o Partido Popular de Galicia está “en condicións de recuperar confianza e de proseguir adiante cun proceso de reformas e de modernización e adaptación ao novo escenario europeo e español, moito máis competitivo e onde hai que ser máis eficientes para conseguir traballo, que é o que realmente importa”. Respecto da situación en Cataluña, Puy reiterou que “a nosa práctica política foi de defensa e posta ao día das institucións de autogoberno e da autonomía financeira a través dunha xestión que permitiu evitar que Galicia estivese, como está Cataluña neste momento, intervida polo Estado”. Nunha entrevista…
O titular da Xunta, acompañado por membros do Goberno galego, presidiu a sinatura do convenio entre o Executivo autonómico e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020 Feijóo di que o Plan de Financiamento Universitario permitirá acadar unha universidade máis especializada, máis internacional e á cabeza dos novos desafíos científico-tecnolóxicos Afirma que o novo Plan de Financiamento supón un compromiso explícito coa educación pública, coa modernización do ensino superior, e coa función que desempeña a Universidade como catalizador do tecido produtivo dun país Sinala que foi grazas a ter anteposto os intereses xerais fronte a vontades particulares como se lograron o pasado ano fitos históricos para a universidade galega, como o primeiro acordo sobre docencia clínica no grao de Medicina; a conxelación das taxas un ano máis e este novo Plan de Financiamento Destaca que o Plan mobiliza un 18% máis de fondos que o anterior, chegando a preto de 2.480 millóns en total, polo que a Xunta garante a estabilidade e a suficiencia financeira das tres universidades e establece un novo reparto; máis simple e transparente porque se eliminan so chamados ‘criterios históricos’ Asegura que hoxe remata un proceso…
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou hoxe que Galicia comeza  2016 con menos impostos e mellores indicadores económicos que hai un ano, consolidando a recuperación económica e a creación de emprego, e garantíndose unha estabilidade política e institucional que considera básica para a nosa comunidade. Así mesmo, o voceiro sinalou que a estabilidade que ten hoxe Galicia nos permite arrancar o ano cuns orzamentos en vigor que xeran certeza e confianza. Ao mesmo tempo, puxo en valor a nosa boa situación recordando que hai sete comunidades autónomas que aínda non teñen os orzamentos para 2016 aprobados e poñendo como exemplo Cataluña que, se ben antes era un referente estatal, hoxe non ten orzamentos, nin goberno, nin presidente, “cun futuro que depende do que decidan grupos minoritarios e extremistas nunha asemblea celebrada nun polideportivo”. “Nós queremos para Galicia unha realidade baseada na estabilidade e na confianza”, indicaba Tellado mentres explicaba tamén que os orzamentos supoñen 282 millóns de euros máis que no 2015 dedicados ao gasto social. Deste xeito permitirase incrementar o gasto da renda de integración social e poñer en marcha un plan contra a desigualdade social dotado con 20 millóns…
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor os datos do paro do pasado mes de decembro coñecidos esta mañá e que indican que Galicia rematou o 2015 con 23.110 desempregados menos que hai un ano. O voceiro dos populares galegos salientou que estas cifras confirman unha progresiva mellora do mercado laboral xa que a nosa comunidade volve posicionarse a niveis de paro inferiores aos rexistrados en 2010, hai xa cinco anos. O portavoz sinalou que a redución interanual no número de desempregados supón unha baixada do 9,17%, descendendo 1,2 puntos máis que no conxunto de España, onde a baixada non supera o 7,9%.  Tellado asegurou que en Galicia mantense a estabilidade política que falta noutras comunidades autónomas. Ao mesmo tempo, incidiu en que aínda que é certo que o paro o baixan as empresas, son os gobernos os responsables de crear un clima que permita que se desenvolvan iniciativas para xerar emprego como fai o Goberno da Xunta “que ten claro o que verdadeiramente importa”.  Así, esta é a vixésimo sexta baixada interanual consecutiva, é dicir, levamos máis de dous anos de descensos seguidos do paro rexistrado, sendo tamén esta…

Síguenos nas redes sociais