Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

A COMISIÓN 1ª APROBA O DITAME DA MODIFICACIÓN DA LEI DE COORDINACIÓN DE POLICÍAS LOCAIS, PASO PREVIO Á SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA EN SESIÓN PLENARIA ·    O texto definitivo do ditame incorpora o 45% das emendas presentadas polos grupos da oposición Santiago, 10 de xuño de 2016.- A Comisión 1ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei que modifica a Lei 4/2007 de coordinación de policías locais, que permitirá “dotar de seguridade xurídica aos procesos selectivos para a incorporación de novos axentes e evitará a parálise existente na actualidade na convocatoria de prazas nos concellos galegos”, manifestou o deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira. Na súa intervención, Moreira salientou que coa aprobación do ditame “damos un paso importante a un proxecto que xa viña consensuado desde a Xunta de Galicia tanto coa Comisión de Coordinación de Policías Locais como pola Federación galega de municipios e provincias (Fegamp)”. “Á maiores, no debate de ponencia, o Grupo Popular incorporou ao texto o 45 por cento das emendas presentadas polos grupos da oposición”, sinalou Moreira. Porén, amosouse sorprendido pola abstención de todos os grupos da oposición. ASPECTOS SIGNIFICATIVOS Entre os aspectos significativos deste novo texto lexislativo, o deputado popular sinalou…
O PPDEG EXPRESA “O MÁIS PROFUNDO AGARIMO” ÁS FAMILIAS E AMIGOS DAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE DE ANGROIS E AVOGA POR “COÑECER CANTO ANTES TODA A VERDADE” Santiago, 8 de xuño de 2016.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Jesús Goldar, reiterou hoxe no Parlamento “o máis profundo agarimo aos representantes da Plataforma das vítimas do tren Alvia e a todas as familias e amigos de todas e cada unha das vítimas” e sinalou que “todos os galegos temos o máis grande interese en coñecer canto antes toda a verdade do acontecido naquel triste día para que nunca máis teñamos que sufrir nada semellante”. Goldar lamentou que o BNG impedira hoxe que o Parlamento galego aprobara solicitar á Comisión Europea que faga público o informe redactado pola Axencia Ferroviaria Europea sobre o accidente de Angrois. Neste sentido, lembrou que a divulgación do informe da Axencia Ferroviaria Europea “debe ser autorizada pola Comisión Europea, que xa comunicou o peche do expediente aberto contra España e a súa intención de non publicar dito informe ata final do presente mes de xuño, para non interferir coa investigación xudicial en curso”. SEN COMPETENCIAS PARA INVESTIGAR “En todo caso, a Axencia Ferroviaria Europea xa reiterou…
UNANIMIDADE NO PARLAMENTO DE GALICIA PARA RECLAMAR O REMATE ESTE ANO DA OBRA DO NOVO ACCESO AO PORTO DE BURELA ·    Ademais das melloras evidentes en comunicación, gañarase en seguridade, pois evitará o paso de 146.000 vehículos pesados ao ano polo centro da localidade ·    A concorrencia de dous gobernos populares, en Galicia e en España, permitiu que nos últimos meses a obra acadara o impulso definitivo tras anos de múltiples contratempos Santiago, 8 de xuño de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade a iniciativa impulsada polo Grupo Popular na que se insta á Xunta ao remate, neste ano 2016, da obra do novo acceso ao porto de Burela. Trátase dunha estrada na que o Goberno galego vén de investir preto de 8 millóns de euros, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e que ao longo dos seus 1,26 quilómetros enlazará a Avenida da Mariña coa zona portuaria, á altura da nova lonxa. INFRAESTRUTURA ESTRATÉXICA O deputado popular Jose Manuel Balseiro agradeceu o apoio acadado e salientou que “todos os grupos parlamentarios coincidiron en considerar esta infraestrutura como estratéxica polo pulo que suporá para as empresas e particulares que operan nunha das…
O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, INSTAR Á XUNTA A IMPULSAR A COMPRA PÚBLICA INNOVADORA ·    O obxectivo é promover a mellora dos servizos públicos e exercer un efecto tractor na innovación do tecido empresarial e nos centros de coñecemento galegos ·    Moisés Blanco salientou que “Galicia foi unha das comunidades autónomas pioneiras en incorporar na súa lexislación e normativa medidas de impulso á compra pública Innovadora” Santiago, 8 de xuño de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar a compra pública innovadora en todas as administracións galegas, como medida para promover a mellora dos servizos públicos e exercer un efecto tractor na innovación do tecido empresarial e nos centros de coñecemento galegos. “Temos que seguir avanzando nunha materia que evoluciona a gran velocidade e conseguir o maior número de fondos posibles, porque se non o facemos nós irán a parar a proxectos doutras autonomías ou estados da Unión Europea”, manifestou o portavoz de Novas Tecnoloxías, Moisés Blanco. Na súa intervención, Blanco sinalou que a compra pública innovadora “pódese levar a cabo en calquera ámbito ou nivel da administración…
Estrasburgo, 8 de junio de 2016.- El eurodiputado popular, Francisco Millán Mon, subrayó la necesidad de que Filipinas continúe sus esfuerzos contra la pesca ilegal, no declarada y no reglamentada; agregando que la Comisión Europea deberá seguir este asunto atentamente. El político gallego, que participó anoche en un debate en el pleno del Parlamento Europeo sobre la aprobación de un Acuerdo Marco de Partenariado y Cooperación de la Unión Europea con Filipinas, destacó la importancia de los lazos que unen a Filipinas con varios países europeos y la relevancia de este país dentro del ASEAN.  En esta línea, mencionó que el Acuerdo Marco facilitará la negociación que ya está en marcha del acuerdo de libre comercio entre la Unión Europea y Filipinas. “Este acuerdo”, dijo, “sustituirá a un instrumento unilateral como el SPG+ concedido a Filipinas en diciembre de 2014.”  
