Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Indica que o PP é o partido máis unido de España e que Rivera non logrará dividilos coa súa estratexia Feijóo asegura que non é democrático pedir que se marche o candidato ao que escolleron sete millóns e medio de españois · Di que as explicacións de Ciudadanos sobre o acontecido con María Rey son insuficientes e apunta que a candidata abusou dos discapacitados co seu comportamento Vigo, 17 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG; Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o PP é o partido máis unido de España e que os populares teñen claro que o seu  candidato é Mariano Rajoy, o mesmo que os españois escolleron fai seis meses con sete millóns e medio de votos. Así se expresaba o dirixente durante un paseo esta mañá por Vigo acompañado pola portavoz do PP local, Elena Muñoz, polo coordinador de mocidade e participación do PPdeG, Javier Dorado, e polos candidatos ás Cortes pola provincia de Pontevedra, Irene Garrido e Miguel Fidalgo. Feijóo cualificou de “non democrática” a petición de Albert Rivera, que insiste en que para apoiar ao partido máis votado, ten que irse o candidato. Así, recoñeceu que, se o líder de Ciudadanos tivese a cantidade…
O novo texto lexislativo, que introduce o concerto social, queda pendente da súa aprobación definitiva en sesión plenaria APROBADO O DITAME DA MODIFICACIÓN DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS DE GALICIA, IMPULSADA POLO GRUPO POPULAR E QUE INCORPORA O 83% DAS EMENDAS DO PSOE, BNG E AGE Santiago, 17 de xuño de 2016.- A Comisión 5ª do Parlamento aprobou hoxe o ditame da proposición de Lei que modifica a Lei de Servizos Sociais de Galicia, impulsada polo Grupo Popular e na que se incorporaron o 83 por cento das emendas presentadas polos grupos do PSOE, BNG e AGE. O novo texto lexislativo, que introduce o concerto social como novo modelo de xestión dos servizos sociais, queda agora pendente da súa aprobación definitiva en sesión plenaria.   A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez, concretou que esta reforma puntual da Lei de Servizos Sociais, ademais de introducir o concerto social, reforza o papel das entidades de iniciativa social e garante dereitos esenciais ás persoas usuarias. DOCUMENTO ABERTO “Foi un documento aberto que intentamos consensuar coas entidades sociais e os grupos da oposición”, manifestou Rodríguez Arias, e mostra disto é que “o Grupo Popular non se rexeitou ningunha emenda nin…
Feijóo e Rajoy reúnense con representantes do terceiro sector 
Apunta que non é tolerable unha indefinición calculada que poida volver bloquear ao país durante os próximos anos   Feijóo pide o voto para Rajoy porque ten permanentemente a Galicia no seu corazón e nos orzamentos    • Afirma que Iglesias quere controlalo todo e que en Sánchez e Rivera destaca a ambigüidade, sen certeza ningunha do que poden chegar a facer   Pontevedra, 16 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que Mariano Rajoy ten a Galicia permanentemente no seu corazón, nos orzamentos e no Boletín Oficial do Estado. Por este motivo, pediu o voto para que o candidato do PP á presidencia do Goberno continúe ese compromiso coa nosa terra.   Así se expresaba nun mitin celebrado hoxe en Pontevedra e no que estivo acompañado da candidata ao Congreso, Ana Pastor, do presidente provincial, Alfonso Rueda, e do candidato popular á Moncloa, Mariano Rajoy.     Segundo Feijóo, Rajoy demostrou o seu compromiso porque fala do que importa aos galegos, que é o emprego, poder chegar a fin de mes, que o presidente non deixe débedas, garantir as pensións e que se baixen os impostos. “Aos galegos nos importa Galicia e, en consecuencia,…
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que só hai un voto co que volveu a creación do emprego a España e ao naval galego: o voto ao PP.   Segundo admitiu o dirixente popular, non hai goberno alternativo ao PP e, por iso, cando o resto de partidos perden, bloquean, non propoñen e van á contra. “O seu voto é contraproducente”, engadiu.   Durante un mitin celebrado en Ferrol e no que estivo acompañado polo presidente local, José Manuel Rey, polo candidato ao Congreso, Juan Juncal, e polo presidente provincial, Diego Calvo; Feijóo insistiu en que votar a Ciudadanos non ten sentido e é contraproducente ata para os votantes deste partido, xa que pode acabar transformándose nun voto ás Mareas de Podemos. “O voto a Ciudadanos non suma, o voto a Ciudadanos resta”, engadiu.   Así mesmo, fixo fincapé en que “o máis contraproducente para Galicia é o voto a Podemos”. Segundo indicou, eles din ser “os da xente” pero o primeiro que fan no Congreso é pedir un referendum en Galicia, para que nos dividamos entre nós e teñamos que escoller entre ser ou galegos ou españois.    Do mesmo xeito, recordou tamén que din querer un…
Feijóo visita Vilagarcía
Apunta que non é posible parecer alternativa de Goberno en dúas horas cando non foron capaces de sela en seis meses   Feijóo di que o debate foi a constatación televisada de que a estabilidade garante emprego e de que a alternativa é desgoberno   • Indica que Sánchez, Rivera e Iglesias “non suman un goberno”, e engade que con Rajoy si vimos experiencia, resultados, humildade e o balance dos catros últimos anos   • “A única opción é votar a un goberno seguro, moderado e que só pensa nos intereses xerais”, afirma indicando que a alternativa ao PP é o populismo   Carballiño, 14 de xuño de 2016-. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, valorou hoxe o debate mantido onte polo candidato do PP, Mariano Rajoy, cos aspirantes de resto de partidos que concorren a estas eleccións.    O dirixente popular destacou nun mitin celebrado en O Carballiño e no que estivo acompañado do candidato ao Congreso pola provincia de Ourense, Miguel Ángel Viso, e polo presidente provincial, Manuel Baltar; que o debate foi a constatación televisada de que a estabilidade garante emprego e de que a alternativa é o desgoberno e a obstrución. Ademais, dixo que non…
A Coruña, 14 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe o voto responsable para aqueles que se mollan por España e son garantía de esperanza, porque hoxe hai máis esperanza que hai catro anos, fronte a aqueles que, por vagancia ou inoperancia, nunca chegarán a nada e só son garantía de frustración, porque hoxe hai máis frustración alá onde gobernan.   Así se expresaba o líder dos populares galegos nun encontro sobre economía e emprego organizado na capital coruñesa, onde asistiu acompañado do candidato ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Lorenzo, e polo presidente provincial, Diego Calvo.    Como lembrou Feijóo, só hai dúas alternativas: un goberno presidido pola maioría das persoas que apostan por unha política rigorosa, realista e responsable; ou un Goberno secuestrado polas minorías e incapaz de evitar una nova frustración na cidadanía.    A EXPERIENCIA DO PP EN ESPAÑA E EN GALICIA Máis polo miúdo, o presidente do PPdeG analizou as dúas opcións e, sobre a primeira, lembrou que, entre a España na que crecía o paro máis que en ningún sitio de Europa e a España de hoxe, que é a que máis crece na Unión, o que…
Feijóo pasea por Monforte

Síguenos nas redes sociais