Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O titular do Goberno galego presidiu esta tarde o ‘Acto de Recoñecemento de Transferencia Sanitaria a Galicia: 25 anos da transferencia do Insalud á Comunidade Autónoma de Galicia’ Feijóo subliña que en 25 anos a Xunta foi quen de duplicar o Servizo Galego de Saúde e facelo o dobre de eficiente Salienta que “foron 25 anos de éxito, dun traballo profesional enorme que hoxe nos permite facer un cuarto de século co deber cumprido”. Neste momento, “temos unha sanidade pública en Galicia moitísimo mellor da que podiamos soñar hai 25 anos”, di Asegura que neste período construíronse 7 novos hospitais, pasouse de 84 a 255 quirófanos, e dun cadro de persoal de 19.000 profesionais a máis de 36.000 Apunta que os centros de saúde se multiplicaron por sete e que Galicia conseguiu equiparar e incluso superar a media de gasto por habitante ao conxunto do Estado Sostén que o reto actual é facer un novo Sergas desde o punto de vista das infraestruturas, porque “o 70 por cento dos galegos na súa área sanitaria terán neste ano un hospital novo ou renovado ou un centro de saúde novo” Santiago, 25 de xaneiro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo asegurou que nos…
O autonómico terá lugar unha vez rematada a remodelación de estruturas na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra O PPdeG inicia un proceso de actualización de equipos coa celebración no mes de marzo dos catro congresos provinciais  • Rueda lembrou que o partido reaccionou á perda de apoios nas eleccións municipais comprometendo unha “renovación de políticas, actitudes e equipos” Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou hoxe o inicio dun proceso de renovación de equipos no PPdeG, que se traducirá na celebración no mes de marzo dos catro congresos provinciais do partido. Eses procesos servirán para actualizar e adecuar as nosas estruturas internas en cada un dos territorios. A decisión, acordada hoxe no Comité de Dirección do partido, implica que as xuntas directivas provinciais convoquen ditos congresos de xeito inmediato e de forma que poidan estar todos eles celebrados neste primeiro trimestre do ano.  Alfonso Rueda lembrou que o partido reaccionou á perda de apoios nas eleccións municipais comprometendo unha “renovación de políticas, actitudes e equipos”. “Renovamos políticas dende as institucións que gobernamos pero sobre todo dende a Xunta de Galicia. O fixemos acentuando o noso discurso social e acometendo unha seria…
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, foi moi critico hoxe coa decisión de En Marea de renunciar a ter unha andaina por separado no Congreso dos Deputados e optar por completar o Grupo Parlamentario de Podemos. Para o dirixente popular, a coalición enganou aos galegos asumindo unhas siglas e uns compromisos diferentes aos de Podemos cando en realidade son a mesma cousa.  Tellado recorda que é certo que parte de En Marea era Podemos, pero tamén o é que Anova e outras formacións do ámbito do nacionalismo galego confluíron nesa plataforma. “Agora renuncian a ese nacionalismo para facer posibles as aspiracións de Pablo Iglesias”. “É un triste final para a carreira nacionalista de Xosé Manuel Beiras, que toda a vida defendeu un nacionalismo que combatera as forzas estatais e agora está integrado nunha delas”, di. Para o voceiro popular o experimento de Podemos no Congreso terá un percorrido similar ao da coalición AGE, que arrancou no Parlamento galego con nove deputados e como terceira forza parlamentaria, e agora é a carta tras perder a terceira parte dos seus integrantes. En Marea ven de entregar o voto dos galegos a Pablo Iglesias, Íñigo…
Fene (A Coruña), 20 de xaneiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por seguir explorando nas posibilidades que ofrece a industria eólica mariña para garantir máis carga de traballo aos estaleiros de Navantia Fene. Así o manifestou logo de participar no inicio de fabricación das cinco estruturas flotantes que este estaleiro construirá para o que é o primeiro parque eólico flotante do mundo, o parque Hywind en Escocia. Feijóo precisou que se trata do segundo contrato en menos dun ano que Navantia Fene consegue no eido da eólica mariña —neste caso para a empresa enerxética noruega Statoil—, despois de que en decembro de 2014 lle fose encargada a construción de 29 jackets para o parque eólico mariño que Iberdrola promove en Alemaña (Wikinger), no Mar do Norte. Ambos os dous pedidos lográronse en alianza coa empresa asturiana Windar Renovables e son, dixo, unha demostración de que Navantia Fene se está posicionando como un “socio de referencia” no mercado eólico offshore. Despois de case dez anos sen carga de traballo é grazas á industria eólica mariña este estaleiro volve estar operativo, salientou. As cinco estruturas flotantes, de 6 MW cada unha, terán un peso dunhas 3.500…
Santiago, 19 de xaneiro de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana dúas proposicións non de lei para fomentar a cooperación entre administracións e estaleiros públicos e privados para mellorar a investigación e a innovación no sector naval galego, así como para potenciar as estratexias de capacitación e competencia lectora da sociedade galega. A sesión plenaria incorpora, ademais, a comparecencia da conselleira de Medio Ambiente e Territorio e o debate de totalidade do proxecto de Lei de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral de Galicia e do seu sector público. A modo de resumo, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, sinalou que a sesión plenaria incorpora 28 cuestións, das que catro corresponden ao Grupo Popular e outras dúas ao Goberno galego, ademais dunha iniciativa lexislativa popular. “As restantes 21 son a iniciativa dos grupos da oposición, o que confirma unha vez máis que neste Parlamento non existe veto nin posicionamento da maioría que priven do debate das cuestións que a oposición considera que preocupan á cidadanía”, sinalou. TRES NOVAS DEPUTADAS Ao remate da Xunta de Portavoces, Pedro Puy informou que a sesión plenaria dará comezo coa toma de posesión das tres novas…