O PPDEG LAMENTA QUE A OPOSICIÓN REXEITE SOLICITAR AO GOBERNO CENTRAL QUE EXPLORE A POSIBILIDADE DE ACADAR UN PACTO POLA EDUCACIÓN ·    Hipólito Fariñas lembrou o principio de acordo asinado por representantes de PP, PSOE, PODEMOS e Ciudadanos na Universidade de Nebrija para a elaboración dun Pacto de Estado pola Educación Santiago, 7 de xuño de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Hipólito Fariñas, lamentou que os grupos da oposición rexeitaran esta tarde no Parlamento a súa emenda para que o Goberno central explore a posibilidade de acadar un Pacto pola Educación que consolide a senda de mellora dos indicadores de resultados consecuencia das innovacións pedagóxicas e metodolóxicas postas en marcha nos últimos anos. Fariñas subliñou que “a sociedade demanda consenso” e neste eido lembrou o principio de acordo asinado recentemente por representantes de PP, PSOE, PODEMOS e Ciudadanos na Universidade de Nebrija para a elaboración dun Pacto de Estado pola Educación. MENSAXE PEDAGÓXICA Deste xeito, lamentou que os grupos da oposición impediran que o Parlamento galego “fora o primeiro no que se acadara un consenso unánime arredor da necesidade deste pacto educativo”. “Tratemos de esquecer o que nos separa, que é bastante menos do que nos une,…
PEDRO PUY ASEGURA QUE O CONCERTO ECONÓMICO “NON É RENDIBLE E SERÍA TREMENDAMENTE PREXUDICIAL” PARA GALICIA ·    Estudos realizados sobre a materia afirman que o cupo suporía perdas do 3,8 por cento do PIB para Galicia ·    Puy acusou ao BNG de traer ao Parlamento “un debate fiscal contrario ao que se está debatendo no mundo Santiago, 7 de xuño de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que o concerto económico para Galicia que propón o BNG “non é rendible e ademais sería tremendamente prexudicial”, xa que suporía perdas de ingresos aproximadas do 3,8 por cento do PIB. Neste sentido, dixo que “fan as contas da vella, porque comparan o que recada o Estado en Galicia co que a Administración central transfire para pagar os servizos que exerce na Comunidade galega, esquecéndose de todos os servizos que o Estado presta aos galegos, como defensa, Seguridade Social ou obras públicas”. Na súa intervención na sesión plenaria, Puy explicou que o concerto económico supón que unha comunidade autónoma se financie cos impostos que recada e paga á Administración central unha contía como contraprestación polo que a Administración central realiza nesa comunidade. Neste sentido, indicou que este cupo “non…
O PARLAMENTO TOMA EN CONSIDERACIÓN A PROPOSICIÓN DE LEI PARA A ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA, IMPULSADA POLO GRUPO POPULAR ·    “O obxectivo é que entre todos sexamos quen de poñer unha solución acaída e urxente a un grave problema que pon en serio risco a milleiros de persoas que traballan nun sector fundamental para a economía de Galicia”, sinalou ·    A nova Lei achegará seguridade xurídica aos usuarios, ás empresas que deben prestar o dito servizo público e, por suposto, aos seus traballadores Santiago, 7 de xuño de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a toma en consideración da proposición de Lei de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, impulsada polo Grupo Popular para asegurar a prestación deste servizo a todos os usuarios con todas as garantías e coa máxima seguridade xurídica para os operadores. O portavoz de Infraestruturas, Jesús Goldar, animou aos grupos da oposición a realizar “aportacións construtivas” na tramitación parlamentaria deste texto lexislativo, “co obxectivo de que entre todos sexamos quen de poñer unha solución acaída e urxente a un grave problema que pon en serio risco a milleiros de persoas que traballan nun sector fundamental…
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que non quere para Galicia a irresponsabilidade que houbo en España estes últimos meses senón que quere que volva ao país a responsabilidade que si hai na nosa comunidade. Segundo indicou, o fracaso que partidos como o PSOE, Ciudadanos, Podemos e os nacionalistas arrastraron a todo o país, ata ter que celebrar uns novos comicios xerais, tamén ten que ser só deles o día das eleccións.  Así mesmo, apuntou que se os populares fixeran como o resto, hoxe en Galicia estariamos vendo que partidas recortar. Sen embargo, agora o que se fai é elixir en que investimos para solucionar os problemas sociais derivados da crise e para garantir o futuro, xa que aquí houbo a responsabilidade que faltou este tempo en España. O presidente tamén asumiu que agora non será sinxelo vencer ao hastío merecido contra a política posto que, se en decembro viñamos de catro anos de responsabilidade que levaron ao conxunto do Estado a volver crecer, en xuño vimos de cinco meses de irresponsabilidade que levaron ao bloqueo. Por este motivo salientou que agora é máis urxente que entón que o país…

Síguenos nas redes sociais