Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O portavoz do Grupo Popular sinalou que o PP debe “traballar arreo para facer ver que a situación é moi complexa”   PEDRO PUY ASEGURA QUE A GOBERNABILIDADE EN ESPAÑA SE FACILITARÍA “SE GOBERNA QUEN TEN O MAIOR RESPALDO DA CIDADANÍA, QUE DE ACORDO COAS ELECCIÓNS E AS ENQUISAS É O PP” Santiago, 6 de xuño de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe que a gobernabilidade de España se facilitaría “se quen goberna é quen ten o maior respaldo da cidadanía, que de acordo coas eleccións e co que vamos coñecendo das análises demoscópicas é o Partido Popular”. A preguntas dos medios sobre o posible sorpasso de Unidos Podemos ao PSOE nas vindeiras eleccións xerais, Pedro Puy salientou que “as enquisas reforzan ao PP e a consolidación e a fidelidade do seu voto”, polo que avanzou que “o feito de que quede un ou outro partido por diante non vai contribuír a facilitar a gobernabilidade”. ESFORZO DE RESPONSABILIDADE Neste sentido, Puy apuntou que cos datos aportados polas enquisas “vanse manter ou mesmo incrementar as dificultades para organizar un goberno estable en torno á confluencia dos grupos máis extremistas co PSOE”. Esta situación “vai esixir un especial…
O Grupo Popular espera que a oposición apoie a proposta de declaración institucional de apoio aos traballadores de Alcoa PUY SALIENTA A IMPORTANCIA DA PROPOSICIÓN DE LEI DE TRANSPORTE PÚBLICO PARA “DAR GARANTÍAS XURÍDICAS A UN SECTOR QUE ESTÁ ACOMETENDO TRANSFORMACIÓNS IMPORTANTES” Santiago, 6 de xuño de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe a importancia da proposición de lei de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, que mañá inicia a súa tramitación parlamentaria co debate de toma en consideración en Pleno, porque “é necesario dar garantías xurídicas ao sector, que está acometendo unha serie de transformacións importantes para mellorar o servizo que prestan aos cidadáns”. Pedro Puy lembrou que o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo supuxo que dos 145 contratos de transporte interurbano existentes en 2009, só 14 manterían a súa vixencia. Neste sentido, indicou que esta proposición de lei é “unha saída falada co sector, establecendo un marco que garante a elaboración dun plan de transporte para sacar a concurso as liñas e que as decisións que se adoptaron para mellorar o servizo se manteñan ao longo do tempo”. DECLARACIÓN ALCOA Na súa comparecencia ante os medios logo…
Compromete a continuación desta aposta medioambiental coa elaboración dunha nova Lei de Conservación da Natureza Tellado destaca a “sensibilidade verde” do PPdeG como demostración de que é o partido que máis se parece a Galicia • Destaca a recente posta en marcha pola Xunta da nova Rede de Parques Naturais de Galicia como un exemplo do compromiso do PPdeG co medio ambiente da nosa terra • Refírese ao patrimonio natural galego como “unha peza fundamental na construción da nosa identidade como pobo” e afirma que o PPdeG “ten que levar integrado no seu proxecto de futuro para este país” a súa conservación Pontedeume, 5 de xuño de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, animou no Día Mundial do Medio Ambiente a alcaldes, voceiros e membros de NN.XX. a “combinar o verde co azul do PPdeG” para parecerse máis a esa “Galicia verde e azul” que é a que “nos move”. Despois dun paseo polo Parque Natural das Fragas do Eume, no que foi acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e polo presidente provincial do PPdeG, Diego Calvo, Tellado explicou a visita como unha contribución, por parte do PPdeG, á estratexia de difusión e…
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, avanzou que o PPdeG  contará coa presenza do candidato do PP á presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, coa vicepresidenta do Goberno en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría; e coa dos ministros e vicesecretarios do PP na campaña das eleccións xerais que arranca o vindeiro xoves.  Tras confirmar tamén que o acto de inicio, coa tradicional pegada de carteis, terá lugar en Santiago de Compostela, anunciou que formularán unha campaña na que “falaremos menos e escoitaremos moito máis á xente”.  “A cidadanía deixou claro que o panorama cambiou e que teñen inquedanzas novas que queren que sexan resoltas polos seus representantes, por iso o PPdeG sairá á rúa a escoitar aos galegos para tomar boa nota das súas preocupacións”, apuntou Tellado tras presidir o Comité de Campaña dos populares de Galicia para os comicios nacionais. Así mesmo, fixo fincapé en que se trata dunhas eleccións que “lamentablemente téñense que repetir pola vontade de bloqueo dos partidos da esquerda” e que, a pesar de resultar perdedores,  “imposibilitaron que o partido que gañou puidera conformar goberno”. Por este motivo, engadiu que os partidos políticos, antes de pedir…
Alberto Núñez Feijóo destacou que a Xunta destinará preto de 20 millóns de euros derivados dos recursos adicionais do cumprimento do déficit para, no rural, mellorar a base territorial das explotacións, contribuír a diversificar as oportunidades e responder a diversas necesidades conxunturais, así como, no eido da pesca, mellorar as infraestruturas portuarias.   Máis polo miúdo, Feijóo destacou que nos próximos meses se inxectará unha achega de 4,2 millóns de euros para pechar as concentracións xa moi avanzadas e para decretar novas zonas de reestruturación.   Nesta liña, levaranse a cabo varias obras que permitan poñer á disposición dos propietarios as fincas afectadas por distintos procesos de concentración parcelaria, e que facilitarán o acceso a fincas ou a mellora das comunicacións en máis de 36.000 hectáreas, beneficiando en total máis de 25.000 familias. “E, tamén decidimos iniciar os traballos en novas zonas de reestruturación parcelaria, actuando en máis de 8.700 hectáreas, que beneficiarán máis de 3.300 propietarios”, engadiu. No eido das infraestruturas, o titular da Xunta precisou que a Administración autonómica destinará 4,5 millóns de euros para poñer a punto numerosas infraestruturas nun total de 25 concellos. E, co obxectivo de diversificar as posibilidades no agro, destinarase unha liña de…
