Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O GPP salienta o anuncio da Xunta de negociar cos sindicatos unha oferta de emprego público de 3.000 prazas para o presente ano 2017

09 Feb 2017

Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, salientou hoxe que a Xunta negociará coas organizacións sindicais a aprobación neste ano dunha oferta de emprego público de arredor de 3.000 prazas para reforzar especialmente os servizos de sanidade, educación e sociais.

Ademais, Jacobo Moreira indicou que entre as medidas que se tomarán neste ano figura a reanudación do pago do complemento específico nas pagas extras ao conxunto dos empregados públicos da Administración galega, unha medida pactada coas organizacións sindicais e que beneficiará ao persoal da Xunta, da sanidade, o ensino, as universidades e o ensino concertado.

 

MANTER O EQUILIBRIO

 

“A Xunta continúa a traballar tratando de manter o equilibrio entre a prestación de servizos e a creación de emprego, ao tempo que a intenta conxugar coa pronta restitución dos dereitos dos empregados públicos afectados durante a crise económica, sen poñer en risco os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público”, indicou.

 

Jacobo Moreira lembrou que a Xunta de Galicia foi recuperando progresivamente algunha das medidas adoptadas durante a crise económica. En concreto, procedeuse á recuperación da totalidade  da paga extra e adicional do 2012, e os permisos por asuntos particulares e vacacións en función da antigüidade.

 

“Para o resto dos permisos e vacacións así como sobre as retribucións en todos os supostos de  incapacidade temporal estase a aplicar en Galicia o máximo que permite a normativa básica estatal,  ao igual que sucede coa taxa de reposición de efectivos, que na Comunidade galega acada o limite máximo que permite a Lei de orzamentos estatal”, explicou.

Síguenos nas redes sociais