A PONENCIA DO PROXECTO DE LEI DO SOLO PECHA SEN QUE AGE VARÍE A SÚA OPOSICIÓN A QUE AS ADMINISTRACIÓNS POIDAN EXECUTAR PROXECTOS POR RAZÓNS DE URXENCIA ·    O portavoz popular trasladou “tranquilidade absoluta” porque o problema “será solventado” xa que existen outros mecanismosque dan solución ao problema que na actualidade ten Vigo pero que pode estenderse a outros concellos Santiago, 18 de xaneiro de 2016.-  A ponencia do proxecto de Lei do solo de Galicia pechou esta mañá o seu traballo para a elaboración do ditame sen que o grupo de AGE variara a súa postura respecto da modificación do artigo 144 para que as administracións públicas poidan executar proxectos por razóns de urxencia ou excepcional interese público. Diante desta situación, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, subliñou que, “aínda que AGE faga unha actuación de obstrucionismo ao traballo parlamentario, hai outros mecanismos que permiten que o problema se resolva con todas as garantías xurídicas nun prazo de tempo breve e razoable”. A preguntas dos xornalistas, Puy trasladou “tranquilidade absoluta” porque o problema “será solventado”, xa que indicou que existen outros mecanismos para dar unha saída ao problema que na actualidade ten o Concello de Vigo, logo de…
O PLENO DO PARLAMENTO GALEGO PROCEDERÁ A VINDEIRA SEMANA AO DEBATE DE TOTALIDADE DO PROXECTO DE LEI DO PATRIMONIO CULTURAL ·    As novas deputadas Sandra María Devesa e Elena González participaron por primeira vez esta mañá na reunión do Grupo Popular Santiago, 18 de xaneiro de 2016.- O Pleno do Parlamento galego da vindeira semana acollerá o debate de totalidade do proxecto de Lei do Patrimonio Cultural, unha iniciativa lexislativa que “conviría que saíse cun amplo grao de acordo para protexer o noso patrimonio no só con sancións senón tamén incentivando a conservación con apoio económico”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy. O Grupo Popular celebrou esta mañá a súa habitual reunión dos luns na que comezou a preparar a sesión plenaria da vindeira semana. Como novidade, esta xuntanza contou coa presenza das dúas novas deputadas: Sandra María Devesa Bouzas, que substitúe á nova senadora e ex viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado; e Elena González Sánchez, que ocupará a vacante deixada pola ex Presidenta do Parlamento e nova deputada no Congreso, Pilar Rojo. PERÍODO DE SESIÓNS MÁIS LONGO DA HISTORIA Pedro Puy subliñou que, coa recente reforma do Regulamento, “iniciamos o período ordinario de sesións máis longo…
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016.- O voceiro dos populares galegos, Miguel Tellado, amosou esta mañá o seu asombro ante a noticia da cesión de senadores galegos á ERC e a Democràcia i Llibertat, e preguntouse se Besteiro cre que os lucenses votaron a Ricardo Varela para que apoiara aos independentistas cataláns.  “Parece que ao que foi número dous do PSOE en Galicia lle debeu parecer pouco o nacionalismo galego porque agora quere apoiar de forma activa ao nacionalismo catalán”, afirmou Tellado tras coñecerse que Varela será un dos senadores cedidos para que os dous partidos do independentismo de Cataluña poidan ter grupo parlamentario propio na Cámara Alta.  Así, no seu intento por facilitar a súa investidura, Pedro Sánchez, coa complicidade do secretario xeral dos socialistas galegos, entrega a Galicia ao servizo de formacións secesionistas. Nesta liña, Tellado pediu aos socialistas que “non usen a un representante dos galegos para unha manobra tan burda”, que só demostra que o PSOE é capaz de aceptar calquera cuestión con tal de conseguir que Pedro Sánchez chegue a gobernar España. “Está disposto a apoiarse en Podemos, que esixe o dereito de autodeterminación, e disposto a apoiarse nos partidos do independentismo catalán,…
O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR E INCENTIVAR A CERTIFICACIÓN FORESTAL ·    O acordo pide tamén impulsar a obtención de certificacións forestais para os montes de titularidade pública, dependentes da administración local ou autonómica ·    O portavoz de Forestal agradeceu o apoio do PSOE á súa iniciativa “que aposta por montes máis sostibles e con maior valor”, e lamentou que “o grupo mermado de AGE e o BNG non quixeran sumarse ao acordo” Santiago, 15 de xaneiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe, cos votos favorables de PP, PSOE e BNG, a iniciativa do Grupo Popular na que insta á Xunta de Galicia á posta en marcha de axudas e outros incentivos para os propietarios dos montes que queiran acollerse aos distintos sistemas de certificación forestal que existen. O acordo parlamentario proposto polos populares pide tamén impulsar a obtención de certificacións forestais para os montes de titularidade pública dependentes das administracións locais, mediante a posta en marcha de liñas específicas da axudas e para aqueles que dependen da Xunta de Galicia. MÚLTIPLES VANTAXES O portavoz de Forestal do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, lembrou as múltiples vantaxes da certificación forestal, entre elas que…

Síguenos nas redes sociais