Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular lamenta que En Marea rexeitara no Parlamento instar á Xunta para que en seis meses contrate proxecto integral de mellora da PO-308

15 Xun 2017

Santiago, 14 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “está traballando con intensidade na mellora da seguridade viaria na estrada PO-308, en especial para os usuarios máis vulnerables como poden ser os peóns”.


Jacobo Moreira lamentou que “a intransixencia dos deputados de En Marea privara de chegar a un acordo na Comisión 2ª na que se fixaba un prazo concreto de seis meses para que a Xunta contratara un proxecto integral de mellora da PO-308, que contemple a mellora da seguridade viaria, especialmente de peóns e ciclistas nos cruces e interseccións, e completar as beirarrúas nas zonas do trazado que carecen delas desde Raxó ata a Ponte da Barca en Poio”.


INCLUÍLA NOS ORZAMENTOS


“Ademais, incorporábamos na proposta de transacción que este proxecto se recolla de maneira explícita nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro 2018, pero lamentablemente En Marea preferiu refuxiarse na súa iniciativa e negouse a aceptar a proposta do Grupo Popular”, apuntou.


Moreira explicou na súa intervención que a Xunta de Galicia está a levar adiante unha estratexia en materia de mobilidade alternativa en Galicia, que busca crear sendas que diminúan o perigo nas estradas para as persoas que opten  pola mobilidade alternativa e que fagan posible que o conxunto de usuarios circulen en condicións de maior seguridade”.


Dentro desta estratexia, na comarca do Salnés identificáronse cinco sendas, cunha especial atención á estrada PO-308, que conecta a costa entre O Grove, Sanxenxo e Pontevedra e soporta un importante tránsito de vehículos por tratarse dunah das principais zonas turísticas de Galicia.


“Estas actuacións mellorarán de forma significativa a seguridade viaria na estrada PO-308, sumando máis de 15 quilómetros de sendas nesta lexislatura”, concretou.

Síguenos nas redes sociais