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe o aumento nun 25% o número de obradoiros de emprego autonómicos, que pasan de 80 a 100. Esta iniciativa, xunto coas 28 lanzadeiras de emprego que se porán en marcha, axudarán a que 3.600 persoas desempregadas obteñan oportunidades laborais.   “Aumentamos a dotación orzamentaria destes dous programas, de 17 millóns de euros a 21 millóns”, dixo o presidente. Deste modo, poderán beneficiarse dos obradoiros de emprego 1.920 persoas, en lugar das 1.300 que se prevían inicialmente. O 20% das súas prazas están reservadas para os beneficiarios da Risga.   Estes obradoiros durarán seis meses, durante os cales a Xunta financiará o soldo dos participantes e a súa contribución á Seguridade Social, así como o dos docentes e o dos administrativos que xestionen o proxecto. Pola súa banda, os concellos encargaranse da organización directa dos cursos, a selección dos profesionais que os levarán a cabo e a relación cos participantes. Isto pon de relevancia, tal e como subliñou o presidente, “a importancia da colaboración entre institucións”.   No tocante as lanzadeiras de emprego —os antigos programas integrados—, Feijóo afirmou que contarán un orzamento de preto de 3 millóns de euros e…
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, tras a reunión do Consello da Xunta, o deseño, xunto co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), dunha guía sobre o emprego da cor e dos materiais para acadar unha verdadeira integración paisaxística das edificacións das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia.   Máis polo miúdo, Feijóo precisou que a guía será elaborada polo COAG a través dun convenio dotado con algo máis de 163.000 euros, e coa finalidade de establecer unhas directrices técnicas, científicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e os materiais dos revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas, periurbanas e rurais. “É dicir, marcar unhas pautas para acadar unha axeitada integración paisaxística e contribuír a unha mellora da calidade dos espazos públicos”, dixo, ao que engadiu que, deste xeito, definiranse os tipos de materiais máis recomendables para os diferentes elementos da construción en base ao territorio onde se van asentar, así como as gamas ou paletas de cores máis congruentes coa contorna na que se vaian empregar.   Para conseguilo, inicialmente elaborarase unha análise e diagnose previa en cada unha das doce grandes áreas que establece o xa aprobado Catálogo das paisaxes de Galicia. E,…
Vigo, 2 de xuño de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que tras 31 baixadas consecutivas do paro en Galicia “é evidente que a recuperación económica por fin chegou á rúa”. O dirixente popular celebrou os datos do paro do pasado mes de maio, onde houbo un descenso no desemprego de 16.517 persoas con respecto a hai un ano, é dicir unha baixada significativa do 7% que se traduce na creación de postos de traballo.  Así mesmo, salientou que creceu un 1,26% a afiliación á Seguridade Social en relación ao ano pasado, con 11.841 afiliados máis que hai doce meses. En total, levamos 26 meses consecutivos de subidas á afiliación en Galicia dende abril de 2014, uns datos que Tellado cualifica como positivos e que avalan que a recuperación económica “é real”.   Para o mandatario cómpre estar satisfeitos posto que o paro baixa en todos os sectores, nas catro provincias e nas sete cidades galegas.   Ademais, malia que asegurou que aínda queda moito por facer, puxo en valor todo o traballo realizado nestes últimos meses e que permite que hoxe podamos celebrar estas cifras. XESTIÓN INEXISTENTE DE CABALLERO EN VIGO Por outra banda e durante…
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, anunciou que o PPdeG puxo en marcha a súa maquinaria de cara ás vindeiras eleccións autonómicas e asegurou que xa están traballando nun programa electoral que será “aberto para a nova etapa de consolidación da recuperación económica e da creación do emprego”. O dirixente reuniuse esta mañá co amplo equipo redactor do programa electoral para as autonómicas e que está formado por representantes do grupo parlamentario, do novo Comité Executivo e por membros do Goberno autonómico. “Plantexamos elaborar un documento participativo que permita reunirnos con distintos colectivos para recoller propostas de entidades e tamén de persoas a título individual”, apuntou. Así mesmo, Tellado indicou que pese a que no horizonte máis inmediato está a celebración das eleccións xerais, esa campaña debe circular en paralelo á preparación das autonómicas, non podendo esperar ao 26-X para comezar a configurar a proposta que farán aos galegos e que marcará a folla de ruta de Galicia dende ano 2016 ata o ano 2020. Nesta liña, engadiu que empregarán a experiencia dun Goberno que ven traballando ao longo dos últimos sete anos para recuperar a situación da nosa comunidade…

Síguenos nas redes sociais